28.8.08

OSO FERIDO POR CAZADORES FURTIVOS NO ALTO SIL


Gracias a boa vontade dun veciño de Páramo do Sil que deu aviso da presenza do animal ferido se puido coñecer a lamentable situación á que chegan tantos outros animais atrapados nas inhumanas trampas dos furtivos. Nunha labor conxunta da “Junta de Castilla y León” e a “Fundación Oso Pardo”, organizouse un operativo para atopar ó animal, anestesialo e liberalo do lazo. Baixo este, unha profunda ferida que se aprecia perfectamente nas fotos facilitadas á prensa. O lazo mantense unido ó corpo na cintura baixa á altura dos riles, deixando a carne aberta e causándolle ó animal dor e unha máis que probable infección que lle causará a morte nun futuro próximo se non se fai nada para evitalo.
O alcalde de Páramo de Sil dedica unha serie de frases politicamente correctas como “que espera que los responsables de la situación que está padeciendo el animal paguen como deben" e que "Me encantaría que la gente que pone lazos fuese pillada 'in fraganti' y pagara con lo que más duele, que yo creo que no es la cárcel, sino el bolsillo", engadindo que "no es justo que esta vergüenza la paguen todos los cazadores, que en su inmensa mayoría actúan como deben y cumplen la ley". Supoñemos que o rexedor municipal se refire á lei que regula el como e a quen matar adecuadamente e non ó quinto mandamento nin ó disposto na Código Penal , que se ben di que é punible o delicto consumado e a tentativa de delicto, está a falar de eventos de dúas patas (excepto aves), nun país con escasos e pouco cumpridos regulamentos na defensa do medio ambiente e no se prefire o bolsillo á carcel cando a víctima é o animal e o asesino o humano.

Mentres, o animal deambula dorido por eses magníficos bosques leoneses, situados entre o que eu cualifico de “territorio vaqueiro”, pola carencia de orden e vixilancia. Río arriba, nunha corrente ennegrecida polas numerosas explotacións mineiras que acompañan ó Sil boa parte do seu percorrido, se chega a Villablino.
Toda esta ruta, a medio camiño entre a riqueza que se supón debera reportarlle a minería e que se pon de manifesto en exhibicións de aparente benestar e unha pobreza social de cara á cultura e á defensa e coñecemento dos seus valores naturais, estremece cando se aprecia desde o seu interior. E o fai tanto por esa beleza da súa natureza salvaxe como pola negrura social que se deixa entrever.
A primeira vez que viaxamos río arriba, o fixemos tentando chegar a Asturias polo interior, indagando nunha ruta máis curta para a terra prometida, Somiedo. Percorremos un a un cada pobo, por unha estrada local, substituída hoxe en parte por unha autovía. Deixamos os ollos e o corazón en aquelas estructuras de cemento e ferros que se levantan case na beira do Sil, ennegrecidas polo cabón e rodeadas de montañas de derrubios que non deixan velo río. As casas, adornadas tamén co loito contaminante, ademais dos poboamentos tradicionais se estenden en construccións uniformes para aloxamento dos mineiros, preto das zonas de extracción.
Non fomos quen de remontalo río nunha xornada e fixemos noite durmindo preto do río ferido, ó pairo, baixo unha ponte. Unha noite de alarma, co ruído dun tráfico agresivo que non durmía e que nos facía adiviñar a presenza próxima do gran poboamento que é Villablino. As paredes da montaña, baixando a un e outro lado da ferida da estrada e do río presentábanse acolledoras, invitándonos a penetrar no seu dominio e escapar da algarabía humana.
Villablino é un pobo, case unha cidade, no que non se podía atopar unha tenda de libros, pero si armerías e tendas de subproductos da caza. Desde esa primeira viaxe, que nos deixou unha forte pegada na memoria, fixemos outras moitas, aprendendo a pasar apresa por estas terras que seguen a impresionarnos e a desexar internarnos neses bosques interminables e puros das terras do Sil.
Tentámolo sen éxito e máis que rexeitarnos a terra, rexeitounos o home, nunha zona dedicada intensamente á caza e á pesca, que non contempla outro xeito de comunicación co medio que non sexa a morte. Imposibilitados de atopar un establecemento que dera aloxamento a uns “boteiros” que por riba non levaban escopeta, cansados como están os seus donos dos malos modos e conducta dos cazadores, foron pechando as portas dos seus negocios e nin entendían que alguén quixera subir a o monte como non fose a cazar.
Sempre nos quedará a solución de orixe, non durmindo baixo unha ponte, pero si dentro do bosque a pesar dos lazos que pon a única especie que pode sobrevivir nestas montañas, o home depredador.
En toda a súa historia é evidente que a “Junta de Castilla y León” non pode solucionar a precariedade actual no comportamento social con respecto á carencia do orgullo de posuír unha natureza espléndida e unhas especies animais únicas. A noticia última é que a día de hoxe aparcouse a procura do animal e xa se está a falar de si a administración paga o non paga os danos que fai o oso nas colmeas. Esa discusión non é seria e non desculpa as actitudes violentas cara ó máis débil , inocente e á vez o máis valioso en toda esa escena, que é o oso. A falta de atopar os dez homes xustos de Abraham, que seguro existen, nunha grande e destacada parte la sociedade falla a cultura de base e a preocupación e coñecemento ecolóxico. Sobran facilidades para o exercicio da caza e permisibilidade de cara a quen a practica. Mentres se siga a priorizar a existencia dunha natureza dedicada a destruír en lugar de considerala como un ben único do que se poda aprender e disfrutar espetándoo, non hai nada que facer.
Se fose oso, tentaría emigrar cara ó norte, ás montañas asturianas, deixando baleira esta terra fermosa que hoxe por hoxe non merece a presenza do magnífico animal.
Yosy
--------------

Etiquetas:

EL RÍO EUME: cuánto tiempo para un sufrido carbonato (La Voz de Galicia 28/08/2008)


LA VOZ DE GALICIA
TRIBUNA: Senén Paz Abuín


“Si mis informaciones son correctas, el carbonato cálcico es una sal frecuentemente utilizada en procesos de estabilización y regeneración de pH en aguas castigadas por aportes ácidos de diferentes orígenes. Es, a mi juicio, una solución conservadora pero probada y que en muchos países, fundamentalmente en el norte de Europa, se usa desde la década de los ochenta. También, y hasta donde yo sé, Endesa la ha utilizado durante años en los procesos de neutralización de distintos efluentes ácidos con destino al Eume. Este proceso es relativamente lento, pero con muchos menos efectos colaterales que la pura y dura acción de un álcali (sosa, amoníaco, cal viva, etcétera). Doy naturalmente por hecho que la adición, dispersión, cantidades, etcétera, están correctamente estudiadas, por tanto en principio no hay por qué preocuparse y los efectos beneficiosos (elevación significativa del pH) deberían notarse, si todo va bien, en unas pocas semanas.
De acuerdo con las cifras que se manejan en una nota de prensa difundida ayer por La Voz, me parece que efectivamente la adición de carbonato cálcico se utiliza cautelosamente a efectos toxicológicos sobre peces (¡si queda alguno, claro!), otros organismos y plantas acuáticos, si bien las cantidades de carbonato cálcico que se mencionan no serán suficientes para elevar en dos puntos el valor del pH. En cualquier caso, esta evolución del pH tiene un marcado efecto sobre el aluminio disuelto (según nuestros análisis, unos 200 microgramos por litro) disminuyendo exponencialmente su solubilidad. De acuerdo con innumerables estudios, esos valores de aluminio disuelto son incompatibles con la vida de determinados salmónidos migratorios: es, probablemente, la causa de muerte rápida de los reos.
Las vocaciones, aunque tardías, me merecen todo el respeto, pero acordarse ahora de la materia prima de las estatactitas para arreglar un problema que se denunció a principios de junio y que le ha costado al Eume la cosecha de reos de la temporada, un profundo malestar en la sociedad sensible a estos problemas y supongo que severos daños en el hábitat de la cuecia, es realmente preocupante.
La realidad de una solución completa todavía se me antoja muy lejana. El río Chamoselo continúa vertiendo a pH próximo a 3 (pero afortunadamente con poco caudal). Al tramo del río Eume desde este punto hasta la cola del embalse, que lo parta un rayo. Es obvio que si no se soluciona el origen del problema, el tratamiento del embalse es un puro y simple parche. Pese a algunas informaciones aparecidas, es demostrable que el río Chamoselo con el caudal de los meses de primavera a valores de pH próximo a 3 es suficiente, por sí solo, para producir el desaguisado que tenemos en el embalse (pH próximo a 4,5). Basta recordar que, en cuanto a unidades acidificantes, un libro de agua del río Chamoselo (pH 3) equivale a 10.000 litros de agua del Río Eume en As Pontes (pH próximo a 7).
Alguien dijo algo así como que el que esté libre de pecado que arroje la primera piedra. Quiero confiar y confío en que el proceso de regeneración se haya iniciado, pero sinceramente ¡qué mal sabor de boca nos han dejado!. Por favor, que no se repita." Senén Paz Abuín.

Etiquetas:

27.8.08

Colaboración no dominical “NORDESIA” (Diario de Ferrol)


O Domingo, 24 de Agosto, publicouse a última colaboración da SGHN no dominical “Nordesía” do Diario de Ferrol, tal e como se viña facendo desde o 28 de marzo do ano 2004.
Nese tempo e dentro sempre dun esquema pactado en forma e espazo, cada domingo enchíase a páxina 6 do dominical con artigos que foron tocando moitos dos aspectos que relacionan ó home co medio.
Sempre tentando manter a dignidade de quen firmaba e da asociación á que pertence, seguindo en todo momento os principios polos que se rixe a SGHN.
Nada nos foi alleo nos nosos comentarios, porque no fondo todo o que atañe ó home é natureza, sendo como é este unha peza moi signficativa do total do universo.
Foi unha moi boa experiencia que nos enriqueceu e que como tódalas cousas que acontecen na natureza, ten o seu fin.
-------

Etiquetas:

11.8.08

“VICENTE” – Outra Tartaruga mariña (Caretta caretta) – (9 agosto 2008)

Fai uns días tansó, que deixou a UCI a Tartaruga “SEIRUGA”, recuperada nas instalacións de cuidados intensivos para focas e tartarugas que a SGHN posúe, en colaboración coa CEMMA, no marco do convenio coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta.
E este sábado, 9 de agosto, a unidado foi ocupada novamente por outra tartaruga da mesma especie (Caretta caretta). Este animal, que recibiu o nome de “VICENTE” por atoparse no canle de entrada á Ría de Ortigueira, preto da Illa de San Vicente é, con moita probabilidade, un dos exemplares máis agrande atopados en Galicia, xa que mediu 68 centímetros. Ata o momento o animal máis grande atendido na UCI foi “CAMPELO”, exemplar de 60 centímetros.
Envolta en redes de “Miños” foi recuperada de tal penosa compaña por uns mergulladores de Ortigueira, que puxeron o feito en coñecemento das autoridades. Ingresado na UCI ás 23:30 horas, non presenta feridas de importacia, se ben ten unha gran debilidade a causa do tempo que se mantivo enmallada. “VICENTE” manterase en observación, mentres recibe os coidados específicos.
Esperamos que este fermoso e gran animal, ó que lle calculamos máis de quince anos de idade, consiga saír adiante.





Etiquetas:

ROTEIRO ós afluentes do Río Grande - (23 agosto 2008)


ROTEIRO

DA SOCIEDADE
GALEGA
DE HISTORIA
NATURAL


PARA UN ACHEGAMENTO AOS AFLUENTES DO RÍO GRANDE

DIA:
23 de agosto de 2008

Saída de Correos ás 9:30 horas.
Paradas en Caranza,

Fene e Pontedeume.
Regreso ás 19:30 horas

Prezos: 4€ os socios e 6€ os non socios.
Prioridade de inscrición para os socios ata o día 18.



Etiquetas:

10.8.08

Protección dos cetáceos – Presentación do RD 1727/2007 en “Spinnaker 2008” – (8 agosto 2008)

Desde a plataforma da exposición itinerante que o “Museo da Natureza” dispón en “Spinnaker 2008”, a Sección de Mamíferos Mariños da SGHN celebrou unha rolda de prensa para presentar ante o público o RD 1727/2007 de 21 de decembro, polo que se establecen medidas de protección de cetáceos.
Asistiron ante a prensa, ademais do Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN, Juan Ignacio Díaz da Silva e a Responsable de avistamentos de cetáceos da CEMMA, Mara Caldas, a Concelleira de Medio Ambiente de Ferrol, María López e Federico Pérez Lago en representación de “Spinnaker”.
Con este acto se pretende achegar a un maior número posible de persoas una lei necesaria para a conservación dos mamíferos mariños, obrigados como estamos os galegos pola nosa presenza cara ó mar e os que estudiamos a estos animais de xeito especial.




Etiquetas:

9.8.08

Tartaruga mariña”SEIRUGA” – Liberada no mar – (2 agosto 2008)

O Sábado, 2 de agosto, recuperou a liberdade a pequena Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) que fora ingresada na UCI da SGHN-CEMMA o día 27 de xuño deste ano, recibindo o nome de SEIRUGA. Tralo tratamento e coidados que se lle subministraron, o animal de 21 cm. de lonxitude se atopaba en perfectas condicións para ser liberado no seu medio natural.
O veleiro “IBERO”de La Caixa, que fai os transectos da “Ruta do Ibero 2008” levou ó animal e ós seus coidadores ata unhas seis millas da costa, fronte a ó noso Cabo Prior, onde o animal foi devolto a auga.
Lle desexamos moi boa singradura a SEIRUGA, nesa longa viaxe que fan as Tartarugas mariñas polo océano, uns animais que se atopan nunha situación crítica de supervivencia.




Etiquetas:

8.8.08

“Juegos Olímpicos de Pekin” – A outra realidade – (8 agosto 2008)

Hoxe comezan os Xogos Olímpicos de Pekín, cun transfondo de protestas contra a ausencia de dereitos humanos no enorme e aínda descoñecido país organizador. Manifestacións que nada teñen que ver co acontecemento que se vai a iniciar, un dos mellores expoñentes da calidade e dignidade do ser humano, nin coas persoas que van a deixar a pel nos eventos deportivos.
Pero non se pode obviar a realidade política e social do país organizador, precisamente nesa convocatoria que fai para acoller ó resto dos Estados. Non se pode, nin debe, durmitar as conciencias mentres duren os xogos, como si fose a tregua do Nadal dunha guerra inacabable. Temos que apoiar ós deportistas e disfrutar do seu esforzo, pero tamén temos que espertar as conciencias e defender a dignidade da vida.



E non falamos só da vida humana, senón de “vida” en toda a súa globalidade. As barbaridades que se cometen en China contra a vida e os dereitos dos seres vivos son cotiáns. É por elo que recollemos a bandeira que nos ofrece a todos “ANIMANATURALIS” desde a súa páxina web (animanaturalis.org), para achegarnos a esa triste e rexeitable realidade: abuso dos animais na industria china da pel, a venta de carne de can e gato como alimento exótico e as granxas de bilis de oso e tigre para uso da menciña tradicional, son algúns dos moitos horrores que existen nesa parte do mundo, xa que nese país non existe ningunha lei de protección animal, algo que non estraña si temos en conta que non a hai tampouco para protexer ós homes.
A explotación dos nosos compañeiros de viaxe pola vida depende da falta de escrúpulos duns e dos requirimentos do mercado.“ANIMANATURALIS” pon algúns exemplos desta situación, como o acontecido no verán do 2006 cando a morte de 16 persoas por un brote de rabio, motivou cás autoridades sanitarias chinas ordenaran a matanza de 54.000 cans durante cinco días, nos que os animais foron arrebatados ós seus donos e mortos a paos, descargas eléctricas ou enterrados vivos.


PELES: Cando nos atopemos cun artigo de pel de procedencia china, temos que pensar en que o 25% - 30% da pel producida nese país, ven de animais salvaxes e dun 70-75% de animais criados en catividades, en granxas creadas nos derradeiros dez anos con cans, gatos, raposos, visones, mapaches e coellos. Granxas situadas na súa maioría ó norte de China, con clima moi frío para favorecer a calidade do pelo. Nútrense ademais, con cans e gatos que proveñen de incautacións. Tan xeneralizado está nestes momentos este comportamento que nos mercados se expoñen á venta as pelexas de cans e gatos mortos por particulares, que os ofertan como si fosen mazás.
Investigadores de asociación protectoras de animais puideron atopar cans vivos encerrados en habitacións minúsculas e en pleno inverno, as veces en completa escuridade, sen auga, nin comida, rodeados doutros cans mortos e colgados en ganchos. Para proporcionar carne fresca os cans métense en sacos, como si fosen mercancía inerte coas patas suxeitas por arame e se transportan ós matadoiros para manter a demanda dos restaurantes. O carniceiro vai matando ós animais segundo as necesidades.
Nas granxas de gatos, os animais son aforcados ou colgados dun cable mentres se lles introduce auga cunha mangueira ata que se afogan, quitándolles a pel a continuación e sen comprobar si están mortos, para conseguir unha pelexa dunha soa peza.
Todas estas peles se poden atopar nas coleccións de roupa que atopamos nos famosos “chinos” e especialmente en monecos de peluche que simulan cans e gatos durmindo placidamente, tamén en cintos, bolsos, carteiras... China é o provedor da metade das pezas de peles que se venden en Estados Unidos, aínda que nas súas etiquetas se lea que proceden de Europa, os animais e as súas peles proveñen de China. Vexamos esta realidade cando teñamos nas nosas mans productos desta orixe.

BILIS DE OSO: Os osos son os únicos mamíferos que producen unha gran cantidade de ácido ursodesoxicólico (ácido biliar) que se utiliza na menciña tradicional asiática desde fai máis de 3.000 anos polos seus supostos efectos curativos contra a impotencia sexual entre outros males. Esta menciña é a orixe da persecución que secularmente sufriron os ósos nalgúns países como China, Corea e Vietnam e que foi a causa directa da delicada situación actual de moitas das oito especies de ós que se atopan por esa parte do mundo. Apremiados por esta realidade, desde os últimos vinte anos se ven adaptando o sistema de “granxas biliares”.
Nestas granxas, os osos viven en pequenas gaiolas alongadas, onde permanecen recostados e sen posibilidades de modificar a postura para facilitar a extracción de bilis, cuncha ciruxía sen anestesia na que se lles implante un tubo de ferro no abdome, de goteo libre. Moitos osos morren polas infeccións causadas por esta “ciruxía”, pero podemos imaxinar a situación que padecen e na que permanecen mentres viven, aqueles animais que sobreviven, nunha tortura que lles causa dano físico e psicolóxico insufrible.
A especies que máis ven a padecer estas manipulacións é o Oso negro asiático, o coñecido como “Oso luna” ó que xa dedicamos o noso interese cando se atopou na nosa Comunidade un exemplar proceden dun circo, morto e rexeitado na cuneta dunha estrada. Pero as irregularidades dos circos cos animais é outro sucio tema, do que poderíamos falar longo e profundamente.


ÓSOS DE TIGRES: Moi parecido a o tema anterior, pero neste caso a parte máis demandada son os ósos, que segundo a menciña tradicional “elimina a humidade e dispersa a enerxía fría do corpo” ademais doutras supostas propiedades.
Este comercio está prohibido, nembargante como a demanda de ósos seguía a ser moi alta, se iniciou a cría de tigres en granxas, baixo o disfrace de cría para soltar en liberdade. Estamos a falar de 5.000 tigres en catividade, dos que se utilizan ósos, carne e pel.


E ante este triste panorama, a pregunta é ¿que podemos facer os insignificantes humanos que aínda temos conciencia?. Pois pouco para erradicar estas malas practicas, xa que a resposta a ten , coma sempre os políticos e os gobernos dos países que se chaman “civilizados e adiantados”, pero aínda sabendo isto, hai van algún consellos:

---- Non comprar productos fabricados en pel de orixe chino. Recordando os gatiños deitados na cesta fabricados coa propia pel do gato.

---- Podemos escribir ó Comité Olímpico, expoñendo esta realidade e a nosa preocupación, algo que probablemente xa coñecen:
Dirección:
correo@coe.es

-----E podemos escribir á embaixada de China:
http://www.embajadachina.es/
C/ Arturo Soria, 113 – 28043 Madrid


Dirección electrónica:

chinaemb-es@mfa.gov.cn

yosy (agosto 2008 --------------

Etiquetas: ,

7.8.08

CIRCO SEN ANIMAIS- Iniciativas de Chile y Colombia – (Agosto 2008)

Despois da grata noticia da ordenanza municipal aprobada polo Alcalde de Santiago (Chile), Raúl Alcaíno, que prohibe a realización de espectáculos que inclúen a participación de animais salvaxes ou domésticos, quixéramos desde estas páxinas celebrar o proxecto que se presentou no senado colombiana, para a prohibición da presentación e tenencia de animais silvestres e mamíferos mariños nos circos e espectáculos públicos, aplicable a todo o territorio colombiano, que impediría ademais cos alcaldes expedisen licencias para espectáculos con animais en todo o país.


O proxecto di, no seu artigo primeiro que se prohibirá a tenencia, presentación, utilización ou explotación de tódolos animais da fauna silvestre, ou amansados, criados ou non. Ó mesmo tempo prohibe a tenencia destes animais en condicións inadecuadas.
Prevense igualmente a creación do “Fondo para a Protección de Animais Silvestres e mamíferos Mariños”.
Segundo palabras do senador poñen deste proxecto:
“A milenaria actividade circense pode desenrolarse perfectamente sen necesidade de incluír animais para divertir ós espectadores, feito que xa se está impoñendo polos circos máis recoñecidos, especialmente europeos, en cuxos espectáculos demostrouse que se obteñen maiores ganancias cando se incentiva o talento e a creatividade da mostra, sen a necesidade de animais”.
Unha excelente iniciativa, que quixéramos para o noso país, unha España libre na súa totalidade, pero que ben podería iniciarse no territorio galego.

Estes son algúns enlaces web que loitan contra os circos sen animáis:

http://www.circosinanimales.cl/
http://www.angelfire.com/on3/animales/circ.html
http://www.reyson.uni.cc/2007/07/23/no-a-circos-con-animales/
http://www.conciencia-animal.cl/paginas/temas/temas.php?d=29
http://www.animanaturalis.org

Etiquetas:

Inauguración "Spinnaker 2008" - Mostra expositiva do "Museo da natureza" (6-Agosto-2008)



Etiquetas:

6.8.08

LEXISLACIÓN para a protección dos CETÁCEOS – RD 1727/2007

A traducción do texto lexislativo ó galego e
a confección dos debuxos explicativos das zonas de protección foron realizadas
pola SGHN (Sociedade Galega de Historia natural).
O tríptico foi asinado finalmente, para a difusión desta Lei, por SGHN e CEMMA.

Etiquetas: ,

Páxina 2


Etiquetas: ,

Páxina 3


Etiquetas: ,

Páxina 4


Etiquetas: ,

Páxina 5


Etiquetas: ,

Páxina 6


Etiquetas: ,

2.8.08

UCI de Focas e Tartarugas - Video de "FU/TV"

Na páxina web de "Ferrolterrauniversal.tv" (FU/TV) pode verse un video realizado na UCI de Lobos mariños e Tartarugas, durante a atención á Tartaruga Mariña "SEIRUGA".
Esté é o enlace:



-----

Etiquetas:

1.8.08

Exposición do “Museo da Natureza” da SGHN en “SPINNAKER 2008” – (6 – 10 agosto 2008)

A SGHN participa na “IV semana náutica de Ferrol – SPINNAKER 2008” que se celebrará do 6 ó 10 de agosto no peirao de Curuxeiras de Ferrol, cunha pequena mostra do seu “Museo da Natureza”, na liña seguida nas súas exposicións itinerantes.
Se aproveitará a ocasión para achegar a o público, en especial ás xentes relacionadas co mar, as novas medidas legais sobre observación de cetáceos e o seu espazo móbil de protección, contempladas no Real Decreto 1727/2007 de 21 de decembro.
---------

Etiquetas: