18.11.07

O HOME PRIMARIO E A FAME NEGRA. “Carne de OSO PARDO nun restaurante de Oviedo – (publicado na prensa 17 novembro 2007)


A noticia saíu o día 17 de novembro na prensa. SEPRONA denunciou ao dono dun restaurante de Oviedo no que se atopou carne de OSO PARDO (¿?). Unha degustación que se anunciaba dentro dunhas “Xornadas gastronómicas”, que afortunadamente foron denunciadas á autoridade por diferentes grupos e persoas con conciencia limpa e a moral clara, que alertaron á Garda Civil de tal “sorprendente feito”.
Axentes de SEPRONA puideron comprobar a veracidade da noticia e intervir a citada carne, ao parecer procedente dun país comunitario, que non tiña ningún tipo de documentación.
Lamentablemente estes delitos teñen unhas penas moi leves e un trato máis “monetario” que ético, xa que o delincuente, con sorte, vai ser condenado por infracción leve á Lei de Represión do Contrabando e outras de control veterinario contra a saúde pública.
A pregunta é ¿qué pasaría se o cadáver tivese documentación?. Déixovos a pregunta.
Con este proceder que xoga cunhas leis permisivas, non é de estrañar que certas especies estean en perigo. Non nos merecemos outra.

LEIS APLICABEIS:
RD 556/1998 – expedición de certificados animais esixidos pola comunidade veterinaria.
RD 49/1993 – controles veterinarios aplicables nos intercambios intracomunitarios dos produtos de orixe animal.
RD 1316/1992 – controles veterinarios e zootécnicos aplicables nos intercambios intracomunitarios de animais vivos e produtos animais.
Directiva 96/93/CE – certificación de animais e produtos animais.
LO 12/1995 e represión do Contrabando

Etiquetas: