31.12.07

COUREL. Unha triste imaxe para rematalo ano – (31 decembro 2007)

Preto de Folgoso do Courel se atopa esta mina a ceo aberto. Non é a primeira vez que a vemos, nin que desde a SGH falamos da súa existencia, que calificamos de lamentable, pero hoxe é o derradeiro día do ano 2007 e queremos, con esta imaxe, chama-la atención unha vez máis sobre a protección e coidado que Courel precisa e merece. Desexamos para este ano que comeza, que o goberno autonómico da nosa Comunidade tome conciencia desa necesidade e inicie os mecanismos precisos para que imaxes coma esta non se repitan, poñendo fin e as barbaridades existentes.






Etiquetas:

28.12.07

Colaboración no dominical "NORDESIA" (Diario de Ferrol) - (23 decembro 2007)

Artigo: "FOCA LEOPARDO"
Texto: Yosy
Fotos: Javier Cristobo

Etiquetas:

27.12.07

PLANTA BIODIESEL - Rexeitamento á concesión da licencia de obra á empresa "Infinita Renovables"

Etiquetas:

A SGHN-FERROL DEMANDA UNHA MORATORIA PARA O TRANSVASE DO EUME CARA O OCO DA MINA DE AS PONTES – (26 decembro 2007)


A Delegación de Ferrol da SGHN demanda da Consellería de Medio Ambiente unha moratoria para o comezo do transvase da auga do río Eume ao oco da Mina de As Pontes. Os baixos índices pluviométricos deste outono deixaron os caudais dos nosos ríos en niveis alarmantemente baixos, e nesta situación é evidente que non se podería respectar o caudal ecolóxico do río Eume, de seguir as previsións de enchido propostas no documento “Pronóstico sobre la calidad del agua final de As Pontes durante la fase de llenado”, que forma parte do proxecto presentado por ENDESA GENERACIÓN S.A.

Por outra banda, de non seguirse estas previsións, non se cumprirían os obxectivos perseguidos en canto ao volume de cargas ao final do enchido, que xa amosaban de partida serias dúbidas en canto á súa viabilidade para acadar unha calidade de auga do lago final aceptable.

As administracións competentes deberían reflexionar sobre esta cuestión, xa que unha vez enchido o oco, ENDESA desentenderase da xestión do espazo resultante, e dos posibles problemas que nel se xeren, quedando toda a responsabilidade para a administración autonómica, que deberá responder dos danos producidos no ambiente e nos bens públicos e privados.
------

Etiquetas: ,

SAÍDA de iniciación aos CENSOS de Aves invernantes – (22 decembro 2007)




Etiquetas:

23.12.07

CEMMA e SGHN - ¡Moitos anos xuntos!

Etiquetas:

BALEA XIBARTE (Megaptera novaeangliae) – Un pequeno respiro na loita pola súa supervivencia – (21 decembro 2007)


Corenta anos de tregua, nos que os xaponeses acataron “daquel xeito” a moratoria imposta pola Comisión Baleeira Internacional, ante la case extinción da Balea Xibarte, a fermosa balea que fai uns poucos anos poidemos contemplar “danzando” na Ría de Vilagarcía, espectáculo que congregou a centos de persoas cada día, atentos a cada un dos seus movementos. Afigura que se deixaba deslizar preto do peirao, case deixándose tocar mentres unha multitude asombrada a observaba é unha das especies que suscitan máis interese polos turistas e que xenera unha industria de millóns de dolares.

Este ano, o goberno xaponés deicidiu reiniciar a cactura desta especie, alegando “fins científicos”, cunha previsión de 50 exemplares masacrados, decisión que causou a protesta de moitos países e de grupos ecoloxístas, encabezados por Greenpeace, quen envío un dos seus barcos a interproñerse entre a flota baleeira xaponesa e os animais.

Nestes últimos días o goberno de Australia anunciou a intención de enviar barcos patrulleiros e avións de observación á zona de caza para demostrar a inexistencia de fins científicos nestas matanzas.

Ante a presión internacional, Xapón comunica finalmente que suspende a caza das BALEAS XIBARTES mentres se renegocia a reforma da Comisión Baleeira Internacional, se ben continuará con as previstas matanzas de 850 BALEAS ALIBRANCAS (Minke Whale) e 50 RORCUAIS COMÚNS (Fin Whale).

Moitos animais que aínda esconden maiores cifras masacrados na clandestinidade. Non podemos obviar que se fala tan só de grandes animáis (10 e 27 metros de lonxitude) e non se dín os miles de caldeiróns, golfiños, candorcas e zifios entre outros que son masacrados en estas e outras campañas. Así que a satisfacción que sen dúbida nos causa o pequeno respiro dado ás Xibartes, queda minimizada pola escasa resposta xaponesa, que non está disposta a abandonar a caza de cetáceos e sobre todo pola pouco efectiva presión internacional para impedilo.

---------------

Etiquetas: ,

CETACEOS: Dúas boas resolucións lexislativas - (21 decembro 2007)


http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=indilex&id=2007/21974&txtlen=1224

Trátase a primeira dun convenio entre o Ministerio de Defensa e o de Medio Ambiente, polo que a Armada non utilizará sonares de alta potencia nun radio de 90 quilómetros en torno ás Illas Canarias, co fin de protexer aos cetáceos e seguindo os consellos dictados polo Parlamento Europeo.

Este convenio vixente ata decembro de 2009, coa posibilidade de prórrogas, promoverá ademais estudios anatómicos, patolóxicos, fisiolóxicos e acústicos dos cetáceos.

Unha moi boa iniciativa, pioneira en Europa.

A segunda decisión lexislativa é un decreto aprobado o día 21 de decembro e que protexe aos cetáceos do impacto negativo que xeran algunhas actividades humanas sobre estes animais e o seu hábitat.

Se refire especialmente á observación de cetáceos e as normas que se deberán cumprir para non molestalos ou danalos.

Determinarase ata tres zonas de protección: unha zona de exclusión de 60 metros, outra de permanencia restrinxida de 300 metros e finalmente unha zona de aproximación de 500 metros. Fala tamén o texto lexislativo do espacio protexido en profundidade, fixándose en 60 metros e do espacio en altitude con 500 metros.

Se fixan do mesmo xeito prohibicións como alimentar a os animais, o contacto físico, impedimento dos seus movementos, dispersión de grupos, o baño ou mergullo xunto a eles e a producción de ruídos, para o que se limita a velocidade en catro nós máximo, no espazo protexido indicado.

----

Etiquetas:

¡CASTORES no Río Ebro! – (Decembro 2007)


Se descoñece de quen partiu a iniciativa de ceibar castores no Río Ebro, no seu paso polas comunidades de A Rioja e Navarra. Descoñécese tamén de que especie se trata: a Castor canadensis ou a Castor fiber. Estamos a falar do segundo maior roedor do mundo, magnificamente dotado para vivir no medio acuático. Animais, que como xa manifestaron nun comunicado “Ecoloxistas en Acción”, entraron ilegalmente no noso país, carentes de permisos e certificados sanitarios e foron liberados nun lugar alleo a súa bioloxía, que xamais rexistrou poboacións de estes animais.Se repasamos as características dos castores, o primeiro que nos vai chamar a atención é a súa gran capacidade para alternar as zonas onde vive no seu beneficio. Acumulan troncos, pedras, lama e calquera outro residuo que lles permita facer o seu refuxio. Capaces de talar árbores en abundancia, para o que contan cuns incisivos, moi longos e de crecemento continuo durante toda a súa vida, e axudándose cos potentes músculos meseteiros.As árbores cortadas son transportadas durante longos tramos por medio de canais de ata un metro de profundidade e máis de un de anchura, que estes animais fabrican.Non é difícil imaxinar as nefastas consecuencias que a introducción destes animais terá no hábitat, variadas e que afectarán tanto á fauna autóctona existente, como á flora e ao propio ritmo natural do río.

------

Etiquetas: ,

20.12.07

Quén lle pon límite ao EUCALIPTO? – DONIÑOS réquiem pola terra – (Decembro 2007)

Nos últimos días a prensa facíase eco da preparación dunha nova ordenanza polo Concello de Ferrol, pola que se regularán as actividades nos terreos forestais do municipio, coa intención de limitar a plantación de árbores foráneas, en especial de eucaliptos. Un texto legal, previsto para o ano que ven, que establecerá entre outras, que as novas plantacións de máis de cinco hectáreas de masa continúa estarán prohibidas en terreos ocupados con árbores autóctonas e en calquera caso terán que solicitar autorización expresa. Na ordenanza, e como defensa contra os incendios forestais, se regulará tamén a distancia entre as plantacións de eucaliptos e as vivendas, establecéndose 50 metros.
Moitos de nos esperaremos con impaciencia a aprobación desta normativa e a súa posta en funcionamento, coa certeza de que por cada día que pase o monte da comarca sen protección, haberá unha morea de árbores autóctonos que desaparecerán e no seu lugar como pelos do demo, en ringleiras ordenadas, aparecerán os novos plantóns de eucaliptos froito da cobiza e da ignorancia. Aínda existe pois esperanza para moitos puntos do noso entorno que se foron degradando nos últimos anos. Cadaquén podería amosar un exemplo preto da súa sensibilidade. Eu os invito a que os acheguedes a Doniños e botedes unha ollada dende o alto de Balón cara ao mar e que entoedes un réquiem ante o cadáver presente.

DONIÑOS

¡O DESASTRE!







Etiquetas: ,

19.12.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (16 decembro 2007)

Artigo: "LOUREIRO"
Texto e fotos: Yos

Etiquetas:

15.12.07

O LOBO – Outra vítima do home


FOTO realizada por Juan Sagardía Pradera e publicada en www.fotonatura.org

Quixéramos que esta foto fose dun lobo vivo, pero esta imaxe é o fiel reflexo do que sucede con moita frecuencia nos nosos montes e do que seguirá a acontecer mentres quen fai a lei e quen ten a obriga de facer cumprila non decidan poñerlle fin. Pero o diñeiro, o poder e as armas camiñan xuntos. ¿Por qué senón, non hai ninguén que se atreva a poñerlle fin ás desfeitas dos cazadores?.
Neste enlace podedes coñecer a lamentable historia de este lobo:
http://www.fotonatura.org/galerias/masvisitas/192420/

Etiquetas: ,

Recollida de firmas polos DEREITOS DOS ANIMAIS e CONTRA AS CORRIDAS DE TOUROS – (Decembro 2007)


No Congreso dos Deputados o 18 de outubro de 2007, elaborouse un manifesto a favor do recoñecemento dos dereitos dos animais e a abolición das corridas de touros en España, cuxo texto reproducimos neste blog xa que cremos que todos os esforzos son poucos para conseguir que este sexa un país onde se respecten os dereitos de tódolos seres vivos.
Tedes máis información na páxina:
http://www.verdes.es/


e podedes firmar en apoio desta reivindicación, acudindo á páxina:
http://www.firmasonline.com/1Firmas/camp1.asp?C=982


OS DEREIROS DOS ANIMAIS – MANIFIESTO:

“Os animais foron considerados, ata agora, como obxecto o xoguetes, negándolles calquera semellanza con nos. Elo débese ao noso “fascismo” de especie, que concibe ao ser humano en guerra permanente de explotación e extermino por riba do resto dos seres vivos, converténdoos en inferiores a nos e representándoos como seres que non sofren.
O intento de crear unha xerarquía entre os seres vivos non só nos levou á separación radical entre animais e humanos, senón tamén a clasificar, de xeito excluinte, entre os mesmos seres humanos, por razón de xénero, etnia, clase social, ou discapacidade. E o que a conciencia e a ética ecolóxica planéanos é, precisamente, o contrario: que a cooperación da biodiversidade de especies é o que fai posible que a vida, e en concreto a da nosa especie, exista. Excluírnos e crear esta oposición entre especies é o que levou á crise ecolóxica e á posta en perigo da nosa propia subsistencia como individuos humanos. Non hai ningunha contradicción entre os intereses de subsistencia das especies entre si, senón só entre individuos dalgunhas especies.
Somos parte dun continuo biolóxico e evolutivo e, polo tanto, non existe ningún abismo ontolóxico entre a especie humana e as restantes especies. Se consideramos que a natureza, toda, incluídos os animais, está aí como cosa dispoñible, para que fagamos con ela o que a o noso capricho se lle antolle, entón asentámonos por riba da base ideolóxica que conduciu á crise ecolóxica do planeta. Non se pode pensar que existe un abismo insuperable entre animalidade e humanidade. Non se pode negar a fraternidade entre humanos e o resto da comunidade biótica. Os seres vivos que nos acompañan na nosa aventura, no planeta Terra, teñen dereito a existir e a facelo dignamente. A crise ecolóxica amosounos ata que nivel a coexistencia solidaria de tódalas especies é un requisito fundamental para a nosa propia supervivencia, en harmonía. É a separación radical entre os seres humanos e os animais o que conduciu ao calello sen saída do cambio climático, a extinción masiva de especies ou a feroz destrucción de bosques e espazos naturais. A ética ecolóxica ábrenos unha nova visión da dor e do sufrimento, que permaneceu pechada durante moito tempo, para gran parte da humanidade. Os animais senten e sofren e, por elo, teñen que ser suxeitos de dereitos.
A gran diferencia que introduce o recoñecemento destes dereitos, con respecto á loita común polos dereitos humanos, é que amplía a nosa comunidade moral e xera unha nova fraternidade indo máis aló dos límites da nosa especie. Este é o reto do novo cosmopolitismo. Unha nova fraternidade é necesaria para abordar os retos da sociedade do futuro. E nesa nova fraternidade globalizada, o respecto e recoñecemento dos dereitos dos animais ten que xogar un papel central. A introducción dos seres vivos na comunidade moral dos dereitos supón un signo máis de civilización, seguindo a tendencia a expandir o núcleo orixinal dos dereitos. Moitos non comprenden esta proposta, pero tamén moitos non comprendían aos abolicionistas da escravitude, ou á sufraxistas do movemento feminista.
En España, o baleiro legal no recoñecemento dos dereitos dos animais é tan amplo como o conxunto de prácticas rituais e industriais que implican morte, tortura e maltrato animal. Lanzar cabras desde campanarios; acender bolas de fogo nos cornos dos touros, ata a súa desesperación, o alancealos durante horas ata a morte; colgar a galgos polo pescozo, deixando que rocen o solo cos pes, para prolongar a súa agonía; pelexas de galos o amoreamento de animais para o comercio, son só uns poucos exemplos das crueis prácticas da nosa sociedade e tamén da nosa “cultura”; as festas “populares” españolas.
Mención aparte merece a mal chamada “Festa nacional”. As corridas de touros son unha representación cruel e violenta –que implica o maltrato público, a morte e tortura dun mamífero, convertida en espectáculo- , polo que debe desaparecer do horizonte do ético e legalmente aceptable no noso pais. Ningunha sensibilidade minimamente progresista e compasiva pode disfrutar coa tortura pública dun animal.
É inadmisible intentar lexitimar esta práctica, con argumentos como a tradición ou o estético, nunha sociedade moderna, pluralista e democrática. Ninguén, en ningunha outra situación, admitiría có pracer estético ou a tradición son fontes de lexitimación de accións que danan gravemente a outro. Polo que tampouco é admisible que, con estes “argumentos”, se tente xustificar o dano a un animal. Nin a tradición nin o arte lexitiman moralmente. Como tampouco o fai o pretexto de conservar ao “touro bravo”. Os touros bravos non son unha especie, ao sumo son unha raza, e poden conservarse, como outras moitas razas e especies, sen necesidade de maltratalas. A biodiversidade non depende da tauromaquia, senón de políticas sostibles efectivas.
Por todo elo, firmamos, hoxe aquí, no Congreso dos Deputados de España, que as Corridas de Touros deben ser abolidas e que nin un só euro das administracións públicas destinarase á promoción de ditos espectáculos; xa que, en España, non haberá unha auténtica cultura de respecto e protección dos dereitos dos animais, ata que non se peche a derradeira praza de touros.
A simple lexislación autonómica na actualidade é moi desigual e claramente insuficiente. Polo tanto, é necesaria unha lexislación estatal básica, que implique o recoñecemento dos dereitos dos animais e a súa efectiva protección, mediante a vía penal e administrativa. A máis que previsible futura reforma da Constitución debera seguir a senda aberta pola constitución alemana, e outorgar rango constitucional a os dereitos dos animais. O recoñecemento dos mesmos constitúe un signo de humanización e civilización que alcanza unha sociedade. Polo tanto, a ampliación da protección dos dereitos, a individuos non humanos, convértese nun indicador da madurez e calidade de calquera sistema democrático.
Por elo, as persoas e grupos que subscribimos este manifesto solicitamos, hoxe e aquí, no Congreso dos Deputados, casa do pobo e sede da soberanía popular, as seguintes reformas:
1 – Aprobación dunha lei estatal de recoñecemento e protección dos dereitos dos animais.
2 – Reforma do Código Penal, na que se tipifique como delicto a morte inxustificada, a tortura e o maltrato animal.
3 – Abolición de todo tipo de espectáculos o rituais que supoñan o maltrato, morte e tortura de animais.
4 – Recoñecemento, no marco da Constitución Española, dos dereitos dos animais.
Madrid, 18 de outubro de 2007
Congreso dos Deputados.”

Etiquetas: ,

VARAMENTOS de Mamíferos Mariños – (decembro 2007)


CEMMA-SGHN
Varamentos na costa de Lugo
CALDEIRÓN COMÚN (Globicephala melas)
-----

Etiquetas:

14.12.07

Colaboración no dominical "NORDESIA" (Diario de Ferrol) - (9 decembro 2007)

Artigo: "PARQUE NATURAL DE SOMIEDO (IV)"
Texto e fotos: Yosy

Etiquetas:

3.12.07

Publicación no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - ENTREVISTA - (2 decembro 2007)


Etiquetas:

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (2 decembro 2007)

Artigo: "OCIO POR RIBA DE TODO"
Texto e foto: Yosy
Astronomía: "Efemérides de Nadal"
Texto: Paulino Gasall

Etiquetas:

2.12.07

OUTRO OSO MORTO EN PALENCIA – 2 Decembro 2007

As noticias de prensa achégannos hoxe outra mala nova: a morte dun OSO PARDO (Ursus arctos) en Palencia. Estamos a falar doutro animal morto nuns catro meses, xa que recordemos que o 12 de agosto deste mesmo ano, un macho de Oso Pardo apareceu nun estado de descomposición avanzado en plena montaña palentina, un dos poucos recunchos que lle quedan a este emblemático animal para sobrevivir.
Nesa ocasión, como en case todas, tratouse dunha morte provocada. Tralas comprobacións oficiais, o informe relata que “o oso morreu envelenado” (destacando que tardou horas en morrer), pola inxesta de “carbofurano”, substancia altamente tóxica para aves e mamíferos e evidentemente ilegal.
Practicamente na mesma zona aparece agora morto este segundo oso, aínda que polo momento non se fixo oficial a causa da morte.
Lamentablemente estes son episodios que se repiten. Os informes oficiais, non demasiado fiables, temémonos, din que son xa oito os osos cantábricos que morreron desde o ano 2000, dos que cinco foron envelenados e dous cazados. Temos a seguridade que a estadística se queda corta, porque o coñecemento que temos das zonas oseiras e do tema, permítenos engadir que non todas as noticias de osos mortos saen á prensa. Algunha hai que quedou entre aqueles que dalgunha ou outra maneira teñen contacto coa vida e penurias dun animal chamado a extinguirse polo pouco interese demostrado por todos, especialmente autoridades, que son as que teñen que poñer fin ás “alegrías” con que se permiten certas actuacións preto dos territorios oseiros.
O Oso Pardo é unha xoia, e calquera outro individuo, actividade, interese, etc. que puidera enfrontarse a este feito, carece de importancia, comparado con el.
Non se pode permitir a presión, non tan só aos osos, senón ao seu territorio e a o seu ecosistema, incluíndo á fauna e flora que viven nel e dos que depende. Ninguén con neuronas en uso e mínima sensibilidade necesaria, debera permitir actividades cinexéticas e outras da mesma índole agresiva, nun radio que puidera alterar ese equilibrio tan delicado.
Cando un oso sinte que chega o seu final, de maneira natural, busca un lugar recóndito e íntimo para morrer. Nese recuncho queda o seu corpo, unido á terra para sempre, polo que aventuramos que esta morte tamén vai ser “violenta”, pero esperaremos os resultados, que desexamos sexan públicos. (Texto: Yosy)

Etiquetas: ,

1.12.07

Xornadas sobre os “Espazos e as especies ameazadas” (CEMMA – celebración dos 15 anos de existencia) – (23-25 novembro 2007)


A CEMMA celebrou do 23 ao 25 de novembro, na Casa da Cultura de Gondomar as “Xornadas sobre os Espazos e as Especies Ameazadas”, nas que participou a SGHN como membro activo da CEMMA, cun grupo de traballo para a zona norte de Galicia e a colaboración na recuperación de Lobos Mariños e Tartarugas, labor para a que a Sociedade Galega de Historia Natural posúe unha UCI na súa sede de Ferrol.
O Coordinador de Mamíferos Mariños da nosa Asociación, Juan Ignacio Díaz da Silva actuou como relator co tema “UCI de Lobos Mariños, manexo, coidados e instalacións”. Ao termo das Xornadas e no Auditorio de Gondomar, Alfredo López, presidente da CEMMA fixo un percorrido polos anos de existencia da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños, diante de gran parte dos seus socios fundadores e dos actuais, que neste intre están a traballar nunha morea de proxectos, sempre na procura de coñecer e protexer unha fauna e un ecosistema aínda por descubrir en gran parte.
Rematado o acto celebrouse unha comida conmemorativa que reuniu a moitos dos socios da CEMMA.










Etiquetas: ,