10.8.08

Protección dos cetáceos – Presentación do RD 1727/2007 en “Spinnaker 2008” – (8 agosto 2008)

Desde a plataforma da exposición itinerante que o “Museo da Natureza” dispón en “Spinnaker 2008”, a Sección de Mamíferos Mariños da SGHN celebrou unha rolda de prensa para presentar ante o público o RD 1727/2007 de 21 de decembro, polo que se establecen medidas de protección de cetáceos.
Asistiron ante a prensa, ademais do Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN, Juan Ignacio Díaz da Silva e a Responsable de avistamentos de cetáceos da CEMMA, Mara Caldas, a Concelleira de Medio Ambiente de Ferrol, María López e Federico Pérez Lago en representación de “Spinnaker”.
Con este acto se pretende achegar a un maior número posible de persoas una lei necesaria para a conservación dos mamíferos mariños, obrigados como estamos os galegos pola nosa presenza cara ó mar e os que estudiamos a estos animais de xeito especial.




Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio