6.11.07

Un VARANO DO NILO en Doniños - (3 novembro 2007)


O pasado día 3 recibimos na SGHN un ejemplar de VARANO DO NILO (Varanus niloticus), atopado moi preto da lagoa de Doniños. O animal podería levar nese lugar máis dun mes, xa que anteriormente recibíramos avisos de que un “lagarto moi grande” vírase pola zona. É moi probable que a súa orixe sexa, como a de outros animais, supostamente de compaña, o abandono. Lamentablemente, é frecuente que os humanos adquiramos, baixo a denominación de “mascota” a determinados animais para que enchen as nosas vidas. Seres que, tratados como mercaduría, son abandonados cando molestan ou aburren. Especialmente triste é o caso dos canciños, moi dependentes da compaña humana, que non duda en deixalos na rúa, sen o máis mínimo remordimento. A moda dos últimos anos ou o afan de destacar en algo na vida, aínda que sexa na estupidez, fai que haxa xentiñas ás que non lles chega ter como “mascota” (unha palabra moi cutre) a animais comúns no noso entorno, que camiñaron xunto ao home desde o principio dos tempos, como gatos, perros, galiñas, vacas, etc, e que se procuren animais exóticos, procedentes de calquera lugar do planeta, alleos a nos e a nosa ecoloxía, sen ter idea da biología do animal que pasa de ser un pequeño xoguete a crecer ata os dous metros de lonxitude, como lle sucede a o Varano do Nilo. ¿Qué facer cun enorme lagarto na casa entón?. Pois botalo á rúa e sacarse o problema de enriba. Animal a maioría das veces condenado a morrer de inanición, atropelado ou de calqueira outra maneira, algo que non importa a quen pecha a porta da casa a quen obrigou a vivir nela. ¡Ollos que non ven…!. Se sobrevive, entón é a natureza quen sofre, poñendo en perigo o delicado ecosistema, que poucas veces pode soportar a presión que realiza nel unha especie nova e allea.
O Varano do Nilo non pode ser máis alleo a nos, xa que vive desde Palestina ata Sudáfrica, tanto en desertos areosos ou rocosos, como en sabanas e bosques de ribeira. É o maior lagarto de Africa, un predador oportunista e moi eficiente. Activos e cunha inteligencia moi desenrolada. A tradición dice del que nas ribeiras do Nilo, avisaba da presencia dos cocodrilos. O certo é que os ovos destes animais son o seu alimento preferido, aínda que se alimentan de calqueira cousa que lles entre na boca. Posúe unhas patas longas con unllas fortes, coas que pode camiñar e correr con axilidade. Teñen unha longa e poderosa cola que utilizan como arma defensiva e que, dependendo do tamaño do animal, pode ser perigosa. Non é un animal adecuado para ter nunca casa, nin siquera para aficionados á herpetoloxía que carezcan de experiencia necesaria, espacio adecuado, medios para mantenelo e por suposto respeto polo animal e desexo de coidalo ata o fin dos seus días. Nin que decir ten que estas cualidades non abundan, polo que aproveitamos estas perigosas datas que se aproximan, nas que moitos adoitan mercar animaliños para contentar as súas crías humanas, para tentar desenrolar coa nosa reflexión a de outros que parecen carecer dela.
Pedísmolles que adquiran xoguetes inanimados, que non defequen, nin crezcan, nin ladren, nin deixen rabuñadas nos prezados mobles. Os animais non deberían mercarse como non se mercan os fillos, veñen a nos para compartir as nosas vidas e aprender un de outro. E en calquera caso, fillos o animais, se decidimos abrirlles as portas das nosas vidas, que sexa para sempre, xa que se non somos quen de adquirir unha responsabilidade, mellor continuar a vida sen compaña.

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio