CIRCO SEN ANIMAIS- Iniciativas de Chile y Colombia – (Agosto 2008)


O proxecto di, no seu artigo primeiro que se prohibirá a tenencia, presentación, utilización ou explotación de tódolos animais da fauna silvestre, ou amansados, criados ou non. Ó mesmo tempo prohibe a tenencia destes animais en condicións inadecuadas.
Prevense igualmente a creación do “Fondo para a Protección de Animais Silvestres e mamíferos Mariños”.
Segundo palabras do senador poñen deste proxecto: “A milenaria actividade circense pode desenrolarse perfectamente sen necesidade de incluír animais para divertir ós espectadores, feito que xa se está impoñendo polos circos máis recoñecidos, especialmente europeos, en cuxos espectáculos demostrouse que se obteñen maiores ganancias cando se incentiva o talento e a creatividade da mostra, sen a necesidade de animais”.
Unha excelente iniciativa, que quixéramos para o noso país, unha España libre na súa totalidade, pero que ben podería iniciarse no territorio galego.
Estes son algúns enlaces web que loitan contra os circos sen animáis:
http://www.circosinanimales.cl/
http://www.angelfire.com/on3/animales/circ.html
http://www.reyson.uni.cc/2007/07/23/no-a-circos-con-animales/
http://www.conciencia-animal.cl/paginas/temas/temas.php?d=29
http://www.animanaturalis.org
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio