COUREL - A destrucción do noso patrimonio
Á espera da nova figura de protección para os espacios naturais de Ancares-Courel, que afaste para sempre os moitos perigos que asfixian as xoias máis importantes da nosa Comunidade, seguimos a ver como as desfeitas co noso patrimonio son constantes. Apertura de pistas innecesarias, mentres os camiños tradicionais no se manteñen; unha caza descontrolada que exerce unha presión sobre a xa moi martirizada fauna da terra, con métodos de dubidosa legalidade como a utilización de gasoil para atraer aos porcos bravos e a proliferación de escopeteiros; desprotección nas entradas ao monte, ao que calquera pode acceder co seu vehículo, cunha especial mención aos catriciclos ou “quads” que invaden impunemente espacios fundamentais para a supervivencia de plantas e animais.
Hoxe deixamos esta imaxe de finais do mes de agosto 2006, fiel reflexo de como unha explotación a ceo aberto de lousas vai destruíndo a paisaxe. A pizarreira está en plena extracción e avanza imparable. As balsas de decantación, rústicas e insuficientes, no momento da fotografía e probablemente aproveitando que o día era chuvioso, estaban a ser baleiradas en parte. A zona se chama Vilarbacú, en tempos se explotaba aquí minas de antimonio que abasteceron aos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Máis adiante, acabada a explotación deste mineral, parte das instalacións serviron como cárcere. Moitos montañeiros as utilizaron como refuxio durante algúns anos, pero hoxe tan só quedan ruínas. O pobo de Vilarbacú ten a beleza medieval de todos os pobos de Courel. É lamentable que agora teña como fondo a destrucción causada pola industria de extracción de lousas.
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio