25.5.10

PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL – Comisión do Parlamento de Galicia 24-05-2010

Comisión do Parlamento de Galicia para o Plan de Ordenación do Litoral
Sociedade Galega de Historia Natural
Intervención de noso Presidente, Serafín González


TEXTO ÍNTEGRO:

http://www.sghn.org/Actividades_Xeral/SGHN_Comision_Parlamentaria_POL.pdf

RESUMO DA INTERVENCIÓN:

“... A crúa realidade é que, 28 anos despois de asumir as competencias exclusivas sobre ordenación do territorio, Galicia aínda carece dunha ordenación real do territorio... e de todas as rexións do “Espazo Atlántico” da Unión Europea, Galicia é a única que aínda carece dun instrumento de ordenación, protección e xestión do seu espazo costeiro.
... Os erros a corrixir son moi importantes. No caso do ámbito do POL, a día de hoxe a “desordenación do territorio” levounos a ter 11600 puntos de amarre en portos deportivos, 2 aeroportos malos que compiten entre si, 2 portos exteriores separados apenas 17 km e un sinfín de paseos marítimos absurdos que urbanizan espacios naturais da beiramar e que hai que arranxar despois de cada temporal forte. A grave desordenación tamén nos levou a que aínda falten por construir nada menos que 22 das 91 depuradoras necesarias nese territorio e a que persistan 1926 puntos de verteduras, todo o cal ameaza gravemente a riqueza pesqueira e marisqueira do noso litoral. A desordenación urbanística e a falta de respecto á lexislación ambiental tamén nos levou ás recentes sentencias do Tribunal Supremo contra o macrorrelleno do porto de Marín e contra a tramitación da licencia dos depósitos de combustible no de Vilagarcía.

A política dos feitos consumados en moitos concellos, ese tristemente famoso “ti vai facendo” que en realidade era un “ti vai (des)facendo”, no ámbito do POL traduciuse nun caos urbanístico que devoraba o litoral galego ata que a Lei 6/2007... paralizou cautelarmente os desenvolvementos urbanísticos na franxa de 500 m desde a ribeira de mar ata que se elabore o POL.
.. O litoral galego é moito máis que un solar urbanizable, ou que un terreo a encher con infraestruturas enerxéticas, de comunicacións e plantas de acuicultura. O litoral de Galicia forma parte do patrimonio natural, cultural, etnográfico e identitario non só dos galegos, senón de todos os europeos, e como patrimonio común inalienable debemos ordenalo, aproveitalo de xeito sostible e protexelo por enrriba de calquera interese particular.


Por iso, dende a SGHN damos a benvida ó Plan de Ordenación do Litoral non só porque é necesario, senón porque, facendo da necesidade virtude, é en liñas xerais un bo plan... De todolos xeitos, a SGHN discrepa con algúns artículos do POL, considera que outros deberan de mellorarse, bota en falla a inclusión dalgún adicional e considera oportuno facer diversos comentarios sobre outros... a súa principal carencia (é que) ningún artigo fai referencia á imprescindible campaña de reposición da legalidade urbanística... Ademais, á SGHN demanda que o POL establezca con claridade que os hábitats de conservación prioritaria, os denominados Espazos de interese de taxóns e os espazos de interese paisaxístico quedan excluidos do desenvolvemento urbano, turístico e industrial... A SGHN considera preciso que se inclúa unha disposición transitoria que estableza unha moratoria na execución dos PXOM e os plans sectoriais para que se adapten ó POL e ás DOT; senón corremos o risco de que, como os PXOM, dentro de 8 anos os planos sectoriais aínda non se adaptaron.

No caso do Art. 16 considérase moi acertado que para definir os espazos de interese de taxons se teña en conta toda a xeoforma en que aparece a especie, pero ademais da existencia de taxons de Flora Vascular endémicos, vulnerables ou de distribución reducida, debera contemplarse calquera outro taxón incluido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas... Consideramos imprescindible que as medidas de integración paisaxística contempladas nos Art. 54 a 62 se fagan extensivas ós proxectos de concentración parcelaria dentro do ámbito do POL... A moi sensata recomendación do Art. 61 para que nas áreas de actividade industrial e económica a altura da iluminación se sitúe por debaixo das copas das árbores, co obxecto de aproveitar ao máximo a luz, debera estenderse a todas as instalacións de alumeado público.É unha magnífica noticia para o medio litoral galego o modelo de sendeiros peonís contemplado no POL, claramente inspirado no modelo europeo de sendeiros de gran e pequeno percorrido e que sen dúbida algunha son moitísimo máis respectuosos, fermosos, sustentables e baratos que o perxudicial e carísimo modelo de paseos marítimos desenvolvido ata agora.

.. En síntese, a SGHN quere máis que este POL pero sobre todo, deixando ó lado posibles diferencias con outras entidades ou persoas, a SGHN quere como mínimo este POL. E ademais quere que se aplique real e efectivamente canto antes. Dende hai xa 8 anos, no primeiro contacto con cada novo Conselleiro de Medio Ambiente a SGHN só lle fai unha petición: que cumpra e faga cumprir a lexislación ambiental. Congratulámonos de que, dito con outras verbas, ese sexa precisamente un dos dez principios iinspiradores ou obxectivos xerais do POL:

“A transparencia e o respecto, por que sen respecto ás normas e convencións rexionais, nacionais e internacionais democráticamente aprobadas, a convivencia, a paisaxe e o medio ambiente deterióranse, moitas veces de xeito irreversible”. Serafín González

Etiquetas: ,

28.3.10

A MORTE DE TRES TRISTES TIGRES (Panthera tigris tigris)


Algún día se coñecerá que pasou para que tres tigres de Bengala morresen a tiros de armas cortas e cetmes nas Palmas de Gran Canaria o pasado día 23 de marzo. Asasinato impune de tres exemplares dunha especie protexida, valor que non lles serviu para salvarlles as súas vidas e que de entrada tivo unha inicial e rexeitable resposta dos propietarios do zoolóxico: “Es un asunto interno y no tenemos que dar explicaciones”.
Leemos nos diarios: “el propio dueño del zoo, conocedor de las reacciones de los tigres indicó a los guardias civiles que era hora de matarlos como fuera...”, sospeitosa aseveración, cumprida con excesivo celo.


¿Onde quedou a solución máis lóxica e axeitada para esta situación: durmilos mediante dardos?. Atopamos resposta a esta pregunta nos periódicos: “Se abatieron los animales por carecer de un número suficiente de dardos sedantes y por su poca efectividad?. Explicación que serve para facer unha nova pregunta, ¿cómo es posible que un zoolóxico, que ten entre os seus animais varios exemplares do maior felino que existe no planeta, non dispoña dos medios de seguridade precisos para prever esta situación?.
Aclaración dos responsables do zoo: “No es que careciésemos de material para sedar a los tres felinos y devolverlos a su jaula sin tener que abatirlos a tiros, el problema se hubiese convertido en tragedia debido a que un tigre, al notar el impacto del dardo sedante, antes de caer dormido es incontrolable y podría haber escapado con el peligro que eso conlleva; la gravedad se acrecienta tratándose de tres jóvenes y bien alimentados tigres de Bengala. Estamos convencidos que los agentes del SEPRONA, matando a los animales, tomaron la mejor decisión”

Un diario se recrea na morte dos animais, obviando en todo o artigo que se trata dunha especie en situación crítica “hubo un tigre que volvió a ponerse en pie y necesitó ser rematado”.
Desexaríamos que alguén pidese responsabilidades desta actuación, aínda que dubidamos que eso aconteza. O máis probable é que todo quede nun xeito fácil de librarse de tres animais molestos, unha historia dentro da triste vida dos animais utilizados no sucio comercio da explotación, encerrados de por vida e desbotados cando estorban.


De nada lles valeu ós tres tristes tigres que este sexa o ano do tigre e que estemos a falar do Tigre de Bengala (Panthera tigris tigris), especie nominal, un animal do que neste momento quedan en liberdade menos de 2.500 individuos, sumando tódalas poboacións e subespecies. Pódese dicir que esta especie se atopa en grave perigo de extinción e protexida practicamente en tódolos países.
Procede do sur de China onde se chegan a atopar ata oito subespecies diferentes:
Tigre de Bengala (Panthera tigris tigris); Tigre de Indochina (P. tigris corbetti), máis escuro co anterior; Tigre de Sumatra (P. tigris sumatrae), pequeno e con as raias máis xuntas; Tigre siberiano (P. tigris altaica), o máis grande, adaptado a vivir nun clima moi duro e o Tigre da China meridional (P. tigris amoyensis), do que queda unha pequena poboación. Os tres restantes: Tigre de Bali (P.t. balica), Tigre do Caspio (P. t. virgata) e Tigre de Java (P. t. sondaica), xa desapareceron acosados pola caza, velenos, a presión humana e a lamentable utilización de partes do seu corpo na menciña tradicional china.
O territorio de caza do tigre é moi grande, especialmente nos machos. Animais esencialmente solitarios, o encontro entre macho e a femia ocorre no celo e non dura máis de uns poucos días. Destaca desta especie su magnífica vista que unida a un bo oído lle permiten ser un cazador excelente.
Esperemos que episodios como este ocorrido en Canarias e a contínua presión a que se ven sometidos os poucos exemplares en liberdade pola caza furtiva, non rematen coa extinción total dun dos animais máis fermosos do planeta. (Yosy)
-------

Etiquetas: ,

19.1.10

LAGOA DA FROUXEIRA - "Xestión por ensaio e error"

Fronte á
“XESTIÓN POR ENSAIO E ERROR”
da Xunta de Galicia na Frouxeira, a
Sociedade Galega de Historia Natural
pide un estudio multidisciplinar
para a súa restauración.

O recurso reiterado á apertura artificial da canle de desaugamento da Lagoa da Frouxeira con maquinaria pesada, alomenos en dúas ocasión durante o último outono, amosa con claridade a ineficacia destas medidas de ”xestión hidrolóxica” que, actualmente en resposta á presión urbanística, semellan aplicarse en base ó sistema de “ensaio e error”, sexa por parte dos propios operarios da maquinaria ou baixo a supervisión de persoal non cualificado na materia. Ademáis do despilfarro de recursos públicos que supón, a ”xestión hidrolóxica por ensaio e error” debido a motivos urbanísticos é inaceptable nun espazo natural como a Lagoa da Frouxeira que, polos seus sobranceiros valores ambientais, acumula nada menos que 5 figuras legais de protección nacionais e internacionais.
Diversas evidencias indican que as continuas aperturas da canle de desaugamento están a agravar varios procesos de deterioro ambiental da Lagoa da Frouxeira desencadeados no pasado (destrucción da barra dunar pola extracción de area, mala xestión do humidal durante a catástrofe do Prestige, transformación do entorno, etc.), provocando, en definitiva, unha degradación paulatina do ecosistema praia-duna-lagoa con afección ós hábitats e ás especies de conservación prioritaria que motivaron a súa protección legal.
Por estes motivos, a SGHN ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que aborde, urxentemente, un amplo e detallado estudio multidisciplinar que debería:
a) Documentar axeitadamente a situación previa e avalíe os cambios que sufriu o espazo natural da Lagoa e praia da Frouxeira dende mediados do século XX. Esta información é chave para coñecer a batimetría e extensión previa da lagoa, a superficie dos fondos limosos e areosos e a frecuencia, intensidade e duración das conexións naturais da lagoa co mar.
b) Avaliar a situación actual e as medidas precisas para a conservación e restauración do espazo natural da Lagoa e praia da Frouxeira en base a criterios xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, botánicos e faunísticos.
c) Contemplar a implementación de medidas de xestión agroambiental nas terras agrícolas ó carón da lagoa (co pertinente programa de axudas e subvencións ós propietarios).
d) Abordar unha seria ordenación urbanística, que alivie a forte presión que sofre este espazo natural e que contemple a oportuna reposición da legalidade no caso de que houbera violacións da mesma.
Mentres este estudio non estea dispoñible, a SGHN solicitalle á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que non realice novas aperturas da canle de desaugamento da Lagoa da Frouxeira, nin permita que outros organismos ou particulares a realicen.

Xunta Directiva Xeral da SGHN
Santiago de Compostela, a 19 de xaneiro de 2010

Etiquetas: ,

28.4.09

DENUNCIA - Actividade cinexética no sistema dunar de Vilarrube


Etiquetas:

21.4.09

CABALOS con TRANCAS – Un delicto por fin perseguido e castigado


O pasado sábado, a prensa recollía a noticia da detención de dous individuos acusados de maltrato animal, pola colocación de trancas ou cepos de madeira nas patas de cabalos que se atopan en liberdade polos montes de Lousame e Noia (Galicia).
Un delicto felizmente perseguido e penado, que celebramos tras anos de chamadas de atención e denuncias pola nosa parte.
Seguen a chegar nembargante a nosa asociación, fotografías de animais suxeitos de por vida a estes cepos, testemuñas de que se sigue a practicar esta nefasta costume que limita e violenta a súa liberdade.

Invitámosvos a que os acheguedes a un destes lugares onde lamentablemente seguen a manter esta indigna costume e observedes a triste imaxe de escravitude dun animal que naceu para percorrer o monte galego, limitado de tal xeito na súa mobilidade que avanza dificultosamente entre as toxeiras arrastrando nas súas patas unha traba que tan só lle permite avanzar curtos treitos, expoñéndoo a graves lesións nas extremidades e como no ó ataque de calquera depredador, contra o que non xeito de escapar.
Eguas aleitando ás súas crías e arrastrando o peso da madeira e ata grandes machos con ambas patas dianteiras suxeitas a cepos de máis dun metro de lonxitude foron exemplos duros e extremos que nos levaron a iniciar esta campaña contra unha infame costume e que serviron de base para as primeiras denuncias.
Sen dúbida, grazas ó interese tomado polas autoridades tanto policiais como xudiciais, a situación mellorou dende entón, pero aínda xorden episodios como os das fotos.

Animamos a quen se atope cun animal con este sufrimento, denuncie á Garda Civil (SEPRONA) o feito, aportando fotografías e datos dos animais e do lugar, para que non lle quede a ninguén máis na retina a visión do cabalo reducido e na conciencia a impotencia de non impedilo maltrato.
-------

Etiquetas:

30.3.09

ALEGACIÓNS da SGHN ó proxecto sectorial da plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol



Etiquetas:

13.3.09

Premio ás ¡BELAS ARTES!, ou a vergoña toureira

“Y de repente el toro miró hacia mí.
Con la inocencia de todos los animales reflejada en los ojos, pero también con una imploración.
Era la querella contra la injusticia inexplicable, la súplica frente a la innecesaria crueldad”.
Antonio Gala






Foto e texto de Antonio Gala publicados na páxina
http://www.redalternativa.com/noalatauromaquia.htm

O Ministerio de Cultura concede as medallas de Belas Artes dende o ano 1969, primeiro con tres distincións, ouro, prata e bronce para nos anos noventa do século pasado iniciar a entrega dunha única medalla, a de ouro para premiar a creación, a beleza e a difusión da cultura.
Penso que xa son uns seis ou sete os matadores, ou matachíns de touros que recibiron un premio anunciado como premio ás Belas Artes. É evidente que a cousa xa non pode ser un erro do Ministerio, de tan repetido, daríanse conta!.
Chamarlle arte a matar touros tería a chispa dunha broma miserable, se non fora polo seu dramatismo. Unha actividade delictiva que ten que ser rexida e controlada polo Ministerio do Interior, como calquera outro quebrantamento da lei que leva consigo o dano a outros individuos, ¿como é que rematou na mesa do Ministerio de Cultura?. Quizais os rexedores do Ministerio confundiron tortura con cultura.



Neste lado da barreira, eu non vexo arte, nin beleza, nin heroes, senón morte, tortura, ausencia de empatía e medo nos ollos das víctimas, a mesma imaxe repetida en tantos seres humanos que cada día son maltratados, humillados e mortos ó noso redor. ¿Qué diferencia un maltrato doutro?. ¿Quén lle pon a etiqueta de este é reprobable, pero este outro merece unha medalla?.
Que diferencia hai entre a chamada festa taurina e a matanza de outro animal o persoa en calquera parte do mundo. Ou todo consiste en poñerlle un traxe típico da zona e tocarlle a gaita, por poñerlle un exemplo próximo, mentres se clava o coitelo. Eso podería dar ideas a tantos delincuentes que entran e saen nos xulgados no noso País: un disfrace, música canto máis de pandeireta mellor, uns cantos Oles! e por arte de maxia convértese o delicto en arte.
Non é que perda a cabeza é que estou cansa. Un cansazo de toda a miña vida escoitando unha e outra vez as mesmas e contradictorias consideracións do dereito á vida, e esperando dende nena que se cambiase o conto e os papeis de víctima e verdugo. Ver saír por fin ó touro pola porta grande co rabo ben alto e fachendoso. O resto da imaxe vola deixo á vosa imaxinación.
Hoxe sigo a non entender por qué tódolos homes e mulleres de ben, artistas de verdade que recibiron as medallas de ouro ás Belas Artes, non as devolven en protesta porque se considere artista a asasinos e motivo de premio o delicto de matar e ter que compartir con eles un premio denigrante.
Me temo que terei que seguir a soñar cun mundo máis humano e seguir a doerme da crueldade dos demais homes. A sentir vergoña allea, vergoña toureira, de touro sacrificado, vergoña de pisalo mesmo ou próximo solo de aqueles que fan dano e non reciben castigo. Vergoña de que me identifiquen cunha mesma costume sanguenta con disfrace de tradición. Yosy.

Os debuxos que acompañan esta entrada pertencen a páxinas e blogs que comparten con nos a loita por erradicar espectáculos nos que se practica a tortura, como:

Galiciamellorsentouradas.org
Ecologistasenaccion.org
Amnistiaanimal.com
Redalternativa.com/noalatauromaquia.htm
Animanaturalis.org
E outros moitos.

Etiquetas: ,

9.3.09

TOURIÑÁN e a COSTA DA MORTE – Chapapote e rochas

Tras seis anos do desastre acontecido co petroleiro “Prestige”, aínda se poden ver os efectos da marea negra na Costa da Morte, quizais a máis castigada de toda a xeografía galega. Entón as rochas parecían flotar nun mar ruín que se cebaba na terra, hoxe ese mesmo océano non foi aínda quen de liberala tintura pegañenta e contaminante do chapapote. Calas como a da fotografía feita onte mesmo, manteñen como un verniz os cantos tapizados en negro e ulíndoos se mestura neles o cheiro do petróleo confundido co do mar.


Ninguén merece un castigo como este por un pecado descoñecido. O cadáver do Prestige, afundido no Atlántico, a uns 200 quilómetros de Fisterra e estas rochas manchadas ten que facernos recordar que non foi un mal sono e ensinarnos o coidado co que temos que tratar o noso patrimonio natural, único tanto porque é o noso, o único que temos , como polo especial valor que ten o contorno costeiro galego.
A Costa da Morte, tan maltratada, tan ferida por todos, está condenada por algún delicto que descoñezo, de aí o acontecido cando o Prestige e a inutilidade humana lle obsequiou coa caricia da ondada densa, lenta e mortal de centos de toneladas de petróleo.
Son varios xa os intentos de rompela inocencia da terra, como si dun neno se tratara, de pervertela para que deixe de sela costa pura e única. Profanala cunha primeira fenda da que sairán outras moitas que a quebranten deixando para sempre aparcada a súa beleza.
Levantámonos estes días da cama cun agre sabor de boca, de chapapote mal dixerido, coa noticia difundida por case tódolos medios de comunicación anunciando que o novo goberno galego pensa retomar o vello, afastado, aínda que nunca eliminado plan acuícola en Touriñán.
Dí o que vai ser o próximo presidente da Xunta, que entre os seus praceres está o de viaxar e que pensa que coñece case que tódolos pobos de Galicia. Visitou entón vostede a Costa da Morte, asomándose ó miradoiro desa paisaxe dura e implacable de cantís que rematan en escasas caliñas protexidas?. Estivo vostede en Touriñán?. Achegouse naquel novembro de 2002, cando o mar se tinguiu de sangue corrupto, negro e fétido?. Coñecerá entón o padecemento da terra por sobrevivir á especulación, que valora máis os fondos que se obteñen dela que a súa supervivencia. Yosy

Etiquetas: ,

PUBLICADO EN: A Xunta paraliza a carreira de “Aekt Tour-Valdokite” en A Frouxeira


Publicado no diario EL PAIS (6 marzo 2009)

A Delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente denegou o permiso para a celebración desta competición prevista para os días 14 e 15 de marzo. A Xunta, la liña na que a SGHN se pronunciou sobre este asunto, sostén que a competición "é incompatible" coa preservación deste espacio natural e basea a súa negativa en que o sistema dunar que cerca a praia "require protección estricta durante o proceso de nidificación e cría", que se prolonga de marzo a xuño. Medio Ambiente argumenta que a suma de público e participantes supón "unha ameaza" para o entorno e un "factor de perturbación tanto pola contaminación acústica e visual, como polo pisoteo indiscriminado".
Os organizadores do evento fixeron no ano 2007 outro intento frustrado para celebrar o campionato nesta praia e nos próximos días, segundo aclaran, farán o posible para levantar a cancelación.
Temos que engadir que a Demarcación de Costas autoriza este tipo de celebracións en consideración ó artigo 51 da Lei 22/1988 que establece a necesidade de autorización administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre e que estarán suxeitas a previa autorización administrativa as actividades nas que, aínda sen requirir obras ou instalacións de ningún tipo, concorran circunstancias especiais de intensidade, perigosidade ou rendabilidade e asimesmo a ocupación do dominio público marítimo-terrestre con instalacións desmontables ou con bens mobles. No artigo 55 engade dita lei, que as autorizacións poderán ser revocadas pola Administración en calquera momento, cando resulten incompatibles coa normativa aprobada con posterioridade, produzan danos no dominio público, impidan a súa utilización para actividades de maior intereses público o menoscaben o uso público.

Etiquetas:

DENUNCIA-Celebración Tour-Valdokite 2009 na Frouxeira

Etiquetas:

13.2.09

VERQUIDO da planta de BIOCOMBUSTIBLES na Ría de FERROL

NOTA DE PRENSA
DE SGHN, ADEGA E VERDEGAIA

SOBRE O VERQUIDO DO DÍA 8 DE FEBREIRO
NO PORTO EXTERIOR DE FERROL



Ante o verquido que tivo lugar o pasado 8 de Febreiro no Porto Exterior de Ferrol debido ás actividades nas instalacións da empresa Entaban Biocombustibles e que afectou á Ría, os colectivos Sociedade Galega de Historia Natural, Adega e Verdegaia cualifican como tomadura de pelo afirmar, tal e como fixeron os responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol, que os 10.000 litros de aceites vexetais e glicerina vertidos non son contaminantes, xa que cada litro de aceite ten a capacidade de contaminar entre 1.000 e 1 millón de litros de auga, dependendo do tipo de aceite. Os colectivos asinantes esiximos que se expliquen as causas técnicas deste accidente e que o proxecto de instalación e explotación de Entaban se faga público. Reclamamos tamén que a Fiscalía de Medio Ambiente sexa contundente con este tipo de accións, sendo sancionada a empresa e paralizada a súa actividade de non estar garantida a seguridade ambiental.


Son numerosas as consecuencias para a contorna que se derivan da vertedura de aceites: as aves engraxadas sofren dunha perda de capacidade illante no súa plumaxe e poden chegar a morrer por hipotermia de non ser tratadas. Ademais, a impregnación da plumaxe failles perder a flotabilidade e capacidade de voo. As afeccións ao medio mariño comezan dende o momento en que a película de aceite, que rapidamente se espalla podendo acadar milleiros de metros cadrados, reduce o paso de luz e impide o aporte de osíxeno ao ecosistema mariño, coa aparición a medio e longo prazo de sustancias tóxicas derivadas da descomposición dos aceites. Outra das consecuencias atópase na morte do plancto, base da cadea alimentaria.
Hai que lembrar que os efectos contaminantes deste verquido vense agravados polo feito de ser a Ría un sistema moi pechado, e coa construción do dique de abrigo do Porto Exterior reduciuse nun 60% o espacio de entrada e renovación das augas. Xunto a isto, a canle da Ría de Ferrol está incluída na Rede Natura 2000, sendo o Porto Exterior unha infraestrutura descontextualizada en relación á súa contorna, xa que os terreos onde está situado foron expresamente excluídos da Rede Natura 2000 para a construción daquel. Cada litro de aceite, e neste caso foron 10.000 segundo a versión oficial, pode contaminar de 1.000 a 1 millón de litros de agua, polo que é cando menos irresponsable e bota por terra tódalas campañas de concienciación da cidadanía sobre recollida de aceites de cociña usados, afirmar que non contamina.


Os colectivos asinantes queremos saber cales foron as causas técnicas polas que nunha planta de recente construción un só erro humano, segundo a versión oficial, pode provocar un verquido directo ao medio mariño. A cidadanía ten dereito a coñecer, cousa que se nos negou en reiteradas ocasións por parte do Concello de Ferrol, o proxecto de instalación e explotación de Entaban. Queremos saber cales son os medios cos que conta esta empresa para evitar que outra fuga acabe na Ría de Ferrol (“Ao pañol grande”). No caso de non contar coas medidas de seguridade necesarias, como puxo de manifesto este verquido, esiximos a paralización da actividade. Ademais, a Fiscalía de Medio Ambiente debe ser contundente con este tipo de actuacións, sancionando á empresa.
Tamén queremos subliñar o feito de que na dársena de Caneliñas estase a construír outra planta de similares características (Infinita-Renovables) á que o Concello de Ferrol no seu día lle otorgou licenzas de obra incumprindo a Lei de Ordenación Urbanística. Esta segunda instalación multiplicarías as posibles infeccións á Ría.
Ferrol non necesita empresas que, como Entaban, dilapiden seis millóns de euros do diñeiro público nunha factoría que non garante a seguridade ambiental para a nosa Ría e contribúe á destrución das comunidades de onde obtén as materias primas que emprega na produción de biodiesel.

-----

Etiquetas:

11.12.08

ALEGACIÓNS - Munición de chumbo nos humidais galegos



A SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
PIDE MEDIDAS URXENTES E EFECTIVAS CONTRA A CAZA
CON MUNICIÓN DE CHUMBO NOS HUMIDAIS GALEGOS

O chumbo e os seus compostos constitúen un perigoso contaminante, con efectos negativos tanto sobre o estado de conservación do medio ambiente como sobre a saúde humana. Esta circunstancia é especialmente relevante en Galicia, pois as características dos humidais (augas con pH ácedo e contido de minerais moi baixo) fan que o chumbo sexa fácilmente soluble e porque numerosos puntos de captación de auga no medio rural proveñen de humidais ou de acuíferos superficiais recargados anualmente a través da auga acumulada neles. A Ley 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, que ten carácter de lexislación básica estatal sobre protección do medio ambiente de conformidade co disposto no artigo 149.1.23.a da Constitución, prohíbe expresamente a tenza e utilización de munición de chumbo para fins deportivos e recreativos nos humidais incluidos nos espacios da Rede Natura 2000 (Artigo 62. 3.j), sen excepción algunha en canto ó tipo de munición (perdigóns, postas ou balas) e de humidais. A Resolución do 10 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DOG nº 201, de 16-10-2008), pola que se fai pública a listaxe de zonas húmidas de Galicia nas que está prohibida a tenza e o uso de munición que conteña perdigóns de chumbo durante o exercicio da caza, constitúe un grave incumprimento da Ley 42/2007 ó permitir o uso indiscriminado de munición de chumbo nos humidais galegos da Rede Natura 2000 de Galicia en canto:
Só establece a prohibición para a tenza e uso de munición que conte a perdigóns de chumbo, obviando o resto da munición deportiva que contén chumbo, é dicir, as postas e as balas.
Non indica os límites xeográficos dos humidais nos que se establece a prohibición para o uso de "perdigón" de chumbo, o cal impide o cumprimento do disposto na Ley 42/2007.
Exclúe numerosos humidais presentes nos LICs e ZEPAs de Galicia, por exemplo:
A Coruña: as Bra as de Forgoselo (IGH-1110332 con 538 ha, incluido no LIC Xubia – Castro) e a Bra a de Fontans (de 363 ha, incluida no LIC Serra do Careón).
Lugo: tódolos humidais do LIC Serra do Xistral, que está conformado maioritariamente por extensas superficies de humidais de monta a (turbeiras e uceiras húmidas), as Bra as de Monte Ma or (con 1.129 ha) e a meirande parte dos humidais do LIC Os Ancares – O Courel.
Ourense: tódolos humidais do LIC Macizo Central, agás os encoros; do LIC Veiga de Ponteli ares só incluiue a canle do rio Limia e deixa fóra ás lagoas temporais, bra as, turbeiras, uceiras e herbazais húmidos, é dicir a práctica totalidade do LIC.
Pontevedra: diversos humidais existentes no LIC Bra as de Xestoso, (entre eles á Lagoa Sacra de Olives) e a meirande parte da superficie ocupada por humidais no LIC Baixo Mi o, que inclúe o esteiro do Mi o, pois só contempla un humidal de menos de 1 ha.
Por todo elo, a SGHN ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a anulación inmediata da súa Resolución do 10 de outubro de 2008 e o urxente establecemento de medidas efectivas para garantir o cumprimento da Ley 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, no relativo á prohibición da posesión e uso de munición de chumbo (perdigóns, postas e balas) no territorio da Rede Natura 2000 de Galicia, nos Espacios Naturais Protexidos e nos humidais Ramsar.
------------

Etiquetas:

14.11.08

Agresión á Zona Ramsar “Lagoa e Humidal da Frouxeira” (Valdoviño) – 11 novembro 2008

Etiquetas:

4.11.08

Nota de prensa do "FAPAS" sobre A CAZA (3 - Novembro - 2008)

Publicamos a continuación a nota de prensa elaborada polo "Fondo para a Protección dos Animais Salvaxes" (FAPAS) sobre a caza, en relación co incidente dun cazador e unha osa no Pirineo, subscribindo enteiramente o seu texto.

LA CAZA
ES UNA ACTIVIDAD DE ALTO RIESGO

Cada año, mueren en España 24 personas y resultan heridas una media de 2.448 por accidentes de caza.

La polémica desatada en el Valle de Arán tras el incidente surgido entre un cazador y la osa Hvala ha tratado de incriminar a los osos como animales peligrosos para cazadores y ciudadanos en general. Sin embargo, la autentica peligrosidad en las montañas se encuentra en la acción de cazar, según se desprende de las estadísticas de accidentes que se producen en el desarrollo de la actividad cinegética.
Según Mutuasport, la mutua de los cazadores, durante el año 2007 hubo 21 muertos por disparos de caza y 863 heridos, de los cuales 13 quedaron inválidos para siempre por amputaciones o daños oculares. En 2005 se alcanzaron casi los 2000 heridos por accidentes de caza, con 29 inválidos para siempre; en 2002 murieron 23 personas y en 2004, 18. En 5 años hubo 5.263 heridos con casi 200 inválidos para siempre, y decenas de muertos por disparo. La media anual, según la mutua, es la siguiente: 2585 accidentes de caza, con más de 24 muertos por disparo, 2448 heridos con 91 inválidos.
Los accidentes de caza no siempre se producen entre cazadores, también afectan a los ciudadanos en general, como la persona herida por el disparo de un cazador que viajaba en un autobús de línea, o más recientemente, la semana anterior al incidente con Hvala, un cazador mataba a un vecino que trabajaba en sus tierras de cultivo.
Tratar de justificar unos arañazos, como un ataque brutal, tal como ha sido calificado por algunos medios, o de pretender que tras esta acción de la osa Hvala los osos son una amenaza para las personas que utilizan tanto por su trabajo como lúdicamente las montañas pirenaicas, es en comparación con el riesgo que supone la acción de cazar y los resultados de muertos y heridos, una auténtica exageración que oculta la utilización del programa de reintroducción de esta especie en los Pirineos, como arma de lucha política entre sectores enfrentados entre sí.
Lo que realmente es cierto, es que evaluando la situación del oso pardo en Pirineos, la causa clara y contundente de su desaparición, es históricamente la acción directa de la caza y desde que se ha puesto en marcha el programa de recuperación de la especie, el saldo de muertos es claramente favorable al oso
En todos los encuentros entre hombre y osos conocidos en el Pirineo, tanto en la vertiente española como en la francesa, cuando ha habido un muerto, siempre ha sido el oso. El programa de reintroducción comenzó de nuevo en 2006 tras la muerte en 2004 de la osa Canelle por el disparo de un cazador que tras el juicio fue absuelto (era el padre del alcalde del lugar). Pero años atrás también había muerto la osa Melba muerta en otra batida de jabalí. Y posiblemente más osos, hoy desaparecidos, hayan muerto por disparos desde entonces y quizá nunca lo sabremos. Tras la reintroducción de 2006, la osa Franska fue perseguida ilegalmente por los ganaderos franceses; acosada, llegó hasta una carretera donde murió atropellada; entonces se descubrió que también había sido tiroteada días antes. Ya sólo quedan 3 ejemplares de aquella última reintroducción y uno de ellos, Balou, está herido por un disparo en una pata durante una batida al jabalí el pasado 7 de septiembre. Hvala es una de las últimas esperanzas que posibilitan la recuperación del oso en los Pirineos españoles.

Etiquetas: ,

30.10.08

OS OSOS DA DESVENTURA. Oso morto ás portas de Galicia

Atropelado na autopista A-6 á altura de Trabadelo, sentido a Galicia. Non hai indicios de que forzara o valado protector, polo que é posible que entrara por un dos accesos á autovía. É a víctima máis dolorosa da mala xestión das estradas no noso país, nas que non se pon esforzo suficiente para acondicionar pasos para animais salvaxes.
Trázanse liñas que atravesan a paisaxe, feridas abertas que se converten en cárceres para a fauna, por non ampliar o presuposto contemplando máis túneles e máis pasos de fauna.
Foi no quilómetro 417 ou no 418, nos que parece morreu o animal, a súa tumba cando tentaba cruzar dun macizo a outro nesa esperada e desexada expansión do Oso pardo. ¡Tanto tempo e tantos esforzos para conseguir que a terra galega sexa apetecible ó gran mamífero!, o mellor expoñente da nosa fauna que foi esquilmado durante séculos de ignorancia e brutalidade estatal e social.
A impotencia do camioneiro, que veu desolado o resultado do infortunado accidente, o fago meu que tantas veces fago ese camiño despois de xornadas de camiñar polo monte en terras de osos.
Era un macho novo, duns tres anos e 90 quilos de peso. Explorador atrevido de novas e prometedoras terras onde vivir. E case o consegue para a nosa satisfacción por ter finalmente os propios osos, afincados na aterra galega de onde nunca deberon deixar de vivir.
Cruzar León rumbo a Galicia, lles está custando a vida a estes osos viaxeiros. Nesta ocasión foi a mala fortuna que cruzou ó animal co camión na madrugada, pero nun caso anterior aínda moi presente, foron as malas artes dun malnacido, que o esperou agochado no camiño, a pouca distancia da fronteira e lle disparou ata matalo, deixando o corpo abatido na senda. Un cazador, coma sempre, con dereito a matar que nin tan sequera pagou polo que fixo á sociedade, aínda que espero co pague á natureza do xeito que esta lle impoña. Co seu acto, tan asasino como outros castigados coa cárcere, puxo fin ó esforzo da vida por recompoñer as malas artes dos humanos e ó de tantas persoas nobres que están a loitar pola supervivencia dos plantígrados.
Hoxe a tristura invade o bosque galego, porque cada oso que morre é unha parte da nosa identidade a que se perde. Yosy
-----------

Etiquetas: ,

28.10.08

O HOME E O OSO - ¿QUEN? (Noticia de prensa: Oso pardo morde a cazador no Pirineo catalán


Nestes días a prensa está chea de artigos que teñen como protagonista ó encontro entre unha osa e un cazador preto do Vall d’Aran. Todos eles no mesmo sentido estereotipado de animal agresivo ataca a home branco, no que se procura una solución radical que poña ó teimado animal no seu sitio, baixo a bota do home. ¡Quen lle explicou ó animal!, que foi soltado nun espazo alleo e descoñecido para que se buscara a vida e repoboara un lugar no que xamais deberon de deixar de existir osos. Se lles esqueceu ensinarlle antes da solta que o amo é o humano e que nunca tiña que facerlle fronte. Ensinarlle tamén que especies tería ou non que cazar e na zona do monte onde podía vivir e onde non.
As autoridades poñen a guinda desculpando a actitude do oso por si sofre algunha ferida que xustifique o segundo eles, comportamento violento. A propia Xeneralitat pide calma e reflexión para que non se actúe en quente mentres o goberno aranés sinalou que considera prioritaria a seguridade das persoas na montaña "por riba da convivencia cos osos que se puxo en dúbida dun xeito incontestable" engadindo a esixencia da retirada de tódolos exemplares de osos del Val de Arán.
¡Pobre osa víctima da manipulación dos gobernos, que a condenaron a malvivir entre a depredación do home!. Porque ninguén entre tanta redacción culta e responsable, pon en dúbida a actividades dos cazadores e a conveniencia ou non de que campen libremente no territorio común de animais e eses outros humanos que sufrimos con pouca resignación a presenza de humanos con escopetas e dereito a matar ó noso redor.
É unha novidade que un oso ataque a un humano, segundo eles. Afirmación que non quero discutir e nin sequera suscitar, pero o que non é novo é a cantidade de chamémoslle “accidentes” que ocorren cada día entre os matóns que saen ó monte a destruír o que outros tratamos de conservar, sempre co consentimento da Administración, que pon máis esforzo en conceder licencias e protexer a unha importante e potente fracción da sociedade que lles da votos.
Un tema social pendente que levamos nas nosas costas, porque non hai arreos para enfrontarse a el. Empezar a ensinar á poboación a deixar a un lado dunha vez por todas os restos que caracterizan ó home primitivo, que precisa predar para subsistir, nunha sociedade que ten o bocadillo da mesa e a pota chea, polo que a caza xa non é unha necesidade, senón un vicio que nace da agresividade.
Ninguén cuestiona que cada vez que un cazador fere a outro home no monte, haxa que extinguir a todo o que porte armas e por suposto ninguén pide o seu pescozo, a pesar de que os cazadores non están en extinción. ¿Cando crearemos homes xustos que dediquen o seu tempo a coidar da súa familia e do seu entorno e non asasinos con licencia?.
Ante toda esta movida, non deixo de sentirme na pel do plantígrado, camiñando polos montes nos que o confinaron á forza, agochado trala vexetación mentres escoita os movementos dos homes e os disparos. ¿Cal é a terra prometida para un oso?. ¿De quen é a terra se non é de todos?. De quen ten as armas e o dereito de vida dos outros. ¿Poderíamos legalmente discutirlle que se revolva contra a inxusta realidade, ó que segue a ser o rei das montañas?. O osa camiña cara a ningunha parte nun territorio comprado e ocupado. O home grita e logo a loucura en quen foi masacrado e perseguido e que finalmente se revolve contra o inimigo. Non é a primeira vez nin será a última. Noutros territorios con máis presenza de osos non é alleo o conflicto e ata a confrontación física, pero se asume como un risco máis da vida diaria e nin tan sequera sae á luz nos medios. Cando no Pirineo se extinguiu o oso se fixo a conciencia, pechándolle a porta a toda posible reinserción. Non se explica doutro xeito ante a movida ocasionada no incidente co cazador, alguén que está a realizar unha actividade violenta que implica unha mesma resposta do medio. ¿O é que cando sae ó monte cada un destes homes armados non pensa que pode ter un incidente cun porco bravo, cun cervo ou calquera outro animal que vai ser a súa víctima?.
Dubido da atribuída “honradez” do home escopetado, que deixou seguir o camiño do oso. Na súa cabeza xa se viu co morto ás costas, presumindo da captura dun oso. ¡O cazador que se sinte vivo e forte coas mans manchadas de sangue!. E quen no recorda a outro vello político coñecido en todos os cotos, que refuxiaba as súas carencias no fogo da escopeta. Xa retirado, aínda mo recordan enchéndome de vergoña, cando saben a miña orixe galega en Palencia, Cantabria ou calquera outra comunidade onde o político paseou a escopeta.
Os osos, eternos inimigos do poder na historia, que disfrazou nomes de pobos e comunidades para ocultar o seu medo ó plantígrado, a quen identificou co maligno, foi ó longo da historia ese ser controvertido e poderoso que nembargante conviviu cos humanos, observándoos e, ¡quen sabe!, adiviñando a natureza, as veces indigna, outras magnífica do ser humano.
Estiven máis dunha vez preto dun oso en liberdade. Durmindo no monte no seu territorio e sentíndoo camiñar moi cerquiña do recuncho no que estaba deitada, indefensa na noite escura. Sentín medo ante a súa forza, pero tamén orgullo de compartir en paz a terra de todos con este grandioso animal, que si quixera, dunha soa gadoupada, podía arrincarme a cabeza. Consciente disto e coas experiencias vividas no monte, podo dicir que as pequenas lesións que sufriu un dos protagonistas do incidente do Pirineo, armado para matar, son unha anécdota territorial, que son merece o nome de agresión. Yosy
-------------

Etiquetas: ,

8.8.08

“Juegos Olímpicos de Pekin” – A outra realidade – (8 agosto 2008)

Hoxe comezan os Xogos Olímpicos de Pekín, cun transfondo de protestas contra a ausencia de dereitos humanos no enorme e aínda descoñecido país organizador. Manifestacións que nada teñen que ver co acontecemento que se vai a iniciar, un dos mellores expoñentes da calidade e dignidade do ser humano, nin coas persoas que van a deixar a pel nos eventos deportivos.
Pero non se pode obviar a realidade política e social do país organizador, precisamente nesa convocatoria que fai para acoller ó resto dos Estados. Non se pode, nin debe, durmitar as conciencias mentres duren os xogos, como si fose a tregua do Nadal dunha guerra inacabable. Temos que apoiar ós deportistas e disfrutar do seu esforzo, pero tamén temos que espertar as conciencias e defender a dignidade da vida.



E non falamos só da vida humana, senón de “vida” en toda a súa globalidade. As barbaridades que se cometen en China contra a vida e os dereitos dos seres vivos son cotiáns. É por elo que recollemos a bandeira que nos ofrece a todos “ANIMANATURALIS” desde a súa páxina web (animanaturalis.org), para achegarnos a esa triste e rexeitable realidade: abuso dos animais na industria china da pel, a venta de carne de can e gato como alimento exótico e as granxas de bilis de oso e tigre para uso da menciña tradicional, son algúns dos moitos horrores que existen nesa parte do mundo, xa que nese país non existe ningunha lei de protección animal, algo que non estraña si temos en conta que non a hai tampouco para protexer ós homes.
A explotación dos nosos compañeiros de viaxe pola vida depende da falta de escrúpulos duns e dos requirimentos do mercado.“ANIMANATURALIS” pon algúns exemplos desta situación, como o acontecido no verán do 2006 cando a morte de 16 persoas por un brote de rabio, motivou cás autoridades sanitarias chinas ordenaran a matanza de 54.000 cans durante cinco días, nos que os animais foron arrebatados ós seus donos e mortos a paos, descargas eléctricas ou enterrados vivos.


PELES: Cando nos atopemos cun artigo de pel de procedencia china, temos que pensar en que o 25% - 30% da pel producida nese país, ven de animais salvaxes e dun 70-75% de animais criados en catividades, en granxas creadas nos derradeiros dez anos con cans, gatos, raposos, visones, mapaches e coellos. Granxas situadas na súa maioría ó norte de China, con clima moi frío para favorecer a calidade do pelo. Nútrense ademais, con cans e gatos que proveñen de incautacións. Tan xeneralizado está nestes momentos este comportamento que nos mercados se expoñen á venta as pelexas de cans e gatos mortos por particulares, que os ofertan como si fosen mazás.
Investigadores de asociación protectoras de animais puideron atopar cans vivos encerrados en habitacións minúsculas e en pleno inverno, as veces en completa escuridade, sen auga, nin comida, rodeados doutros cans mortos e colgados en ganchos. Para proporcionar carne fresca os cans métense en sacos, como si fosen mercancía inerte coas patas suxeitas por arame e se transportan ós matadoiros para manter a demanda dos restaurantes. O carniceiro vai matando ós animais segundo as necesidades.
Nas granxas de gatos, os animais son aforcados ou colgados dun cable mentres se lles introduce auga cunha mangueira ata que se afogan, quitándolles a pel a continuación e sen comprobar si están mortos, para conseguir unha pelexa dunha soa peza.
Todas estas peles se poden atopar nas coleccións de roupa que atopamos nos famosos “chinos” e especialmente en monecos de peluche que simulan cans e gatos durmindo placidamente, tamén en cintos, bolsos, carteiras... China é o provedor da metade das pezas de peles que se venden en Estados Unidos, aínda que nas súas etiquetas se lea que proceden de Europa, os animais e as súas peles proveñen de China. Vexamos esta realidade cando teñamos nas nosas mans productos desta orixe.

BILIS DE OSO: Os osos son os únicos mamíferos que producen unha gran cantidade de ácido ursodesoxicólico (ácido biliar) que se utiliza na menciña tradicional asiática desde fai máis de 3.000 anos polos seus supostos efectos curativos contra a impotencia sexual entre outros males. Esta menciña é a orixe da persecución que secularmente sufriron os ósos nalgúns países como China, Corea e Vietnam e que foi a causa directa da delicada situación actual de moitas das oito especies de ós que se atopan por esa parte do mundo. Apremiados por esta realidade, desde os últimos vinte anos se ven adaptando o sistema de “granxas biliares”.
Nestas granxas, os osos viven en pequenas gaiolas alongadas, onde permanecen recostados e sen posibilidades de modificar a postura para facilitar a extracción de bilis, cuncha ciruxía sen anestesia na que se lles implante un tubo de ferro no abdome, de goteo libre. Moitos osos morren polas infeccións causadas por esta “ciruxía”, pero podemos imaxinar a situación que padecen e na que permanecen mentres viven, aqueles animais que sobreviven, nunha tortura que lles causa dano físico e psicolóxico insufrible.
A especies que máis ven a padecer estas manipulacións é o Oso negro asiático, o coñecido como “Oso luna” ó que xa dedicamos o noso interese cando se atopou na nosa Comunidade un exemplar proceden dun circo, morto e rexeitado na cuneta dunha estrada. Pero as irregularidades dos circos cos animais é outro sucio tema, do que poderíamos falar longo e profundamente.


ÓSOS DE TIGRES: Moi parecido a o tema anterior, pero neste caso a parte máis demandada son os ósos, que segundo a menciña tradicional “elimina a humidade e dispersa a enerxía fría do corpo” ademais doutras supostas propiedades.
Este comercio está prohibido, nembargante como a demanda de ósos seguía a ser moi alta, se iniciou a cría de tigres en granxas, baixo o disfrace de cría para soltar en liberdade. Estamos a falar de 5.000 tigres en catividade, dos que se utilizan ósos, carne e pel.


E ante este triste panorama, a pregunta é ¿que podemos facer os insignificantes humanos que aínda temos conciencia?. Pois pouco para erradicar estas malas practicas, xa que a resposta a ten , coma sempre os políticos e os gobernos dos países que se chaman “civilizados e adiantados”, pero aínda sabendo isto, hai van algún consellos:

---- Non comprar productos fabricados en pel de orixe chino. Recordando os gatiños deitados na cesta fabricados coa propia pel do gato.

---- Podemos escribir ó Comité Olímpico, expoñendo esta realidade e a nosa preocupación, algo que probablemente xa coñecen:
Dirección:
correo@coe.es

-----E podemos escribir á embaixada de China:
http://www.embajadachina.es/
C/ Arturo Soria, 113 – 28043 Madrid


Dirección electrónica:

chinaemb-es@mfa.gov.cn

yosy (agosto 2008 --------------

Etiquetas: ,

7.8.08

CIRCO SEN ANIMAIS- Iniciativas de Chile y Colombia – (Agosto 2008)

Despois da grata noticia da ordenanza municipal aprobada polo Alcalde de Santiago (Chile), Raúl Alcaíno, que prohibe a realización de espectáculos que inclúen a participación de animais salvaxes ou domésticos, quixéramos desde estas páxinas celebrar o proxecto que se presentou no senado colombiana, para a prohibición da presentación e tenencia de animais silvestres e mamíferos mariños nos circos e espectáculos públicos, aplicable a todo o territorio colombiano, que impediría ademais cos alcaldes expedisen licencias para espectáculos con animais en todo o país.


O proxecto di, no seu artigo primeiro que se prohibirá a tenencia, presentación, utilización ou explotación de tódolos animais da fauna silvestre, ou amansados, criados ou non. Ó mesmo tempo prohibe a tenencia destes animais en condicións inadecuadas.
Prevense igualmente a creación do “Fondo para a Protección de Animais Silvestres e mamíferos Mariños”.
Segundo palabras do senador poñen deste proxecto:
“A milenaria actividade circense pode desenrolarse perfectamente sen necesidade de incluír animais para divertir ós espectadores, feito que xa se está impoñendo polos circos máis recoñecidos, especialmente europeos, en cuxos espectáculos demostrouse que se obteñen maiores ganancias cando se incentiva o talento e a creatividade da mostra, sen a necesidade de animais”.
Unha excelente iniciativa, que quixéramos para o noso país, unha España libre na súa totalidade, pero que ben podería iniciarse no territorio galego.

Estes son algúns enlaces web que loitan contra os circos sen animáis:

http://www.circosinanimales.cl/
http://www.angelfire.com/on3/animales/circ.html
http://www.reyson.uni.cc/2007/07/23/no-a-circos-con-animales/
http://www.conciencia-animal.cl/paginas/temas/temas.php?d=29
http://www.animanaturalis.org

Etiquetas:

4.7.08

PUBLICADO EN... “El Eume, el pH, el reo y...” (La Voz de Galicia) – Xuño 2008


Son moitas as noticias que día a día chegan relacionadas co Río Eume e os desgraciados sucesos que están a acontecer, nada estraño se temos en conta a cantidade de agresións que este ecosistema natural de gran valor está a sufrir de cotío, moitas delas denunciadas pola SGHN e por outros grupos naturalistas e ecoloxistas en varias ocasións.
A actualidade está repleta de informacións, moitas delas autorizadas e ligadas á Administración, que nos insisten que o que vai ser o gran lago de As Pontes se está a encher xa, dunha forma directa nestes momentos coa auga do Eume. ¿Que ten que ver esta afirmación, se é certa, co estado actual do Eume?. ¡Quén o sabe!. Parece que ninguén.
O tema é moi preocupante e delicado e existen varias liñas de opinión entre técnicos e científicos autorizados que tentan explicar este desastre que está a sufrir o río, máis se cabe por tratarse do Eume. O tema vai para longo e teremos moito tempo por diante para dar forma a esta morte anunciada. Hoxe, destacamos este articulo firmado por Senén Paz Abuín e publicado no diario “La Voz de Galicia”:

“No me gusta escribir sobre un determinado tema si considero que no estoy suficientemente documentado, pero también es cierto, al menos hasta donde mis recuerdos de religión alcanzan, que las obras de misericordia nos invitan a dar de beber al sediento, dar de comer al hambriento y … enseñar al que no sabe.
Que yo sepa, la Administración no está excluida de un razonable cumplimiento de estos preceptos, por tanto y en mi condición de ciudadano votante de esta comunidad, les haré tres preguntas, con un denominador común: ¿qué efecto tiene una elevada acidez mantenida en un largo tramo del río Eume sobre la flora y la fauna del río, sobre el hormigón de la presa de Capela y en la disolución de compuestos o elementos químicos (por ejemplo metales) que a determinadas concentraciones pueden no ser aptos para el consumo humano si se insertan en la cadena alimentaria?.
Intuyo, en parte gracias a la nula información que le están facilitando al pueblo (ni siquiera sabemos el origen del bajo pH), que el marronazo que tiene encima de la mesa la Administración con este tema es indigerible. La pasada semana me acerqué al Eume (coto de Ombre) y tomé muestras de agua en diferentes puntos (desde Caaveiro hasta la Alameda) para algunas determinaciones analíticas, y ciertamente el valor de pH próximo a cinco es coincidente con otras informaciones, si bien disminuye a medida que ascendemos desde aproximadamente 5 en la Alameda hasta 4,6 en Caaveiro (cabe recordar que a pesar de su aparente inocencia numérica, la escala de pH tiene una profunda incidencia sobre el valor de la medida que representa. Por ejemplo, un pH 6, significa que la acidez es diez veces superior al agua pura o neutra (pH 7); pH5, cien veces superior; pH 4, mil veces, y así sucesivamente).
El domingo día 22 me fui a tomar una muestra de agua al río del Chamoselo a su paso por As Pontes, a unos 50 metros de la desembocadura en el Eume: ¡qué horror! pH 3,1. Habida cuenta del importante caudal del río, especialmente tras el reciente período lluvioso, el tiempo que lleva en estas condiciones (según mis informaciones, varios meses) y asumiendo que sea el único aporte de ácido al Eume, me pregunto ¿cuántos millones de litros, tendremos en stock en el embalse de Capela con valores de pH, presumiblemente variables en función de la profundidad, incompatibles con casi todo aquello que nos preocupa?.
Quiero pensar que afirmaciones que voy leyendo, aunque atribuibles, no pertenezcan a la Administración. No podemos seguir oyendo que las truchas no mueren (algo que según mis informaciones es rotundamente falso), que el cambio de medio y/o de pH favorece la aparición de enfermedades oportunistas, que no existe ninguna relación entre As Pontes y la mortandad de reos, que si el efecto decantador del embalse (¿nos pueden explicar en qué se traduce?; por favor, cuantifiquen).
Señores, la realidad es como sigue. Un importante curso de agua, el río Eume, atraviesa un parque natural con un pH próximo a cinco, lo que supone una acidez cien veces superior a la del agua pura y de origen desconocido. Se está produciendo una elevada mortandad de reos (yo creo que la práctica totalidad de los reos que entran mueren al cabo de poco tiempo) y desconocemos todos los aspectos toxicológicos. La Administración tiene la obligación de ofrecernos una información fiable de los hechos y un plan de actuación. Esperamos su respuesta". (Senén Paz Abuin)

Etiquetas:

30.6.08

A IMAXE AGOCHADA – O fútbol de onte - (29 de xuño de 2008)


Mentres se estaba a celebrar o partido de fútbol de onte, as televisións que non ficharon pola retransmisión dedicábanse a percorrer a península, nunha noite de exaltación patria, onde polo que parece, todos aparcaron as súas crenzas políticas e diferencias ideolóxicas para erixirse en fogosos defensores da bandeira nacional e das súas cores, que non do deporte no seu amplo significado.
Eche moi difícil sobrevivir neste mundo cando non se é afeccionada a o fútbol e case que unha non se decatara do evento se non fora polos medios de comunicación, que dun pantallazo deciden que a noticia do día é o xogo da pelota.
Así que é difícil non decatarse dicía que este é un campionato no que a selección de aquí chegou ata a final. Pois ben, nesa toma de contacto que as televisións fan co desenrolo do partido, amosábanse diferentes concentracións de afeccionados a todo o longo do Estado, agora unidos por unha pelota.
O fervor vai crecendo á par cos ánimos e a algúns periodistas vailles fallando as neuronas ou o xuízo.
E digo isto, porque nunha destas retransmisión (Antena 3 era a cadea e Burgos a capital) aparece unha praza de touros, onde mentres se daba morte a un touro, que no momento da conexión ficaba tremente e cheo de sangue, a xente celebraba a gritos o gol da selección, indiferente a o corpo que se estremecía ata caer. Nenos incluídos.
Unha xa non sabe como fuxir la inmisericordia humana, que ataca ata nos momentos máis inconcibibles. Así que apaguei a televisión xa definitivamente e busquei acomodo na cama, tentando que co peche dos ollos se borraran as duras imaxes da miña cabeza nas que se mesturaban as risas dos nenos no pano de fondo da morte dun animal.
---------

Etiquetas: