Lobo Mariño Cincento “RINLO” (Halichoerus grypus) – (27/01/2006)
RINLO, un macho de Lobo Mariño de poucos meses de idade, chegou á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) o día 27 de xaneiro ás 21:00 horas dun día moi frío, coa ameaza dun fronte que se achegaba e que anunciaba fortes baixadas de temperatura, ventos e nevadas.
O animal apareceu en Porto Rinlo (Ribadeo) e mentres esperaban a nosa chegada foi introducido por membros de Protección Civil daquela localidade nun gran tanque do Centro de Cultivos Mariños do porto.
Fixémonos cargo do lobiño ás 18:30 horas. O animal amosaba certa actividade, probablemente producida pola presión humana co rodeaba.
Cando iniciamos a viaxe, os primeiros copos de neve deixáronse sentir. Tivemos que parar varias veces no traxecto, preocupados pola actitude do Lobo, que amosaba angustia e certo mareo. Chegou canso á UCI da SGHN, onde procedimos rapidamente a mollarlle o corpo. A nosa compañeira Eva, que nos presta os seus coñecementos como enfermeira para atender a todos os lobiños que nos chegan, esperaba xa no local. Tras auscultalo comprobou que tiña os pulmóns limpos e como non presentaba feridas externas e o estado da pel era correcto, decidimos deixarlle descansar ata o día seguinte.
Etiquetas: UCI Lobos mariños e focas
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio