27.8.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – 27 agosto 2006)


Etiquetas:

A XUNTA DE GALICIA legaliza os fondos expositivos da Sociedade Galega de Historia Natural


Nestes días recibimos o documento polo que a Xunta de Galicia legaliza os fondos biolóxicos que conforman o “Museo da Natureza”. O procedemento administrativo foi longo e complexo, para cumprir con tódolos requisitos que a Lei solicitaba.
Este outorgamento é, sen dúbida, a noticia máis importante do ano para nos. É o primeiro e fundamental paso para os sucesivos nomeamentos e por riba de todo, dota á Sociedade Galega de Historia Natural dunha representación legal coa que moi poucas coleccións relacionadas coa natureza contan na nosa Comunidade.
Queremos agradecer a colaboración prestada para a consecución desta legalización, de todas aquelas entidades, organismos oficiais, Protección Civil, Policía Local, SEPRONA, Centros de Recuperación de Fauna Salvaxe, Investigadores e Universidades cós que traballamos ao longo da nosa historia e que non dubidaron en brindarnos o seu apoio, aportando declaracións xuradas ao noso favor. A todos, ¡moitas gracias!.
Queda moito por facer, xa que como dicimos este é un primeiro paso, pero seguiremos traballando.

Etiquetas:

26.8.06

COUREL - A destrucción do noso patrimonio


Á espera da nova figura de protección para os espacios naturais de Ancares-Courel, que afaste para sempre os moitos perigos que asfixian as xoias máis importantes da nosa Comunidade, seguimos a ver como as desfeitas co noso patrimonio son constantes. Apertura de pistas innecesarias, mentres os camiños tradicionais no se manteñen; unha caza descontrolada que exerce unha presión sobre a xa moi martirizada fauna da terra, con métodos de dubidosa legalidade como a utilización de gasoil para atraer aos porcos bravos e a proliferación de escopeteiros; desprotección nas entradas ao monte, ao que calquera pode acceder co seu vehículo, cunha especial mención aos catriciclos ou “quads” que invaden impunemente espacios fundamentais para a supervivencia de plantas e animais.
Hoxe deixamos esta imaxe de finais do mes de agosto 2006, fiel reflexo de como unha explotación a ceo aberto de lousas vai destruíndo a paisaxe. A pizarreira está en plena extracción e avanza imparable. As balsas de decantación, rústicas e insuficientes, no momento da fotografía e probablemente aproveitando que o día era chuvioso, estaban a ser baleiradas en parte. A zona se chama Vilarbacú, en tempos se explotaba aquí minas de antimonio que abasteceron aos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Máis adiante, acabada a explotación deste mineral, parte das instalacións serviron como cárcere. Moitos montañeiros as utilizaron como refuxio durante algúns anos, pero hoxe tan só quedan ruínas. O pobo de Vilarbacú ten a beleza medieval de todos os pobos de Courel. É lamentable que agora teña como fondo a destrucción causada pola industria de extracción de lousas.

Etiquetas:

23.8.06

Entrevista da Radio Galega ao Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN

A Radio Galega no seu programa "As Quimbambas" entrevistou ao Coordinador de Mamíferos Mariños da Sociedade, Juan Ignacio Díaz d'a Silva, en relación coa recuperación da Foca de Capelo "Seixo", manifestándolle felicitacións polo éxito e facéndolle entrega simbólica do premio "Os sete estralos".
Para escoitar a entrevista picar aqui: http://cemma.org

Etiquetas: ,

22.8.06

Máis focas de Capelo en Asturias



Dous focas de Capelo foron avistadas nas costas asturianas nos últimos días. Unha delas foi recollida o día 19 de agosto polos nosos compañeiros asturianos de CEPESMA (Coordinadora para o estudio e protección das especies mariñas) na praia de Muniellos, e trasladada ata o centro de Recuperación que a CEPESMA posúe en A Mata (Luarca).
Tendo tan recente o coidado e posterior posta en liberdade de SEIXO, unha foquiña de Capelo, femia, que a SGHN e a CEMMA ultimaron o día 18 de agosto con éxito, decidimos trasladarnos ata Luarca co propósito de intercambiar experiencias cos nosos compañeiros asturianos e como non, poder ter de novo preto de nos unha especie de foca tan especial e tan pouco frecuente nas nosas latitudes.
O animal, de poucos meses, como os outros exemplares, ten bo aspecto e amósase hidratada e cunha capa de graxa homoxénea. Moi activa e con actitude de alerta, receosa ante a presencia de calquera que se achegue a súa beira.
Trátase dun macho, robusto e áxil, que emite uns berros defensivos propios desta especie, ante calquera intento de aproximación. Descartada a necesidade de tratamento médico específico, o seu maior inimigo é a súa presencia en latitudes tan baixas con temperaturas inadecuadas para a súa supervivencia. É preciso conseguirlle un espacio coas condicións adecuadas para o seu descanso e recuperación previo á liberación nun ecosistema axeitado no norte de globo. Outra preocupación é a alimentación, que como no caso de tódalas focas e lobos mariños, ten que ser inducido nos primeiros días ata co animal aprenda a facelo por si mesmo. Nesa labor, fundamentalmente, ocupamos o tempo que pasamos en Luarca. Temos a esperanza de que o animal evolucione satisfactoriamente e que pronto poda volver a súa casa.

Etiquetas:

21.8.06

GOLFIÑO RISCADO (Stenella coreuleoalba) - VARAMENTOS


Costa da Provincia de A Coruña. Nocoído sobre as rochas, apareceu o cadáver dun Golfiño Riscado (Stenella coreuleoalba). Se lle examinou e tomaron medidas. Non tiña marcas apreciables de captura accidental.

Etiquetas:

Un pequeno RORCUAL ALIBRANCO (Balaenoptera acutorostrata)



Costa da Provincia de A Coruña. Recibimos un aviso dende a CEMMA, pola aparición dun mamífero mariño.
Coa zona repleta de veraneantes puidemos aproximarnos ao cadáver, gracias á colaboración dos membros de Protección Civil, que sempre nos prestan unha inestimable axuda.
O animal, un Rorcual Alibranco (Balaenoptera acutorostrata), de poucos meses de idade, aparecía flotando no mar e suxeito á rampla do peirao por unha corda.
A delgadeza era extrema e presentaba por todo o seu corpo marcas de dentes de Candorca (Orcinus orca) que chegaron incluso a arrincar algún anaco. As feridas foron feitas, probablemente, despois da morte do animal.

Etiquetas:

20.8.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (20 agosto 2006)


Etiquetas:

"SEIXO" xa é libre





O pasado día 18 de agosto embarcamos a “Seixo” rumbo ás augas frías do norte de Escocia. Se trasladou, dende a UCI da Sociedade Galega de Historia Natural onde foi atendida dende o 30 de Xullo día no que foi atopada, ata o porto de Marín, base do arrastreiro “Ferreira Martínez” da armadora “Pesqueira Ferreira S.L.”, quen se brindou a colaborar con nós para devolver a liberdade á foquiña. En Marín esperaba toda a tripulación, xunto con nosos compañeiros da CEMMA. O barco tiña fixada a saída ás catro da tarde, polo que tivemos que transportar ao animal nas peores horas do día, soportando a maior intensidade de calor. Para paliar este problema encheuse a caixa transportadora de xeo para procurarlle unhas mellores condicións na viaxe.
Xa no porto, os mariñeiros proporcionáronos unha mangueira para acondicionar a Seixo no que sería a derradeira caixa de viaxe. O resto do traxecto o fixo con auga corrente permanente e nunha temperatura moi axeitada. A tripulación comprometeuse a alimentalo cos peixes que lles entregamos e a mantelo limpo e fresquiño ata a súa solta, prevista para hoxe, Domingo, a primeiras horas da mañá. Agradecemos a colaboración desinteresada deste barco e de todos os seus tripulantes e lle desexamos a Seixo unha longa e fructífera vida en liberdade.

Etiquetas:

19.8.06

ARROAZ REAL (Tursiops truncatus) - VARAMENTOS



Costa da provincia de A Coruña. O mar o deixou na beira, ao pouco de morrer. A pel brillante e suave, amosaba as cores características desta especie, Arroaz real (Tursiops truncatus). Levamos o corpo, coa axuda dalgúns bañistas, lonxe da marea.
Á mañá seguinte se lle fixo unha exame externa e se mediu. O golfiño presentaba un aspecto excesivamente delgado e no tercio posterior tiña marcas de interacción de individuos da mesma especie, un comportamento habitual que se produce cando un animal dentro dunha manda se amosa enfermo, os demais membros tentan axudarlle no seu desprazamento, deixando unhas marcas de dentes características.
Na necropsia, realizada xunto con un compañeiro da CEMMA, atopamos parasitos nos pulmóns e nos tres estómagos apareceron gran cantidade de úlceras e parasitos (anisakis). Se recolleron mostras de tecidos, dentes e órganos e seguindo o protocolo se deu conta ao servicio de limpeza do Concello de Ferrol para que procedera a súa retirada.

Etiquetas:

Un agasallo para o "Museo da Natureza"


O pintor ferrolano Anxo Varela obsequiou á Sociedade Galega de Historia Natural cunha obra súa inspirada en “Lady Godiva” e na que serviu de modelo un cranio de cabalo exposto no “Museo da Natureza”. Anxo Varela e os seus alumnos da “Escola da Arte” son asiduos visitantes da nosa colección, utilizando con frecuencia pezas dela para o seu traballo.
Agradecemos sinceramente este agasallo do artista, que xa figura exposto preto do cranio que serviu para a súa confección.

Etiquetas:

13.8.06

“A limpar o mundo” – Porto de A Graña





A Sociedade Galega de Historia Natural organizou o Domingo, 13 de agosto, unha nova limpeza dentro da campaña “A limpar o mundo”. O porto de A Graña foi o elixido nesta ocasión. Ata alí se achegaron vintecatro voluntarios, tanto mergulladores como participantes dende terra. Entre todos sacaron do mar máis de 500 quilos de lixo, entre os que destacan dez bicicletas, unha lavadora e unha batería de coche.

Etiquetas:

Foca de Capelo "SEIXO" (fotos)

Etiquetas:

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (13-agosto-2006)

Etiquetas:

11.8.06

SEIXO evoluciona favorablemente




Tras doce días de coidados a Foca de Capelo “SEIXO” evoluciona moi favorablemente. Permanece no recinto da UCI a unha temperatura que non excede dos 16 graos, a máis próxima posible, tendo en conta a época do ano e a latitude na que nos atopamos, ás necesidades biolóxicas desta especie. Lle procuramos unha presencia abundante de auga, mollándolle a pel con frecuencia e mantendo un recipiente cheo de líquido para que a vontade poda introducirse nel, algo que fai repetidas veces ao longo do día. O alimento consiste en uns 2,6 quilos de xardas cada día, sen dúbida un peixe polo que sinte preferencia, repartidos en tres comidas, que cada xornada que transcorre espera con máis impaciencia. Xa non precisa medicamentos, mantemos tan só un complexo vitamínico. Nestes momentos buscamos un barco que leve a nosa amiga ata a liberdade. O primeiro intento, fixado para o venres, 11 de agosto, fallounos. Era a derradeira oportunidade de enviar a Seixo ata augas preto de Groelandia. Nestes momentos se tenta conseguir outro navío, esta vez rumbo ao norte de Escocia, dende onde podería retomar a ruta cara a os xeos do norte.
SEIXO é un magnífico animal que crece por momentos. Sequiña, como un moneco, ou mollada, sempre destacan os seus preciosos ollos, como se pode ver nas fotos.

Etiquetas:

9.8.06

Unha bolboreta especial (Stauropus fagi)


O día 9 de Agosto, recibimos na Sociedade Galega de Historia Natural unha eiruga da bolboreta Stauropus fagi recollida por unha visitante en Brión (Ferrol). Dado o interese que suscita, decidimos criala. Alimentamos a eiruga con follas de falla, a pesar de non ser esta unha das plantas nutricias sinaladas, pero se decide adoptar este alimento xa que nos indican que foi atopada nesta árbore. O alimento da bos resultados e a eiruga, pasados quince días converteuse en crisálida.
Trátase dunha bolboreta non moi común, que de adulta non resulta excesivamente rechamante, en comparación coa eiruga, que presenta varias características moi curiosas, en primeiro lugar o aspecto da eiruga é o mesmo durante o seu crecemento o cal é estraño, xa que o aspecto da maioría de eirugas varía dende o primeiro ao derradeiro estadio. A segunda característica é que, no extremo do abdome, presenta un apéndice bífido que non é nin aguillón nin terrible tenaza, senón un par de patas modificadas. Tamén é destacable a extraordinaria voracidade deste notodontido que nos últimos estadios consome case unha folla de pradairo ao día.
A crisálida atópase agora invernando e se todo sae ben é probable que o ano que ben no mes de Maio ou Xullo, poidamos relatar a eclosión do adulto.

Etiquetas:

7.8.06

Foca de Capelo "CABEIRO"


"CABEIRO” é a terceira foca da tempada de verano. Como case tódolos anos, nos meses de xullo e setembro se achegan as nosas costas as focas de Capelo, procedentes das augas árticas de Groenlandia e Terranova. Trátase de exemplares xuvenís paridos entre as placas de xeo que flotan á deriva. Os partos acontecen a finais de marzo, por iso os exemplares que atopamos teñen escasamente entre catro e seis meses.
O pasado día 5 de agosto do 2006 a CEMMA (Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños) recibe un aviso de Emerxencias 112 pola presencia dunha foca varada viva na praia de Cabeiro no concello de Porto do Son, na marxe sur da ría de Muros. O animal se atopaba nas dunas, tentando escapar da xente que o rodeaba e deshidratándose moi rapidamente por mor do tremendo calor que se rexistraba. Estes factores unidos á debilidade extrema despois de haber atravesado o Atlántico cunhas lesións serias na cadeira, producidas por un ataque de Negrón, en castelán “Orca bastarda” (Pseudorca crassidens). Estas circunstancias xogaron na nosa contra, complicando moito a súa recuperación xa que os danos eran irreversibles. A atención na praia recibiuna dun compañeiro da CEMMA que se desprazou dende Noia para asistila mentres a unidade móbil da Coordinadora chegaba ata o lugar, tentando protexela do sol directo e da presión humana. Aproveitamos para recordar que facer se nos atopamos cunha foca viva: Primeiramente chamar ao teléfono de EMERXENCIAS 112 para activar o operativo de rescate, a continuación evitar que a xente se aproxime demasiado, tanto para evitar que o animal salvaxe puidera trabar a alguén como para aliviarlle o estres pola presencia da xente. É moi importante tentar arrefriala con auga e facerlle sombra cunha toalla ou calquera obxecto utilizado a tal fin. Estas medidas poden salvarlle a vida a unha destas focas que proveñen das augas árticas de Groenlandia.
“Cabeiro” trasladouse aínda con vida ata a Unidade de Coidados Intensivos para lobos mariños da SGHN de Ferrol. o transporte realizouse nunha caixa especial acondicionada con xeo para tentar baixarlle a temperatura e facerlle máis doado o longo viaxe ata Ferrol. Xa nas instalacións da UCI, na SGHN, se procedeu a estabilizala, arrefriándoa e hidratándoa, procedendo tamén a limpar e desinfectar as feridas do animal que se atopaba moi cansado cun cadro clínico de hipertermia. Finalmente se lle deixa dencansar ata o día seguinte. A primeiras horas da mañá “CABEIRO” aparece morto nas instalacións da UCI .
O tratamento foi en todo momento o axeitado, tendo en contra a diferente bioloxía destes animais e a súa vital necesidade dunha temperatura baixa, pero o seu estado de saúde era irreversible e fixo imposible a súa recuperación.En canto a situación da outra foca, “SEIXO”, recollida o día 30 de xullo, a súa evolución é favorable. Nestes momentos se alimenta sen axuda e xa non precisa medicación. Ten moita enerxía e vitalidade, tal é así que xa temos data prevista para a súa repatriación ata Terranova, probablemente os 11 ou 14 de agosto, trasladada nun barco fletanero que se prestou a colaborar no noso traballo.

Etiquetas:

6.8.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (6 agosto 2006)


Etiquetas:

2.8.06

Recuperación da foca de Capelo "SEIXO"



O domingo 30 de xullo de 2006 a CEMMA comunica ao Coordinador de mamíferos mariños da SGHN a presencia dunha foca no Porto do Seixo, Concello de Mugardos. A través de emerxencias 112 estableceuse comunicación coa Policía Local de Mugardos para manter un perímetro de seguridade ao redor da foca. Ás 8:30 horas, membros da Sociedade recollen a foca e a trasladan á Unidade de Coidados Intensivos da SGHN de Ferrol.
Xa nas instalacións, procédese a estabilizala, arrefriándoa e hidratándoa. Unha hora máis tarde Eva, a nosa compañeira e ATS, procede a auscultala e tomarlle a temperatura (37,4 graos). A información contrástase co veterinario da CEMMA, Josep Alonso.
Trátase dunha femia de Foca de Capelo (Cystophora cristata) de máis de trinta quilos de peso e aproximadamente catro ou cinco meses de idade. Presenta marcas superficiais de dentes que puideran ser producidas por un Arroaz (Tursios truncatus). Non aparenta desorientación e amosa moita agresividade. As feces, descompostas, aparecen cargadas de parasitos (anisakis sp).
O Luns, día 31, compróbase que non acepta comida, aínda que fai ámagos de collela. Para poder adminístralle o tratamento antiparasitario, introdúcese no interior dunha sardiña a pastilla e procédese á alimentación forzada. Para rebaixar a temperatura da sala da UCI instálase un aparato portátil de aire acondicionado.
Martes 1 de agosto, continua a alimentación forzada e o animal amosa menos agresividade. Instalamos un pequeno baño co animal utiliza inmediatamente. Os baños son frecuentes a partir de este momento. Pola mañá o veterinario da CEMMA Josep Alonso, realiza unha ecografía e confirma que non presenta area no estómago como a anterior foca ESPI. A evolución parece favorable.

Etiquetas:

Necropsia Foca de Capelo ESPI



O Sábado, 29 de xullo ás 17:50 horas, na Sala de Necropsias da Sociedade Galega de Historia Natural tivo lugar a autopsia da última foquiña que tivemos en recuperación (ESPI). Nela participaron os veterinarios da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños, Josep M. Alonso e María, e os compañeiros Pablo Covelo, Santi Táboas, Javier Souto, Paulino Gasalla, Sonia, e Juan Ignacio.
Nun primeiro lugar procedeuse a realizar unha ecografía, co fin de comprobar e interpretar os órganos internos, xa que sospeitábamos que a foquiña inxerira area. Logo de comprobar en pantalla co estómago presentaba anomalías, procedeuse a abrir ao animal. Se ratificou a presencia de area no estómago e duodeno (1,5 quilos). O peso da area contida no estómago supón o 5% do seu peso corporal.
Tras contrastar as mostras recollidas se chega á conclusión que aínda que a area inxerida podía causarlle a morte en días sucesivos a morte estaba relacionada co golpe de calor soportado nos días anteriores ao varamento. Recolléronse mostras de órganos para analizar ademais de cranio e pelexa.

Etiquetas: