20.8.06

"SEIXO" xa é libre





O pasado día 18 de agosto embarcamos a “Seixo” rumbo ás augas frías do norte de Escocia. Se trasladou, dende a UCI da Sociedade Galega de Historia Natural onde foi atendida dende o 30 de Xullo día no que foi atopada, ata o porto de Marín, base do arrastreiro “Ferreira Martínez” da armadora “Pesqueira Ferreira S.L.”, quen se brindou a colaborar con nós para devolver a liberdade á foquiña. En Marín esperaba toda a tripulación, xunto con nosos compañeiros da CEMMA. O barco tiña fixada a saída ás catro da tarde, polo que tivemos que transportar ao animal nas peores horas do día, soportando a maior intensidade de calor. Para paliar este problema encheuse a caixa transportadora de xeo para procurarlle unhas mellores condicións na viaxe.
Xa no porto, os mariñeiros proporcionáronos unha mangueira para acondicionar a Seixo no que sería a derradeira caixa de viaxe. O resto do traxecto o fixo con auga corrente permanente e nunha temperatura moi axeitada. A tripulación comprometeuse a alimentalo cos peixes que lles entregamos e a mantelo limpo e fresquiño ata a súa solta, prevista para hoxe, Domingo, a primeiras horas da mañá. Agradecemos a colaboración desinteresada deste barco e de todos os seus tripulantes e lle desexamos a Seixo unha longa e fructífera vida en liberdade.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio