Máis focas de Capelo en Asturias
Dous focas de Capelo foron avistadas nas costas asturianas nos últimos días. Unha delas foi recollida o día 19 de agosto polos nosos compañeiros asturianos de CEPESMA (Coordinadora para o estudio e protección das especies mariñas) na praia de Muniellos, e trasladada ata o centro de Recuperación que a CEPESMA posúe en A Mata (Luarca).
Tendo tan recente o coidado e posterior posta en liberdade de SEIXO, unha foquiña de Capelo, femia, que a SGHN e a CEMMA ultimaron o día 18 de agosto con éxito, decidimos trasladarnos ata Luarca co propósito de intercambiar experiencias cos nosos compañeiros asturianos e como non, poder ter de novo preto de nos unha especie de foca tan especial e tan pouco frecuente nas nosas latitudes.
O animal, de poucos meses, como os outros exemplares, ten bo aspecto e amósase hidratada e cunha capa de graxa homoxénea. Moi activa e con actitude de alerta, receosa ante a presencia de calquera que se achegue a súa beira.
Trátase dun macho, robusto e áxil, que emite uns berros defensivos propios desta especie, ante calquera intento de aproximación. Descartada a necesidade de tratamento médico específico, o seu maior inimigo é a súa presencia en latitudes tan baixas con temperaturas inadecuadas para a súa supervivencia. É preciso conseguirlle un espacio coas condicións adecuadas para o seu descanso e recuperación previo á liberación nun ecosistema axeitado no norte de globo. Outra preocupación é a alimentación, que como no caso de tódalas focas e lobos mariños, ten que ser inducido nos primeiros días ata co animal aprenda a facelo por si mesmo. Nesa labor, fundamentalmente, ocupamos o tempo que pasamos en Luarca. Temos a esperanza de que o animal evolucione satisfactoriamente e que pronto poda volver a súa casa.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio