OUTRO OSO MORTO EN PALENCIA – 2 Decembro 2007
Nesa ocasión, como en case todas, tratouse dunha morte provocada. Tralas comprobacións oficiais, o informe relata que “o oso morreu envelenado” (destacando que tardou horas en morrer), pola inxesta de “carbofurano”, substancia altamente tóxica para aves e mamíferos e evidentemente ilegal.
Practicamente na mesma zona aparece agora morto este segundo oso, aínda que polo momento non se fixo oficial a causa da morte.
Lamentablemente estes son episodios que se repiten. Os informes oficiais, non demasiado fiables, temémonos, din que son xa oito os osos cantábricos que morreron desde o ano 2000, dos que cinco foron envelenados e dous cazados. Temos a seguridade que a estadística se queda corta, porque o coñecemento que temos das zonas oseiras e do tema, permítenos engadir que non todas as noticias de osos mortos saen á prensa. Algunha hai que quedou entre aqueles que dalgunha ou outra maneira teñen contacto coa vida e penurias dun animal chamado a extinguirse polo pouco interese demostrado por todos, especialmente autoridades, que son as que teñen que poñer fin ás “alegrías” con que se permiten certas actuacións preto dos territorios oseiros.
O Oso Pardo é unha xoia, e calquera outro individuo, actividade, interese, etc. que puidera enfrontarse a este feito, carece de importancia, comparado con el.
Non se pode permitir a presión, non tan só aos osos, senón ao seu territorio e a o seu ecosistema, incluíndo á fauna e flora que viven nel e dos que depende. Ninguén con neuronas en uso e mínima sensibilidade necesaria, debera permitir actividades cinexéticas e outras da mesma índole agresiva, nun radio que puidera alterar ese equilibrio tan delicado.
Cando un oso sinte que chega o seu final, de maneira natural, busca un lugar recóndito e íntimo para morrer. Nese recuncho queda o seu corpo, unido á terra para sempre, polo que aventuramos que esta morte tamén vai ser “violenta”, pero esperaremos os resultados, que desexamos sexan públicos. (Texto: Yosy)
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións, Medioambiente e ecoloxía
<< Inicio