Recuperación da foca de Capelo "SEIXO"
O domingo 30 de xullo de 2006 a CEMMA comunica ao Coordinador de mamíferos mariños da SGHN a presencia dunha foca no Porto do Seixo, Concello de Mugardos. A través de emerxencias 112 estableceuse comunicación coa Policía Local de Mugardos para manter un perímetro de seguridade ao redor da foca. Ás 8:30 horas, membros da Sociedade recollen a foca e a trasladan á Unidade de Coidados Intensivos da SGHN de Ferrol.
Xa nas instalacións, procédese a estabilizala, arrefriándoa e hidratándoa. Unha hora máis tarde Eva, a nosa compañeira e ATS, procede a auscultala e tomarlle a temperatura (37,4 graos). A información contrástase co veterinario da CEMMA, Josep Alonso.
Trátase dunha femia de Foca de Capelo (Cystophora cristata) de máis de trinta quilos de peso e aproximadamente catro ou cinco meses de idade. Presenta marcas superficiais de dentes que puideran ser producidas por un Arroaz (Tursios truncatus). Non aparenta desorientación e amosa moita agresividade. As feces, descompostas, aparecen cargadas de parasitos (anisakis sp).
O Luns, día 31, compróbase que non acepta comida, aínda que fai ámagos de collela. Para poder adminístralle o tratamento antiparasitario, introdúcese no interior dunha sardiña a pastilla e procédese á alimentación forzada. Para rebaixar a temperatura da sala da UCI instálase un aparato portátil de aire acondicionado.
Martes 1 de agosto, continua a alimentación forzada e o animal amosa menos agresividade. Instalamos un pequeno baño co animal utiliza inmediatamente. Os baños son frecuentes a partir de este momento. Pola mañá o veterinario da CEMMA Josep Alonso, realiza unha ecografía e confirma que non presenta area no estómago como a anterior foca ESPI. A evolución parece favorable.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio