Un RORCUAL COMÚN (Balaenoptera physalus) de 18 metros (IV) – (25/06/2006)
Pasados dous anos, o día escollido foi o 15 de xuño para sacar da terra os restos do gran animal. Xuntamos a máis de trinta socios e simpatizantes da SGHN, que se desprazaron non só dende Ferrol. Tamén de Santiago, Vigo, Ames e Lugo chegaron compañeiros para axudar na ardua labor de recuperar unha osamenta de gran peso e tamaño.
Un día gris e chuvioso, que non axudou na tarefa de cavala compacta terra. A procura de cada óso tiña que facerse con coidado, distinguindo cada peza entre os restos de graxa e procurando non perder algún elemento. O transporte o fixemos cós nosos medios, excepto o cranio e as mandíbulas, cun tamaño extraordinario e para o que precisamos dun camión que puidese no só cambialos de sitio, senón tan só movelos.
Todo o esqueleto foi levado á “Casa do Coronel” e deixado con coidado no patio interior. Neste punto da obra, do que esperemos que sexa o novo local da SGHN e a sede do seu “Museo da Natureza”, contábamos xa con auga, indispensable para a limpeza dos ósos, unha labor que nos vai ocupar durante case dous meses, aproveitando o verán.
O seguinte paso será o desengraxado de cada óso e a reparación das roturas que puidera sufrir durante os sucesivos transportes. O remate final dependerá do adiantado que se atopen as obras do edificio novo, xa que a montaxe do esqueleto deberá facerse no sitio definitivo no que se vai a expoñer.
Etiquetas: Mamíferos Mariños VARAMENTOS, Museo da Natureza
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio