26.7.06

"Espi" Foca de capelo (cystophora cristata)


“Espi” primeira foca da tempada de verano. Como case tódolos anos, nos meses de xullo e setembro se achegan as nosas costas as Focas de Capelo, procedentes das augas árticas de Groenlandia e Terranova. Trátanse de exemplares xuvenís paridos entre as placas de xeo que flotan á deriva. Os partos acontecen a finais de marzo, por iso os exemplares que atopamos teñen escasamente entre catro e seis meses. Chama a atención o curto período de aleitado de uns catro días, nacendo con once quilos e ao final do destetado poden superar os trinta e cinco.O pasado día 23 de xullo do 2006 a CEMMA Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños recibe un aviso da presencia dunha foca varada viva na praia de Espiñeirido no concello de Ribeira. Trala identificación do animal e o seu estado de saúde se decide ingresar ó animal na Unidade de Coidados Intensivos para lobos mariños da SGHN de Ferrol. O grupo de rescate trasládase ata a praia cunha caixa especial acondicionada con xeo para conseguir baixarlle a temperatura e que lle sexa mais confortable a longa viaxe ata Ferrol. Xa nas instalacións da UCI se procede a estabilizala, arrefriándoa e hidratándoa, tralo que se deixa un tempo de repouso. A continuación, A nosa compañeira, Eva que ademais é ATS, procede á auscultación, comprobando pulmóns, corazón, aparato dixestivo, temperatura corporal, coa dirección do veterinario da CEMMA Josep Alonso, quen tras valorar a situación propón deixar para o día seguinte os intentos de alimentación xa que o animal se atopa moi cansado e probablemente moi afectado polas elevadas temperaturas soportadas na praia, cun moi alto risco de hipertermia. Ao día seguinte “Espi”, como decidimos chamar á foquiña, por haber aparecido na praia de Espiñeirido, atópase moi decaída, nun estado practicamente comatoso que nos fai esperar o peor. Falece ás 12:55 h. do día 24 de xullo.O tratamento foi en todo momento o axeitado, se ben é certo que tiñamos en contra la diferente bioloxía destes animais e a súa vital necesidade dunha temperatura baixa, polo que a pesar de facilitarlle esas condicións o seu estado de saúde, moi débil, fixo imposible recuperar a Espi, tralos éxitos obtidos neste ano na UCI para lobos mariños de Ferrol con tres Lobos Mariños Cincentos que saíron adiante: Rinlo, Burgo e Seixal e que agora mesmo gozan xa da liberdade.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio