11.5.09

Liberación da Foca gris BARDA (Halichoerus grypus)


O xoves, 7 de maio, o Lobo mariño cincento BARDA foi embarcado no “Ferreira Martínez”, barco que xa colaborou noutras liberacións de lobiños. Con 40 quilos de peso, iniciará unha nova etapa da súa vida e o fará dende un barco amigo e viaxando nunha cesta nova, estreada para a ocasión e fabricada por un cesteiro vigués que a deseñou cos remates dos vimbios no exterior, procurando así unha superficie sen atrancos que puidesen danar ó animal.


A SGHN únese á CEMMA no intento de sensibilizar á poboación en contra da caza das focas e da utilización na industria e no mercado internacional de subproductos procedentes dela.
O noso esforzo recuperando a todos aqueles animais que recalan nas costas galegas, xunto ó que realizan outros compañeiros na costa cantábrica e na de Portugal pode parecer pequeno. Realizado moitas veces con precariedade de medios, pero suplido con dedicación e tenrura para estes lobiños desvalidos nas primeiras etapas da súa vida.

Dámoslle toda a atención que precisan para que remonten a enfermidade ou o esgotamento e podan volver á liberdade. Non queremos lobiños presos, focas encerradas como espectáculo de ocio, o noso fin e darlles o que todo ser vivo precisa, a liberdade nas mellores condicións posibles. Unha segunda oportunidade de vivila existencia proxectada.

Eles nos deixan tantas emocións e experiencias que finalmente rematan nun coñecemento da especie e do medio no que viven, que é tamén o noso.
Queremos recordar aquí a algúns dos lobiños e focas que pasaron pola UCI da SGHN, animais que recibiron un nome, teñen unha historia cos distingue dos outros e as máis das veces a fortuna quixo que tivesen un final feliz, o mesmo destino que desexamos para BARDA.



Felicidades e agradecementos para todos aqueles que participaron dalgún xeito na súa recuperación, desde aqueles veciños que atoparon ó lobiño, o recolleron e comunicaron a súa existencia; a Garda Civil de Laxe que o transportou e o entregou ó grupo de traballo da CEMMA; a tódolos que dentro da UCI da SGHN se afanaron en sacalo adiante; á xente do Acuario de O Grove e ós membros da CEMMA que a coidaron durante os últimos meses; á tripulación do Ferreira Martínez que o leva a liberdade e a tantos outros que co seu ánimo axudan a continuar este labor.
------

Etiquetas:

13.2.09

Lobo mariño "BARDA" (Halichoerus grypus) - Saída da UCI

O Lobo mariño "BARDA" saíu o Domingo 8 de Febreiro da UCI da SGHN-CEMMA, conseguida a recuperación das afeccións que presentaba. Velaí esperando impaciente o momento de entrar na caixa de viaxe, rumbo ó Acuario de O Grove, onde exercitará os músculos para a súa próxima liberación.



"BARDA" no Acuario de O Grove, iniciando a segunda fase da súa recuperación, previa á recuperación total da liberdade.



Etiquetas:

26.1.09

Lobo Mariño “BARDA” (Halichoerus grypus) – en recuperación






BARDA leva la UCI nove días e a evolución é moi positiva. Xa non precisa axuda para comer e cada día ten máis enerxía.

--------

Etiquetas:

Lobo mariño "BARDA"

Etiquetas:

19.1.09

Lobo Mariño “BARDA” (Halichoerus grypus) - (O primeiro do ano)



O sábado, 17 de xaneiro, apareceu “BARDA”, o primeiro Lobo Mariño Cincento (Halichoerus grypus) do ano. Buscou refuxio nunha das zonas máis salvaxes e recónditas da nosa costa, a enseada de A Barda, entre Ponteceso e Corme, preto xa da Punta Roncudo, onde comeza a Costa da Morte.
A Garda Civil de Laxe a recolleu no areal, para facerlle máis doada a espera por nos, que viaxamos coa noite enriba para traela á UCI.
BARDA é un macho, escuro e suave, que baixou ata augas galegas e xa non soubo ou non puido voltar. Cansado e enfermo, acubillouse nas augas protexidas da enseada. Chegou, como noutros anos, nos primeiros días de xaneiro. Esperamos ter éxito nos coidados, sacar a este animal adiante e poder liberalo forte e sano para que poda ter outra posibilidade de vida.



--------

Etiquetas:

6.4.08

Lobo Mariño (Halichoerus grypus) "BOTES" – Liberado en alta mar

Nestes últimos días BOTES, o Lobo Mariño Cincento que aínda permanecía en recuperación, foi liberado en alta mar. Embarcou en Marín, no barco “Ferreira Martínez”, xunto a unha tripulación acostumada á presenza de foquiñas e que sen a súa colaboración non se culminaría todo este proxecto de atención e coidados, que fan posible, ao final do camiño, a recuperación con éxito dunha pequena foquiña.
Cando chegou xunto a nos era un animal desnutrido e ferido, nada que ver co animal que volveu ao mar, como se pode ver na foto.
O labor da SGHN, colaborando coa CEMMA nesta tarefa de recuperación de focas e tartarugas, aínda que non sempre fácil, nos enche de satisfacción. Quixéramos máis axudas e máis facilidades das administracións, pero a ausencia delas non nos impide afrontar o coidado de cada un dos animais que chegan ata nos.

Etiquetas:

3.3.08

O Lobo Mariño Cincento “FENICIO” (Halichoerus grypus) en liberdade - (28 febreiro 2008)








O Sábado, 28 de febreiro, partiu do peirao de Marín, o barco “Navegante Magallanes”, levando como mariñeiro ao lobiño FENICIO, tras case dous meses de tratamento e coidados, primeiro na UCI da SGHN-CEMMA e logo no Acuarium de O Grove. Marchou con 41 quilos de peso, que gañou cos coidados que se lle deron durante este tempo e chegará a o seu destino tras día e medio de navegación, en augas internacionais do Gran Sol, cunha profundidade de 150 metros, onde recobrará novamente a liberdade.
A despedida de FENICIO contou con gran número de medios de comunicación, que nos acompañaron durante o traslado de O Grove a Marín e continuou ata que o barco partiu do porto. ¡Boa viaxe e feliz encontro coa liberdade para Fenicio, o primeiro lobiño de este ano!.

-------------

Etiquetas:

31.1.08

Lobo Mariño Cincento "BOTES" - UCI da SGHN - (Xaneiro 2008)

Etiquetas:

28.1.08

(UCI da SGHN) - DOUS LOBOS MARIÑOS MAIS no comezo do ano - (28 xaneiro 2008)

Nos últimos días apareceron dous Lobos Mariños Cincentos mortos, cunha diferenza de dous días e ambos na mesma zona. Trátase de animais de similares características que as focas que a CEMMA ten en tratamento, todos eles de poucos meses de vida e cun tamaño parecido. Nesta ocasión a UCI da SGHN tan só puido trasladarse para recoller o cadáver e trasladalo ás dependencias da Sociedade Galega de Historia natural, onde se lles fixo a biopsia e a recollida de mostras.
Descoñecemos se existe algún animal máis pola zona e na previsión de que isto sexa así permaneceremos atentos a calquera aviso.
-----

Etiquetas:

21.1.08

Lobo Mariño Cincento (Halichoerus grypus) "FENICIO" - Segunda fase de recuperación - (Xaneiro 2008)

Etiquetas:

Foca gris “FENICIO” (Halichoerus grypus) – Segunda fase de recuperación – (19 xaneiro 2008)

Este sábado, 19 de xaneiro, o Lobo mariño cincentoFENICIO” abandonou a UCI da Sociedade Galega de Historia Natural, despois de quince días de coidados e tratamento médico. Agora empeza unha nova etapa na súa recuperación, de aproximadamente un mes, no Acuario de O Grove, igualmente baixo a dirección da CEMMA. Neste novo espacio dispoñerá dunha piscina onde exercitar os músculos de cara a súa próxima posta en liberdade.


Etiquetas:

14.1.08

Lobo mariño cincento “BOTES” – En recuperación (13 xaneiro 2008)





A foca “BOTES” leva xa tres días na UCI e a pesar do gran estado de debilidade co que ingresou e a forte infección das súas feridas, nestes momentos comeza a evolucionar, grazas á atención veterinaria e o tratamento aplicado.
----

Etiquetas:

Lobo mariño cincento “FENICIO” – En recuperación (13 xaneiro 2008)


Etiquetas:

13.1.08

Outro LOBO MARIÑO CINCENTO (Halichoerus grypus). ¡E XA SON TRES no comezo do ano! – (12 xaneiro 2008)

Recibiuse o aviso da Policía Local de A Coruña, quen avistou á Foca nunha caliña preto da Torre de Hércules. As mesmas difíciles condicións da mar que nos outros dous animais, aínda que nesta ocasión a foca non parece presentar problemas de saúde serios, xa que ante a presencia humana volveu ao mar. De calquera xeito na UCI da SGHN e na CEMMA tomaranse precaucións durante os próximos días por si é preciso atender ao animal que xa recibiu o nome de HÉRCULES.
-----

Etiquetas:

12.1.08

DOUS LOBIÑOS NA UCI – Aparece outra Foca gris “BOTES”(Halichoerus grypus) – (11 xaneiro 2008)






Onte recibimos o aviso da CEMMA da aparición dun Lobo Mariño Cincento (Halichoerus grypus) na praia dos Botes en Meirás (Concello de Valdoviño). Novamente contamos coa axuda de Protección Civil e, por suposto, dos comunicantes que deron alerta da presenza do animal.

Cun mar embravecido a cansada foca, un macho, saíu como puido das olas e se refuxiou nunha rampa preto da praia, lugar onde a recollemos. Presentaba diferentes feridas que teremos que valorar co exame veterinario. Polo momento, BOTES, descansa na UCI da SGHN.

-------------

Etiquetas:

6.1.08

Lobo Mariño Cincento (Halichoerus grypus) "FENICIO" - Evolución - (6 xaneiro 2008)


Etiquetas:

4.1.08

O PRIMEIRO LOBIÑO DO ANO: "FENICIO" (Lobo Mariño Cincento) - 3 Xaneiro 2008




Este Lobo Mariño Cincento (Halychoerus grypus) apareceu no porto de Bares o pasado xoves, 3 de xaneiro. É un exemplar de pequeno tamaño, unha cría de poucos meses que chegou esgotado ata nosas costas e a que lle puxemos de nome "FENICIO". Ocupa desde onte a UCI de Lobos Mariños da SGHN, onde permanecerá durante a primeira fase da súa recuperación, que esperamos sexa breve para que poda recuperar a liberdade axiña.
-----

Etiquetas: