Lobo Mariño Cincento “BURGO” (Halichoerus grypus) – (15/02/06)
Aínda non pasaran catro días dende que leváramos a Rinlo ata O Grove, cando recibimos o aviso da CEMMA da aparición doutro Lobo Mariño. O animal foi recollido no dique de abrigo de A Coruña, se ben xa fora visto uns días antes pola ría do Burgo. A Garda Civil do Mar, a Cruz Vermella e dous compañeiros da CEMMA fanse cargo do animal ata a nosa chegada. Nun lugar tan frecuentado como é o porto dunha gran cidade como A Coruña, o lobiño sofre nestes primeiros momentos unha presión ambiental moi forte, a causa da cantidade de xente co rodea, sen que puidera facerse nada para evitar o estres que se lle causa ao animal.
Decidimos deixalo descansar durante tres horas e pospoñer para máis adiante unha análise máis profunda. Á volta atopámolo na mesma posición e nun charco de defecacións. Cando o pesamos deunos un total de 11,8 quilos, unha cifra moi baixa, atendendo a súa medida lonxitudinal, 94 cm.
Unha exame detida do corpo descubriunos quistes subcutáneos e pequenas erosións no nariz e aletas.
A ventilación pulmonar é correcta, o ritmo cardíaco normal e ten abundante peristaltismo intestinal. É evidente que precisa alimentarse con urxencia e corrixir a descomposición. Se lle da a primeira comida introducida, aproveitando a toma para administrarlle “Amoxicilina” e iogur.
Ao seguinte día BURGO, despois de tres tomas de comida, xa non ten diarrea. Case non abre os ollos e acepta a auga da mangueira. Ao final do día as defecacións son xa normais e segue a beber abundantemente.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio