30.10.08

OS OSOS DA DESVENTURA. Oso morto ás portas de Galicia

Atropelado na autopista A-6 á altura de Trabadelo, sentido a Galicia. Non hai indicios de que forzara o valado protector, polo que é posible que entrara por un dos accesos á autovía. É a víctima máis dolorosa da mala xestión das estradas no noso país, nas que non se pon esforzo suficiente para acondicionar pasos para animais salvaxes.
Trázanse liñas que atravesan a paisaxe, feridas abertas que se converten en cárceres para a fauna, por non ampliar o presuposto contemplando máis túneles e máis pasos de fauna.
Foi no quilómetro 417 ou no 418, nos que parece morreu o animal, a súa tumba cando tentaba cruzar dun macizo a outro nesa esperada e desexada expansión do Oso pardo. ¡Tanto tempo e tantos esforzos para conseguir que a terra galega sexa apetecible ó gran mamífero!, o mellor expoñente da nosa fauna que foi esquilmado durante séculos de ignorancia e brutalidade estatal e social.
A impotencia do camioneiro, que veu desolado o resultado do infortunado accidente, o fago meu que tantas veces fago ese camiño despois de xornadas de camiñar polo monte en terras de osos.
Era un macho novo, duns tres anos e 90 quilos de peso. Explorador atrevido de novas e prometedoras terras onde vivir. E case o consegue para a nosa satisfacción por ter finalmente os propios osos, afincados na aterra galega de onde nunca deberon deixar de vivir.
Cruzar León rumbo a Galicia, lles está custando a vida a estes osos viaxeiros. Nesta ocasión foi a mala fortuna que cruzou ó animal co camión na madrugada, pero nun caso anterior aínda moi presente, foron as malas artes dun malnacido, que o esperou agochado no camiño, a pouca distancia da fronteira e lle disparou ata matalo, deixando o corpo abatido na senda. Un cazador, coma sempre, con dereito a matar que nin tan sequera pagou polo que fixo á sociedade, aínda que espero co pague á natureza do xeito que esta lle impoña. Co seu acto, tan asasino como outros castigados coa cárcere, puxo fin ó esforzo da vida por recompoñer as malas artes dos humanos e ó de tantas persoas nobres que están a loitar pola supervivencia dos plantígrados.
Hoxe a tristura invade o bosque galego, porque cada oso que morre é unha parte da nosa identidade a que se perde. Yosy
-----------

Etiquetas: ,

29.10.08

Protección dos cetáceos en CHILE – Nova Lei que crea unha zona libre de caza


O luns, 27 de Outubro 2008, publicouse no Diario Oficial dese país a Lei Nº 20. 293, que establece os espacios marítimos de soberanía e xurisdicción nacional como zona libre de caza de cetáceos.A iniciativa prohibe dar morte, cazar, capturar, acosar, ter, posuír, transportar, desembarcar, elaborar o realizar calquera proceso de transformación, así como a comercialización o almacenamento de calquera especie de cetáceo que habite o suque los espacios marítimos de soberanía e xurisdicción nacional.A zona libre de caza terá como obxectivos propender á protección e conservación das poboacións de cetáceos, a biodiversidade relacionada e os ecosistemas dos que dependen; e protexer espacios claves para o desenrolo dos seus ciclos de vida, implementando medidas adicionais de protección nos lugares de cría, apareamento, coidado parental, alimentación e rutas migratorias.Nesta zona tamén se deberá asegurar que as actividades en torno á observación de cetáceos se realice de xeito responsable, regulada e sostible; e a protección efectiva das diversas especies de cetáceos que habitan e circulan nos espacios marítimos de soberanía e xurisdicción nacional. Para elo se fomentará a creación de áreas mariñas costeiras protexidas, parques ou reservas.A iniciativa tamén establece que todas as naves pesqueiras contarán cun plan de continxencia en caso de colisión, dano o extracción accidental dun cetáceo.
Engádese ademais un novo paragrafo á Lei Xeneral de Pesca e Acuicultura, relativo á protección, rescate, rehabilitación, reinserción, observación e monitoreo de mamíferos, réptiles e aves hidrobiolóxicas.Nel se sinala que a Subsecretaría de Pesca establecerá o procedemento e características do rescate dos individuos dunha especie hidrobiolóxica que se atopen en ameaza evidente e inminente de morte ou dano físico, ou que estean incapacitados para sobrevivir no seu medio.Os exemplares que, sendo afectados por actividades causadas polo home, contaminación do seu medio ou factores ambientais adversos, haxan sido rescatados, o que haxan sido retidos, incautados, confiscados o decomisados por algunha autoridade fiscalizadora, deberán ser devoltos en forma inmediata ó medio natural.Se non puideran ser devoltos ó medio natural en condicións que non menoscaben a súa supervivencia natural, ou no caso que exista alta incertidume sobre si a súa incorporación ó medio prexudicara ás poboacións do sector no que van ser devoltos, os exemplares enviaranse en xeito inmediato a un centro de rehabilitación de especies hidrobiolóxicas.De non existir centros destas características na respectiva provincia, ou cos exemplares pertenzan a especies ou poboacións doutros lugares, os individuos poderán ser enviados a establecementos como zoolóxicos, centros de exhibición pública u outros, que teñan a infraestructura axeitada e persoal capacitado. Esta autorización outorgarase caso a caso, e só para que se rehabiliten e sexan devoltos a o seu medio ambiente nacional. Non poderán ser comercializados ou utilizados de xeito algún con fins comerciais.Tamén se regula a observación de mamíferos, réptiles e aves hidrobiolóxicas, consistente no achegamento voluntario a ditos exemplares en forma directa ou desde un medio de transporte aéreo, coa finalidade de propiciar un contacto visual no seu hábitat natural, con fines recreativos, de investigación ou educativos.Prohíbese a realización de calquera acto de acoso ou persecución que altere a conducta do animal ou que implique forzar o contacto físico, ocasionando maltrato, estres ou dano físico.Quen mate, cace ou capture un exemplar de calquera especie de cetáceos, será sancionado coa pena de presidio maior no seu grado mínimo ((5 anos e 1 día a 10 anos) e comiso, sen prexuízo das sancións administrativas.En tanto, quen teña, posúa, transporte, desembarque, elabore o efectúe calquera proceso de transformación, comercialice o almacene estas especies vivas ou mortas ou parte delas, será sancionado coa pena de comiso e presidio menor no seu grado medio (541 días a 3 anos), máis as sancións administrativas.Non obstante, non terá responsabilidade penal quen con fins de investigación e rehabilitación, manteña en cativerio, posúa ou transporte exemplares vivos, sempre que conte con un permiso temporal e específico outorgado pola Subsecretaría ou o Servizo Nacional de Pesca.Dom esmo xeito, non terá responsabilidade penal, o que teña, posúa ou transporte exemplares mortos, partes deles ou os seus derivados, sempre que conte con un permiso otourgado polo Servicio. Dita autorización só poderá otourgarse a institucións de educación recoñecidas polo Estado, museos e centros de investigación e conservación mariña.
------------------

Etiquetas:

28.10.08

O HOME E O OSO - ¿QUEN? (Noticia de prensa: Oso pardo morde a cazador no Pirineo catalán


Nestes días a prensa está chea de artigos que teñen como protagonista ó encontro entre unha osa e un cazador preto do Vall d’Aran. Todos eles no mesmo sentido estereotipado de animal agresivo ataca a home branco, no que se procura una solución radical que poña ó teimado animal no seu sitio, baixo a bota do home. ¡Quen lle explicou ó animal!, que foi soltado nun espazo alleo e descoñecido para que se buscara a vida e repoboara un lugar no que xamais deberon de deixar de existir osos. Se lles esqueceu ensinarlle antes da solta que o amo é o humano e que nunca tiña que facerlle fronte. Ensinarlle tamén que especies tería ou non que cazar e na zona do monte onde podía vivir e onde non.
As autoridades poñen a guinda desculpando a actitude do oso por si sofre algunha ferida que xustifique o segundo eles, comportamento violento. A propia Xeneralitat pide calma e reflexión para que non se actúe en quente mentres o goberno aranés sinalou que considera prioritaria a seguridade das persoas na montaña "por riba da convivencia cos osos que se puxo en dúbida dun xeito incontestable" engadindo a esixencia da retirada de tódolos exemplares de osos del Val de Arán.
¡Pobre osa víctima da manipulación dos gobernos, que a condenaron a malvivir entre a depredación do home!. Porque ninguén entre tanta redacción culta e responsable, pon en dúbida a actividades dos cazadores e a conveniencia ou non de que campen libremente no territorio común de animais e eses outros humanos que sufrimos con pouca resignación a presenza de humanos con escopetas e dereito a matar ó noso redor.
É unha novidade que un oso ataque a un humano, segundo eles. Afirmación que non quero discutir e nin sequera suscitar, pero o que non é novo é a cantidade de chamémoslle “accidentes” que ocorren cada día entre os matóns que saen ó monte a destruír o que outros tratamos de conservar, sempre co consentimento da Administración, que pon máis esforzo en conceder licencias e protexer a unha importante e potente fracción da sociedade que lles da votos.
Un tema social pendente que levamos nas nosas costas, porque non hai arreos para enfrontarse a el. Empezar a ensinar á poboación a deixar a un lado dunha vez por todas os restos que caracterizan ó home primitivo, que precisa predar para subsistir, nunha sociedade que ten o bocadillo da mesa e a pota chea, polo que a caza xa non é unha necesidade, senón un vicio que nace da agresividade.
Ninguén cuestiona que cada vez que un cazador fere a outro home no monte, haxa que extinguir a todo o que porte armas e por suposto ninguén pide o seu pescozo, a pesar de que os cazadores non están en extinción. ¿Cando crearemos homes xustos que dediquen o seu tempo a coidar da súa familia e do seu entorno e non asasinos con licencia?.
Ante toda esta movida, non deixo de sentirme na pel do plantígrado, camiñando polos montes nos que o confinaron á forza, agochado trala vexetación mentres escoita os movementos dos homes e os disparos. ¿Cal é a terra prometida para un oso?. ¿De quen é a terra se non é de todos?. De quen ten as armas e o dereito de vida dos outros. ¿Poderíamos legalmente discutirlle que se revolva contra a inxusta realidade, ó que segue a ser o rei das montañas?. O osa camiña cara a ningunha parte nun territorio comprado e ocupado. O home grita e logo a loucura en quen foi masacrado e perseguido e que finalmente se revolve contra o inimigo. Non é a primeira vez nin será a última. Noutros territorios con máis presenza de osos non é alleo o conflicto e ata a confrontación física, pero se asume como un risco máis da vida diaria e nin tan sequera sae á luz nos medios. Cando no Pirineo se extinguiu o oso se fixo a conciencia, pechándolle a porta a toda posible reinserción. Non se explica doutro xeito ante a movida ocasionada no incidente co cazador, alguén que está a realizar unha actividade violenta que implica unha mesma resposta do medio. ¿O é que cando sae ó monte cada un destes homes armados non pensa que pode ter un incidente cun porco bravo, cun cervo ou calquera outro animal que vai ser a súa víctima?.
Dubido da atribuída “honradez” do home escopetado, que deixou seguir o camiño do oso. Na súa cabeza xa se viu co morto ás costas, presumindo da captura dun oso. ¡O cazador que se sinte vivo e forte coas mans manchadas de sangue!. E quen no recorda a outro vello político coñecido en todos os cotos, que refuxiaba as súas carencias no fogo da escopeta. Xa retirado, aínda mo recordan enchéndome de vergoña, cando saben a miña orixe galega en Palencia, Cantabria ou calquera outra comunidade onde o político paseou a escopeta.
Os osos, eternos inimigos do poder na historia, que disfrazou nomes de pobos e comunidades para ocultar o seu medo ó plantígrado, a quen identificou co maligno, foi ó longo da historia ese ser controvertido e poderoso que nembargante conviviu cos humanos, observándoos e, ¡quen sabe!, adiviñando a natureza, as veces indigna, outras magnífica do ser humano.
Estiven máis dunha vez preto dun oso en liberdade. Durmindo no monte no seu territorio e sentíndoo camiñar moi cerquiña do recuncho no que estaba deitada, indefensa na noite escura. Sentín medo ante a súa forza, pero tamén orgullo de compartir en paz a terra de todos con este grandioso animal, que si quixera, dunha soa gadoupada, podía arrincarme a cabeza. Consciente disto e coas experiencias vividas no monte, podo dicir que as pequenas lesións que sufriu un dos protagonistas do incidente do Pirineo, armado para matar, son unha anécdota territorial, que son merece o nome de agresión. Yosy
-------------

Etiquetas: ,

23.10.08

NORMA LEXISLATIVA: Uso de perdigóns de chumbo en zonas húmidas


DOG núm. 201 de 16 de Outubro de 2008.


Resolución do 10 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fai pública a listaxe de zonas húmidas de Galicia en que está prohibida a tenza e o uso de munición que conteña perdigóns de chumbo durante o exercicio da caza.

En aplicación do artigo 62.3º j) da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade que prohibe a tenza e o uso de munición que conteña chumbo durante o exercicio da caza e o tiro deportivo, cando estas actividades se exerzan en zonas húmidas incluídas na Lista de convenio relativo a zonas húmidas de omportancia internacional, na Rede Natura 2000 ou nas incluídas nun espazo natural protexido.
ENLACE:

Etiquetas:

7.10.08

Charla sobre a Bolboreta MONARCA – Fene 6 outubro 2008


Con motivo da inauguración da exposición sobre a bolboreta Monarca, organizada polo CEIDA e patrocinada pola Deputación de A Coruña e o Concello de Medio Ambiente de Fene, celebráronse o luns 6 de outubro as seguintes charlas:

ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS
Polo Profesor Titular da Universidade de A Coruña, Juan Freire Botana.

INTRODUCCIÓN Á BOLBORETA MONARCA
A cargo do responsable da colección entomolóxica do “Museo da natureza” da SGHN, Andrés Leal Viñas.

Etiquetas: