Necropsia Foca de Capelo ESPI


O Sábado, 29 de xullo ás 17:50 horas, na Sala de Necropsias da Sociedade Galega de Historia Natural tivo lugar a autopsia da última foquiña que tivemos en recuperación (ESPI). Nela participaron os veterinarios da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños, Josep M. Alonso e María, e os compañeiros Pablo Covelo, Santi Táboas, Javier Souto, Paulino Gasalla, Sonia, e Juan Ignacio.
Nun primeiro lugar procedeuse a realizar unha ecografía, co fin de comprobar e interpretar os órganos internos, xa que sospeitábamos que a foquiña inxerira area. Logo de comprobar en pantalla co estómago presentaba anomalías, procedeuse a abrir ao animal. Se ratificou a presencia de area no estómago e duodeno (1,5 quilos). O peso da area contida no estómago supón o 5% do seu peso corporal.
Tras contrastar as mostras recollidas se chega á conclusión que aínda que a area inxerida podía causarlle a morte en días sucesivos a morte estaba relacionada co golpe de calor soportado nos días anteriores ao varamento. Recolléronse mostras de órganos para analizar ademais de cranio e pelexa.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio