26.2.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (26 febreiro 2006)

Artigo: CONTAMINACIÓN ACÚSTICA MARIÑA
Texto: Ismael Miján
Foto: Yosy

Astronomía: EFEMÉRIDES DE MARZO
Texto: Paulino Gasalla

Etiquetas:

23.2.06

A “Casa do Coronel” - Rematada a colocación das reixas (23/02/2006)

Etiquetas:

22.2.06

“BURGO” – Evolución (22/02/06)





Aos tres días de chegar o animal amosa un cambio significativo. As defecacións son normais e acepta xa das nosas mans a comida. BURGO é un lobiño algo diferente. Moi sensible a canto lle rodea e cun temperamento tímido e medorento. Repetimos os mesmos movementos cada día e elo faille sentirse cómodo. Se achega ao coidador e lle hule. Non amosa agresividade en absoluto, máis ben todo o contrario, como se buscase o contacto con nós. É un lobiño mequeiro e medroso. Tal é así que calquera novidade pode alterar a súa conducta e ata a súa saúde. Sucedeu que cando tentamos pesalo de novo para pescudar se efectivamente gañara peso, púxose tan nervioso que se mexou nos brazos do coidador e tan pronto tocou novamente o solo, foise a agochar a unha esquina, coa cara contra a parede, xa non quixo comer e volveu a ter as feces algo descompostas.
Con paciencia e cariño tentamos que volvera a termos confianza e para elo houbo que empezar de cero, con alimentación forzada entre dous coidadores. Pouco a pouco recuperamos o gañado e dende ese momento decidimos que no sucesivo estimaríamos o seu peso.

Etiquetas:

19.2.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (19 febreiro 2006)


Etiquetas:

15.2.06

Lobo Mariño Cincento “BURGO” (Halichoerus grypus) – (15/02/06)




Aínda non pasaran catro días dende que leváramos a Rinlo ata O Grove, cando recibimos o aviso da CEMMA da aparición doutro Lobo Mariño. O animal foi recollido no dique de abrigo de A Coruña, se ben xa fora visto uns días antes pola ría do Burgo. A Garda Civil do Mar, a Cruz Vermella e dous compañeiros da CEMMA fanse cargo do animal ata a nosa chegada. Nun lugar tan frecuentado como é o porto dunha gran cidade como A Coruña, o lobiño sofre nestes primeiros momentos unha presión ambiental moi forte, a causa da cantidade de xente co rodea, sen que puidera facerse nada para evitar o estres que se lle causa ao animal.
Por fortuna o recorrido que tiñamos que facer para chegar ata Ferrol é curto. Á UCI da Sociedade Galega de Historia Natural chegou con continuas diarreas e aspecto moi deshidratado que se evidenciaba polos pregues na pel, ao que tiñamos que engadir o ánimo temeroso e o acusado estres.
Decidimos deixalo descansar durante tres horas e pospoñer para máis adiante unha análise máis profunda. Á volta atopámolo na mesma posición e nun charco de defecacións. Cando o pesamos deunos un total de 11,8 quilos, unha cifra moi baixa, atendendo a súa medida lonxitudinal, 94 cm.
Unha exame detida do corpo descubriunos quistes subcutáneos e pequenas erosións no nariz e aletas.
A ventilación pulmonar é correcta, o ritmo cardíaco normal e ten abundante peristaltismo intestinal. É evidente que precisa alimentarse con urxencia e corrixir a descomposición. Se lle da a primeira comida introducida, aproveitando a toma para administrarlle “Amoxicilina” e iogur.
Ao seguinte día BURGO, despois de tres tomas de comida, xa non ten diarrea. Case non abre os ollos e acepta a auga da mangueira. Ao final do día as defecacións son xa normais e segue a beber abundantemente.

Etiquetas:

12.2.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (12 febreiro 2006)



Etiquetas:

11.2.06

“RINLO” – Segunda fase da recuperación no Acuarium de O Grove (11/02/2006).




O día 11 de febreiro, RINLO deixa a UCI da SGHN ás 9:00 horas. A trasladamos ao Acuarium de O Grove para que adquira o peso que aínda lle falta e que poda ter a súa disposición os quince metros de longo da piscina, na que lle espera PRADO, o Lobo Mariño que a CEMMA recuperou e que aparecera a finais do ano 2005.

Etiquetas:

6.2.06

A “Casa do Coronel” - Primeira rexa (6/02/2006)


Hoxe puxeron a primeira rexa á “Casa do Coronel”. A primeira das tantas que se teñen que poñer no edificio, máis as portas. Cando rematen e a casa estea protexida, será un pouco máis nosa e menos dos ladróns.

Etiquetas:

5.2.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (5 febreiro 2006)


Etiquetas:

4.2.06

“RINLO” – Evolución (4/02/2006)




RINLO, de 86 cm de longo, tiña moi pouco peso, así ca nosa prioridade foi alimentalo canto antes. A comida nesta primeira fase ten que ser introducida, se ben comprobamos que traga os peixes sen problemas. Ao día seguinte da súa chegada puidemos observar que o animal presentaba mucosidade nas narinas. Se iniciou un tratamento con “Amoxicilina”, receitada polo veterinario da CEMMA, Josep Alonso. O departamento de Anatomía e Producción animal da Universidade Veterinaria de Lugo analiza o parasito que recollemos do nariz de Rinlo e nos envían as fotografías obtidas do microscopio. O lobiño come sen axuda a partir do día 1 de febreiro e tamén ese mesmo día utiliza o baño por primeira vez.

Etiquetas: