25.5.10

PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL – Comisión do Parlamento de Galicia 24-05-2010

Comisión do Parlamento de Galicia para o Plan de Ordenación do Litoral
Sociedade Galega de Historia Natural
Intervención de noso Presidente, Serafín González


TEXTO ÍNTEGRO:

http://www.sghn.org/Actividades_Xeral/SGHN_Comision_Parlamentaria_POL.pdf

RESUMO DA INTERVENCIÓN:

“... A crúa realidade é que, 28 anos despois de asumir as competencias exclusivas sobre ordenación do territorio, Galicia aínda carece dunha ordenación real do territorio... e de todas as rexións do “Espazo Atlántico” da Unión Europea, Galicia é a única que aínda carece dun instrumento de ordenación, protección e xestión do seu espazo costeiro.
... Os erros a corrixir son moi importantes. No caso do ámbito do POL, a día de hoxe a “desordenación do territorio” levounos a ter 11600 puntos de amarre en portos deportivos, 2 aeroportos malos que compiten entre si, 2 portos exteriores separados apenas 17 km e un sinfín de paseos marítimos absurdos que urbanizan espacios naturais da beiramar e que hai que arranxar despois de cada temporal forte. A grave desordenación tamén nos levou a que aínda falten por construir nada menos que 22 das 91 depuradoras necesarias nese territorio e a que persistan 1926 puntos de verteduras, todo o cal ameaza gravemente a riqueza pesqueira e marisqueira do noso litoral. A desordenación urbanística e a falta de respecto á lexislación ambiental tamén nos levou ás recentes sentencias do Tribunal Supremo contra o macrorrelleno do porto de Marín e contra a tramitación da licencia dos depósitos de combustible no de Vilagarcía.

A política dos feitos consumados en moitos concellos, ese tristemente famoso “ti vai facendo” que en realidade era un “ti vai (des)facendo”, no ámbito do POL traduciuse nun caos urbanístico que devoraba o litoral galego ata que a Lei 6/2007... paralizou cautelarmente os desenvolvementos urbanísticos na franxa de 500 m desde a ribeira de mar ata que se elabore o POL.
.. O litoral galego é moito máis que un solar urbanizable, ou que un terreo a encher con infraestruturas enerxéticas, de comunicacións e plantas de acuicultura. O litoral de Galicia forma parte do patrimonio natural, cultural, etnográfico e identitario non só dos galegos, senón de todos os europeos, e como patrimonio común inalienable debemos ordenalo, aproveitalo de xeito sostible e protexelo por enrriba de calquera interese particular.


Por iso, dende a SGHN damos a benvida ó Plan de Ordenación do Litoral non só porque é necesario, senón porque, facendo da necesidade virtude, é en liñas xerais un bo plan... De todolos xeitos, a SGHN discrepa con algúns artículos do POL, considera que outros deberan de mellorarse, bota en falla a inclusión dalgún adicional e considera oportuno facer diversos comentarios sobre outros... a súa principal carencia (é que) ningún artigo fai referencia á imprescindible campaña de reposición da legalidade urbanística... Ademais, á SGHN demanda que o POL establezca con claridade que os hábitats de conservación prioritaria, os denominados Espazos de interese de taxóns e os espazos de interese paisaxístico quedan excluidos do desenvolvemento urbano, turístico e industrial... A SGHN considera preciso que se inclúa unha disposición transitoria que estableza unha moratoria na execución dos PXOM e os plans sectoriais para que se adapten ó POL e ás DOT; senón corremos o risco de que, como os PXOM, dentro de 8 anos os planos sectoriais aínda non se adaptaron.

No caso do Art. 16 considérase moi acertado que para definir os espazos de interese de taxons se teña en conta toda a xeoforma en que aparece a especie, pero ademais da existencia de taxons de Flora Vascular endémicos, vulnerables ou de distribución reducida, debera contemplarse calquera outro taxón incluido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas... Consideramos imprescindible que as medidas de integración paisaxística contempladas nos Art. 54 a 62 se fagan extensivas ós proxectos de concentración parcelaria dentro do ámbito do POL... A moi sensata recomendación do Art. 61 para que nas áreas de actividade industrial e económica a altura da iluminación se sitúe por debaixo das copas das árbores, co obxecto de aproveitar ao máximo a luz, debera estenderse a todas as instalacións de alumeado público.É unha magnífica noticia para o medio litoral galego o modelo de sendeiros peonís contemplado no POL, claramente inspirado no modelo europeo de sendeiros de gran e pequeno percorrido e que sen dúbida algunha son moitísimo máis respectuosos, fermosos, sustentables e baratos que o perxudicial e carísimo modelo de paseos marítimos desenvolvido ata agora.

.. En síntese, a SGHN quere máis que este POL pero sobre todo, deixando ó lado posibles diferencias con outras entidades ou persoas, a SGHN quere como mínimo este POL. E ademais quere que se aplique real e efectivamente canto antes. Dende hai xa 8 anos, no primeiro contacto con cada novo Conselleiro de Medio Ambiente a SGHN só lle fai unha petición: que cumpra e faga cumprir a lexislación ambiental. Congratulámonos de que, dito con outras verbas, ese sexa precisamente un dos dez principios iinspiradores ou obxectivos xerais do POL:

“A transparencia e o respecto, por que sen respecto ás normas e convencións rexionais, nacionais e internacionais democráticamente aprobadas, a convivencia, a paisaxe e o medio ambiente deterióranse, moitas veces de xeito irreversible”. Serafín González

Etiquetas: ,

29.4.10

Roteiro "PICO VELLO" - 15 de maio 2010


O obxectivo deste roteiro é dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume.Un proxecto inicial da explotación foi rexeitado no ano 2006 por Medio Ambiente por afectar ó P.N. da Fragas do Eume e en decembro dese mesmo ano a empresa presentou outro, fóra dos límites do espazo natural protexido, cunha franxa de amortecemento entre os límites do Parque Natural e a explotación de 50 metros .


A intervención dos colectivos ecoloxistas e a presentación de alegacións por numerosos colectivos e particulares durante o período de exposición pública do Estudo de Impacto Ambiental fixeron que o proxecto quedara paralizado e, segundo a Lei de ordenación da Minaría de Galicia, denegado por silencio administrativo ó transcorrer máis de doce meses sen terse notificado resolución.

A publicación no DOG do pasado 11 de marzo por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da aprobación do Estudo de Impacto Ambiental do proxecto foi denunciada por irregularidades no proceso de tramitación diante da Fiscalía de Medio Ambiente, en base a varios puntos: non respectar os prazos establecidos pola lexislación, irregularidades no contido do informe como non valorar as repercusións negativas sobre o Río Belelle (o Rego Cernadas figura encadrado na cunca do Río Eume no E.I.A. cando é un dos dous regos máis importantes que forman a cabeceira do Belelle) ou non detallar os impactos que a explotación mineira provocaría sobre o P. N. Fragas do Eume, ó que están obrigados pola Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de Proxectos.

A aprobación deste proxecto, suporía a eliminación definitiva e irreversible dunha das fontes principais do Río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra a unha poboación importante dos concellos de Ferrol, A Capela e Neda. Afectaría ó P. N. Fragas do Eume, dado que a entulleira situaríase xusto sobre rego Maciñeira, afluente do Eume, o que suporía unha grave contaminación, por lixiviados, escorreduras, etc. E a franxa de amortecemento non é suficiente para librar o Parque Natural das afeccións causadas pola contaminación da mina.Sobre este proxecto, o Concello de A Capela, aprobou en pleno, unha moción na que pedía a paralización do mesmo. De levarse a cabo a explotación, deixaría practicamente inutilizada a estación de captación de auga que este concello construíu no río Belelle, a poucos metros augas abaixo da mina, coa perda das inversións correspondentes.O xacemento está na zona do Pico Vello (colindante e incomprensiblemente excluída do P.N. Fragas do Eume), constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros, coa presenza de numerosas especies de fauna e flora con interese biolóxico, algunhas catalogadas como vulnerables pola Directiva Hábitat. Esta fraga está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura e o monte Fontardión constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural do Eume e L.I.C. Xubia-Castro. O permiso para esta explotación, suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural, e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...)

O roteiro convocado para o día 15 de maio, será un roteiro formativo, de algo menos de 3 km de lonxitude, sobre pistas e sendeiros, no que os participantes poderán coñecer a fraga de Pico Vello. Está confirmada a participación no mesmo de varios expertos que informarán sobre os aspectos xeolóxicos do xacemento, as afeccións da entulleira sobre os ríos, a morfoloxía do Fontardión (no que nacen ata 6 ríos e regatos), a fauna e a flora da zona e aspectos etnográficos como o aproveitamento dos soutos, a xestión dor regadíos, o funcionamento dos muíños. Pola tarde, visitaremos o Museo Etnográfico de A Capela.-------

Etiquetas:

28.3.10

A MORTE DE TRES TRISTES TIGRES (Panthera tigris tigris)


Algún día se coñecerá que pasou para que tres tigres de Bengala morresen a tiros de armas cortas e cetmes nas Palmas de Gran Canaria o pasado día 23 de marzo. Asasinato impune de tres exemplares dunha especie protexida, valor que non lles serviu para salvarlles as súas vidas e que de entrada tivo unha inicial e rexeitable resposta dos propietarios do zoolóxico: “Es un asunto interno y no tenemos que dar explicaciones”.
Leemos nos diarios: “el propio dueño del zoo, conocedor de las reacciones de los tigres indicó a los guardias civiles que era hora de matarlos como fuera...”, sospeitosa aseveración, cumprida con excesivo celo.


¿Onde quedou a solución máis lóxica e axeitada para esta situación: durmilos mediante dardos?. Atopamos resposta a esta pregunta nos periódicos: “Se abatieron los animales por carecer de un número suficiente de dardos sedantes y por su poca efectividad?. Explicación que serve para facer unha nova pregunta, ¿cómo es posible que un zoolóxico, que ten entre os seus animais varios exemplares do maior felino que existe no planeta, non dispoña dos medios de seguridade precisos para prever esta situación?.
Aclaración dos responsables do zoo: “No es que careciésemos de material para sedar a los tres felinos y devolverlos a su jaula sin tener que abatirlos a tiros, el problema se hubiese convertido en tragedia debido a que un tigre, al notar el impacto del dardo sedante, antes de caer dormido es incontrolable y podría haber escapado con el peligro que eso conlleva; la gravedad se acrecienta tratándose de tres jóvenes y bien alimentados tigres de Bengala. Estamos convencidos que los agentes del SEPRONA, matando a los animales, tomaron la mejor decisión”

Un diario se recrea na morte dos animais, obviando en todo o artigo que se trata dunha especie en situación crítica “hubo un tigre que volvió a ponerse en pie y necesitó ser rematado”.
Desexaríamos que alguén pidese responsabilidades desta actuación, aínda que dubidamos que eso aconteza. O máis probable é que todo quede nun xeito fácil de librarse de tres animais molestos, unha historia dentro da triste vida dos animais utilizados no sucio comercio da explotación, encerrados de por vida e desbotados cando estorban.


De nada lles valeu ós tres tristes tigres que este sexa o ano do tigre e que estemos a falar do Tigre de Bengala (Panthera tigris tigris), especie nominal, un animal do que neste momento quedan en liberdade menos de 2.500 individuos, sumando tódalas poboacións e subespecies. Pódese dicir que esta especie se atopa en grave perigo de extinción e protexida practicamente en tódolos países.
Procede do sur de China onde se chegan a atopar ata oito subespecies diferentes:
Tigre de Bengala (Panthera tigris tigris); Tigre de Indochina (P. tigris corbetti), máis escuro co anterior; Tigre de Sumatra (P. tigris sumatrae), pequeno e con as raias máis xuntas; Tigre siberiano (P. tigris altaica), o máis grande, adaptado a vivir nun clima moi duro e o Tigre da China meridional (P. tigris amoyensis), do que queda unha pequena poboación. Os tres restantes: Tigre de Bali (P.t. balica), Tigre do Caspio (P. t. virgata) e Tigre de Java (P. t. sondaica), xa desapareceron acosados pola caza, velenos, a presión humana e a lamentable utilización de partes do seu corpo na menciña tradicional china.
O territorio de caza do tigre é moi grande, especialmente nos machos. Animais esencialmente solitarios, o encontro entre macho e a femia ocorre no celo e non dura máis de uns poucos días. Destaca desta especie su magnífica vista que unida a un bo oído lle permiten ser un cazador excelente.
Esperemos que episodios como este ocorrido en Canarias e a contínua presión a que se ven sometidos os poucos exemplares en liberdade pola caza furtiva, non rematen coa extinción total dun dos animais máis fermosos do planeta. (Yosy)
-------

Etiquetas: ,

19.1.10

LAGOA DA FROUXEIRA - "Xestión por ensaio e error"

Fronte á
“XESTIÓN POR ENSAIO E ERROR”
da Xunta de Galicia na Frouxeira, a
Sociedade Galega de Historia Natural
pide un estudio multidisciplinar
para a súa restauración.

O recurso reiterado á apertura artificial da canle de desaugamento da Lagoa da Frouxeira con maquinaria pesada, alomenos en dúas ocasión durante o último outono, amosa con claridade a ineficacia destas medidas de ”xestión hidrolóxica” que, actualmente en resposta á presión urbanística, semellan aplicarse en base ó sistema de “ensaio e error”, sexa por parte dos propios operarios da maquinaria ou baixo a supervisión de persoal non cualificado na materia. Ademáis do despilfarro de recursos públicos que supón, a ”xestión hidrolóxica por ensaio e error” debido a motivos urbanísticos é inaceptable nun espazo natural como a Lagoa da Frouxeira que, polos seus sobranceiros valores ambientais, acumula nada menos que 5 figuras legais de protección nacionais e internacionais.
Diversas evidencias indican que as continuas aperturas da canle de desaugamento están a agravar varios procesos de deterioro ambiental da Lagoa da Frouxeira desencadeados no pasado (destrucción da barra dunar pola extracción de area, mala xestión do humidal durante a catástrofe do Prestige, transformación do entorno, etc.), provocando, en definitiva, unha degradación paulatina do ecosistema praia-duna-lagoa con afección ós hábitats e ás especies de conservación prioritaria que motivaron a súa protección legal.
Por estes motivos, a SGHN ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que aborde, urxentemente, un amplo e detallado estudio multidisciplinar que debería:
a) Documentar axeitadamente a situación previa e avalíe os cambios que sufriu o espazo natural da Lagoa e praia da Frouxeira dende mediados do século XX. Esta información é chave para coñecer a batimetría e extensión previa da lagoa, a superficie dos fondos limosos e areosos e a frecuencia, intensidade e duración das conexións naturais da lagoa co mar.
b) Avaliar a situación actual e as medidas precisas para a conservación e restauración do espazo natural da Lagoa e praia da Frouxeira en base a criterios xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, botánicos e faunísticos.
c) Contemplar a implementación de medidas de xestión agroambiental nas terras agrícolas ó carón da lagoa (co pertinente programa de axudas e subvencións ós propietarios).
d) Abordar unha seria ordenación urbanística, que alivie a forte presión que sofre este espazo natural e que contemple a oportuna reposición da legalidade no caso de que houbera violacións da mesma.
Mentres este estudio non estea dispoñible, a SGHN solicitalle á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que non realice novas aperturas da canle de desaugamento da Lagoa da Frouxeira, nin permita que outros organismos ou particulares a realicen.

Xunta Directiva Xeral da SGHN
Santiago de Compostela, a 19 de xaneiro de 2010

Etiquetas: ,

2 de febreiro - DIA MUNDIAL DOS HUMIDAIS

Etiquetas:

3.11.09

SOMIEDO, o lobo, o oso, os cans e o home no día dos mortos


Fai uns días a igrexa católica botaba pestes contra a celebración do Halloween e do inoportuno, segundo eles de festexar de tal xeito o día dos mortos, en lugar de facelo con recollemento, oracións e ofrendas de flores nos cemiterios, xa que tal como recordan os dirixentes eclesiásticos: "Por sentido pedagógico, es necesario que los niños descubran el valor de la vida y de la bondad, y no fomentar la muerte. Los menores se abren a la vida y no a la muerte. Los padres deben ser conscientes y encauzar el sentido de fiesta hacia lo bueno y a la belleza, en vez del terror, el miedo y la misma muerte".


Se lle esqueceu citar outro xeito habitual de celebración para este día, “tan especial”: ir ó monte a matar. Teño que dicir que ignoro se a igrexa católica defende, anima e aínda por riba promove e practica esta destructiva actividade neste día e noutros de especial significado, poñamos por caso a Semana Santa. Pero o que seguro non fai é desaconsellalo tan sequera a pesar de que vai en contra claramente de eso de “non fomentala morte”. Está claro que cando se escribiron as Sagradas Escrituras e redactou aquelo dos dez mandamentos, esquecéronse de detallar cada unha das leis, e xa se sabe que cando un texto lexislativo se redacta hai que especificar moi ben tódalas posibilidades, porque senón os facinorosos atopan fendas para delinquir. Naquelo de “non matarás” foron especialmente cutres, deixando para os homes decidir a quen e cando.
Onte o calendario pasou páxina e chegou o día 1 de novembro, santo día de acordarse dos mortiños... humanos, da mesma tribo, continente, nación, pensamento e ata familia. Fora dese recordatorio, pódese ir a matar a outros que non comulgan co noso credo, ou aqueles que quedan fora da especie.




Somiedo estaba nese sagrado día tan fermoso coma sempre. Adornado coas cores do outono: amarelos, vermellos, castaños e laranxas, bañados todos eles con esa luz baixiña e dourada, que non queima pero quenta e arroupa baixo os seus raios.
Polo visto, e non teño grandes coñecementos deste tema, agora toca a caza da pluma. E si as perdices pensaban que poderían levan flores ós seus mortos sen correr riscos, estaban moi equivocadas, xa que no 1 de novembro o monte encheuse de cazadores que celebraron o acontecemento matando mentres as súas mulleres levaban a fachendosa ofrenda das flores ós cemiterios.



Tivemos entón unha curiosa xornada. A un lado da montaña, pola ladeira asturiana, camiñamos xunto a dous cans que se uniron a nos na procura de sentir a vida. Fermosos animais os cans somedanos, tan salvaxes na súa conducta que recordan ó lobo, no xeito de camiñar, de marcar os seus dominios, de escudriñar o aire para prever o perigo. Se moven entre a matogueira áxil e velozmente, sen ruído. Coñecen a quen busca coma eles a subida ó monte e se unen á súa nova manda como líderes do grupo. Malos tempos para eles, xa que non entran nos planes dos salvadores da fauna salvaxe. Estudiosos de cadeira e mesa que proxectan a “recuperación” de especies e crean demos novos, esquecendo que non foron os cans os que esquilmaron ós osos, senón o home. Moitos esquecementos interesados, de abusos do hábitat que se seguen a practicar.


Pois ben, no noso percorrido, mollados pola constante chuvia benvida pola terra, os cans e nos vimos cervos, corzos, rebezos, tan curiosos pola nosa presenza coma nos pola súa. E senón a súa figura, si a mostra do paso previo, seguindo o mesmo noso camiño, de lobos que deixaron a marca inconfundible da súa defecación. Nun recuncho protexido atopamos a do oso e alí ficamos agradecidos e emocionados.

Seguimos a ruta e tan pronto como traspasamos o cavorco entre picoutos, sen cambiar a paisaxe pero en terras leonesas escoitamos un disparo e logo outro. Os cans detivéronse e nos con eles, sobresaltados. As figuras de un, dous, tres homes apareceron entón a uns cincocentos metros de nos, con armas e cans, movéndose rapidamente entre as xestas na persecución das présas. Quixemos fuxir de alí de calquera xeito, atordados pola ingrata presenza e polos disparos. O mesmo pensamento levounos a atallar a espesura do monte, baixando cara ó lado asturiano, sen deternos ante a xeografía abrupta que nos foi deixando as súas marcas polo corpo. A canciña, líder da manda sen dúbida, dirixía a fuxida, áxil saltando coma corza, detrás nos e na cola o can moi noviño aínda e pouco experimentado, coas súas orellas encollidas e o rabo atrapado entre as patas traseiras.

Paramos a louca carreira no fondo do val, e tan só nos detivemos cando deixamos de ver as figuras dos tres escopeteiros. O corazón case entre as mans feridas de loitar contra a vexetación, saíndose do peito, sentámonos máis mollados se cabe, coma presas acosadas. Ó noso redor, ¿cantos animais agochados sentirían o seu corazón saír do peito igual ca nos?. A calma levounos á razón e á rabia contida de non ter poder nas mans para facer xustiza. Levounos tamén ó pensamento de aquel que segundo os católicos morreu por algúns cantos de nos e que nalgún momento dixo “O meu reino non é deste mundo”. Mundo incoherente e inxusto que pide paz e consinte morte. Que di protexer ó débil e permite ós poderosos que dispoñan da súa vida


¿Onde está esa administración que recolle miles de euros en proxectos de recuperación de fauna e deixa que unha fronteira política separe a vida da morte?. ¿Onde está a Igrexa que di defender a vida e ós inocentes e pecha os ollos ante estas matanzas?, no día en que segundo as súas directrices o homes tiñan que “dirixir o sentido da festa cara ó bo e á beleza, en lugar do terror, o medo e a mesma morte”.
Era o 1 de novembro e a paisaxe estaba tinguida de vermello na montaña somedana. Yosy
----------

Etiquetas:

23.10.09

ÉRASE UNHA VEZ UN CONTO INHIBIDORES na Ría .... ¿ou non?

Todo empezou cun zunido lene, case imperceptible, pero constante. Estreouse sen que ninguén se dese conta do invento, porque xa se sabe cós humanos nos facemos a todo e de xeito especial ó ruído.
Agora, convencidos de que a poboación do núcleo central de Ferrol non se apercibiu da súa presenza, xa que non houbo protestas, nin sequera preguntas, instalouse definitivamente nas nosas vidas cun descaro cada vez máis abraiante.
O que inicialmente era diúrno, agora e permanente e o que primeiro era tímido agora é evidente, aínda que disfrazado de costume. ¿Qué é?. Non ten nome oficial, xa que non existe oficialmente. ¿De onde ven?. Do outro lado, en ondas que crecen e mingúan como se xiraran. ¿Onde é audible?. Quen o sabe, ¡se non se oe!, pero sospeitase que más alá do centro histórico da cidade.
Quen tivera un medidor de sons para avaliar con precisión a importancia desta emisión sonora que non deixa durmir a aqueles que son conscientes da súa presenza. Aínda que ¿quen pode asegurar que non sexa o causante da falta de descanso doutros moitos que son ignorantes de que existe?.
Toda a situación levou un proceso. Primeiro foi o desacougo, logo atopala resposta á molestia, ou sexa aprender a escoitalo ruído e finalmente, a pregunta: ¿Qué é e de onde ven?.


Mirando cara a el con oídos, as murallas nos contestan. Detrás delas está a resposta que ninguén dará. Temos atrevidas suposicións que teñen a forma de inhibidores para evitar supostos atentados... ¡Ai a nosa ría! Tan apetecible para o que quere facer o mal. O atrevemento, ou a fantasía quixo que vexáramos nun principio unha coincidencia do son coa presenza de certos barcos, antes de que as ondas fosen constantes e aínda máis fortes.
¡Ai a nosa ría!. Tan estragada. Tralos tanques da gasificadora o aire é moito máis irrespirable aínda. Case a pleno funcionamento, mentres os desafortunados veciños que alí levantaron as súas casas, cambian a vista da ría polos tanques ameazadores e por ese olor a carburante que o enche todo. Pero o zunido trala muralla, alí onde os impoñentes barcos descansan, vixía o conxunto.
Pregunta ¿A situación non é unha agresión ás xentes que viven neste conxunto humano con orixes ilustrados?.
Pero nada é delicto se non existe, se oficialmente non se lle da nome. Unha agresión invisible, que penetra no cerebro noite e día, pero que case ninguén coñece, non pode considerarse unha agresión.
Á espera que alguén descifre o misterio, tentaremos pechalos ollos e ignorar que o ruído existe para formar parte da maioría inocente. Quizá todo é efecto dos efluvios da gasificadora e toda esta historia sexa só un conto.
Y

------------

Etiquetas:

13.10.09

O LOBO – Exposición de ADEGA en Lugo coa colaboración da SGHN


O lobo compañeiro, que viaxe con nós dende sempre
O lobo indómito, que non admite cancelas
O lobo sanitario, que libra o monte de cadáveres
O lobo conflictivo, que ataca animais domésticos cando non ten presas salvaxes
O lobo, derradeiro gran depredador que nos queda
O lobo, símbolo na nosa cultura
O lobo, personaxe dos nosos soños
O lobo, ameazado polo noso progreso sen límites


(texto impreso no folleto de presentación da exposición)



Organizada por ADEGA inaugurouse o día 8 de outubro no Pazo de San Marcos de Lugo (Deputación) a exposición “O Lobo, unha carreira pola supervivencia”, na que participan aportando a súa obra artistas e escritores.
O “Museo da Natureza” da SGHN colabora prestando a esta ocasión fondos biolóxicos relacionados co lobo, en concreto a súa pel, cranio e pegadas.
A exposición permanecerá aberta ata o día 25 de outubro, tentando facer un chamamento para garantir a conservación do noso rei do monte, que sobrevive a tantas ameazas que se cernen tanto sobre el como sobre o seu hábitat.





Etiquetas: ,

27.4.09

A nova XUNTA DE GALICIA … esperando cara á costa.


Nos derradeiros días o novo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo deu forma ó novo goberno galego e puidemos coñecer como primeira medida que para o próximo futuro teremos dez consellerías, en lugar das catorce existentes no goberno anterior.
Non vamos a relacionar aquí a totalidade das consellerías nin tódolos nomes dos seus responsables, unha información suficientemente publicada nos medios de comunicación. Preocúpanos en especial unha consellería, a de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, super-consellería con, aparentemente, intereses contrapostos.
Toda a política de ordenación do territorio queda integrada nesta consellería, responsabilidades de evaluación ambiental, xestión de resíduos, Augas de Galicia e SOGAMA. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza pasa a depender doutra Consellería a de Medio Rural, co seu responsable á cabeza, Samuel Jesús Juárez Casado, con competencias en materia de espazos protexidos, Rede Natura e tódalas actividades que se realicen nos espazos naturais, así como as das matanzas (caza e a pesca). Queda pendente aínda a creación dunha Dirección Xeral de Sustentabilidade e Paisaxe, nome este de “sustantibilidade” pomposo e abondo sospeitoso, ó meu entender.
Dí o novo Presidente da Xunta, referíndose á Lei do Litoral, que “Prohibir é o contrario de ordenar”, obviando que para ordenar adecuadamente é necesario prohibir en moitas ocasións, por riba de todo cando se contrapoñen os intereses da especulación cos do medio ambiente.

A prohibición de construír na franxa costeira de 500 metros, remata o próximo 17 de maio. Foron dous anos de descanso para unha paisaxe xa suficientemente estragada pola construcción abusiva. O novo goberno prometeu prorrogar a prohibición ata que entre en vigor o Plan de Litoral, previsto para este mesmo ano.
Unha nova moratoria, que como a das baleas, vai manter a salvo da destrucción o pouco que nos queda virxe na nosa comunidade.
Hai que dicir que aqueles que somos especialmente sensibles a estes temas, temos certa preocupación. Sabemos que as moratorias morren todas coas crises. Rematan cando se antepón o dereito a comer ós outros dereitos, falando de xeito extremado ¿Qué vai pasar cando chegue o fin da prórroga?. Mentres tanto os promotores inmobiliarios se fregan as mans ante discursos como: “o que hai que facer é ordenar o litoral e non paralizar as licencias”. Fálase xa de vivendas residenciais e turísticas, de postos de traballo... todo elo sobre o corpo inerte desa costa nosa tan ameazada e tan querida.
Esperaremos serenos, sosegados, calmos e esperanzadores as decisión que o novo goberno vaia a tomar sobre os temas que miran ó mar e que afecten a esa costa que define o noso carácter e a nosa cultura.
Con calma, porque hai que deixar traballar ó que entra e con esperanza de que non pese máis o interese do diñeiro que a defensa da natureza e que o novo Presidente Núñez Feijóo traia no seu saco, entre outros retos, a protección dun dos nosos maiores tesouros, o litoral galego.
Yosy
------------

Etiquetas:

A Xiralda ANTIRAURINA - ¡Unha boa imaxe!


Sucedeu o 24 de Abril e foi das mellores noticias que se leron na prensa. Saíu nalgún diario como si o protagonista, descolgándose polo monumento sevillano para deixar unha gran pancarta, fora un delincuente ou aínda peor ... un cazador ou un toreiro. Efectivos dos bombeiros, da Policía local, da Policía Nacional e ata dos servizos sanitarios acudiron ó lugar e foi preciso cortar durante un tempo o acceso ós transeúntes. Din os diarios que a boa xente insultou ós activistas. Todo elo mentres nos, os galegos alleos ás matanzas e as torturas de animais nos felicitamos porque haxa un sevillano valente que rexeite a mal chamada “Festa nacional”. Remata o diario dicindo que a Xiralda é Patrimonio da Humanidade, por si non coñecíamos o dato.... ¡Pois que lugar máis axeitado para defender a dignidade!. Terían que deixar a pancarta indefinidamente.
Se buscades en Internet esta noticia, tan só aparece neste blog, que recomendamos:

Etiquetas:

23.3.09

PUBLICADO EN ... Un futuro sen depredación

"Nos alimentamos de imágenes que nos entran por la vista. Ni el juez Garzón ni el ex ministro de Justicia Mariano Fernández Bermejo podían aquilatar el impacto en la conciencia popular de la fotografía de ambos rodeados de trofeos de caza. Para millones de españoles, en los libros de historia, ninguna otra reseña de sus hazañas o logros jurídicos –que debe de haberlos, aunque ahora nadie lo crea– superará aquella imagen esperpéntica .... "

" .... En la Prehistoria hubo un tiempo en que determinados animales eran equiparables a los dioses de los humanos. La idea de la separación transitoria de los animales humanos y del resto de los animales es muy reciente y tuvo mucho que ver con el origen del cristianismo. Una buena parte de la sociedad los sigue uniendo. El resto está convencido de que en el futuro dejaremos de ser heteróclitos; es decir, que no depredaremos a otros organismos para sobrevivir nosotros. Seguir haciéndolo puede ser necesario, pero es muy impopular." Eduardo Punset

Etiquetas:

Participación da SGHN no “I Encontro Ecoloxista” - Santiago, 7 de marzo 2009

A SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) participou no "I Encontro ecoloxista" organizado dende a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) que se celebrou o 7 de marzo en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego (San Domingo de Bonaval).
O encontro pretendeu servir de punto de encontro entre os grupos para contribuír así á posta en común de experiencias e recursos. Coa intención de facer deste encontro un espazo para o debate no que analizar os puntos fortes e febles do movemento ecoloxista en xeral, e a súa relación coa Educación Ambiental, en particular.

Etiquetas:

13.3.09

Premio ás ¡BELAS ARTES!, ou a vergoña toureira

“Y de repente el toro miró hacia mí.
Con la inocencia de todos los animales reflejada en los ojos, pero también con una imploración.
Era la querella contra la injusticia inexplicable, la súplica frente a la innecesaria crueldad”.
Antonio Gala






Foto e texto de Antonio Gala publicados na páxina
http://www.redalternativa.com/noalatauromaquia.htm

O Ministerio de Cultura concede as medallas de Belas Artes dende o ano 1969, primeiro con tres distincións, ouro, prata e bronce para nos anos noventa do século pasado iniciar a entrega dunha única medalla, a de ouro para premiar a creación, a beleza e a difusión da cultura.
Penso que xa son uns seis ou sete os matadores, ou matachíns de touros que recibiron un premio anunciado como premio ás Belas Artes. É evidente que a cousa xa non pode ser un erro do Ministerio, de tan repetido, daríanse conta!.
Chamarlle arte a matar touros tería a chispa dunha broma miserable, se non fora polo seu dramatismo. Unha actividade delictiva que ten que ser rexida e controlada polo Ministerio do Interior, como calquera outro quebrantamento da lei que leva consigo o dano a outros individuos, ¿como é que rematou na mesa do Ministerio de Cultura?. Quizais os rexedores do Ministerio confundiron tortura con cultura.



Neste lado da barreira, eu non vexo arte, nin beleza, nin heroes, senón morte, tortura, ausencia de empatía e medo nos ollos das víctimas, a mesma imaxe repetida en tantos seres humanos que cada día son maltratados, humillados e mortos ó noso redor. ¿Qué diferencia un maltrato doutro?. ¿Quén lle pon a etiqueta de este é reprobable, pero este outro merece unha medalla?.
Que diferencia hai entre a chamada festa taurina e a matanza de outro animal o persoa en calquera parte do mundo. Ou todo consiste en poñerlle un traxe típico da zona e tocarlle a gaita, por poñerlle un exemplo próximo, mentres se clava o coitelo. Eso podería dar ideas a tantos delincuentes que entran e saen nos xulgados no noso País: un disfrace, música canto máis de pandeireta mellor, uns cantos Oles! e por arte de maxia convértese o delicto en arte.
Non é que perda a cabeza é que estou cansa. Un cansazo de toda a miña vida escoitando unha e outra vez as mesmas e contradictorias consideracións do dereito á vida, e esperando dende nena que se cambiase o conto e os papeis de víctima e verdugo. Ver saír por fin ó touro pola porta grande co rabo ben alto e fachendoso. O resto da imaxe vola deixo á vosa imaxinación.
Hoxe sigo a non entender por qué tódolos homes e mulleres de ben, artistas de verdade que recibiron as medallas de ouro ás Belas Artes, non as devolven en protesta porque se considere artista a asasinos e motivo de premio o delicto de matar e ter que compartir con eles un premio denigrante.
Me temo que terei que seguir a soñar cun mundo máis humano e seguir a doerme da crueldade dos demais homes. A sentir vergoña allea, vergoña toureira, de touro sacrificado, vergoña de pisalo mesmo ou próximo solo de aqueles que fan dano e non reciben castigo. Vergoña de que me identifiquen cunha mesma costume sanguenta con disfrace de tradición. Yosy.

Os debuxos que acompañan esta entrada pertencen a páxinas e blogs que comparten con nos a loita por erradicar espectáculos nos que se practica a tortura, como:

Galiciamellorsentouradas.org
Ecologistasenaccion.org
Amnistiaanimal.com
Redalternativa.com/noalatauromaquia.htm
Animanaturalis.org
E outros moitos.

Etiquetas: ,

A FROUXEIRA (Valdoviño) – Maltratada polos miserentos.


A imaxe corresponde a un entorno coñecido e importante da nosa costa, a Lagoa da Frouxeira e o seu entorno dunar, declarado zona de especial protección para as aves (ZEPA), humidal protexido de importancia internacional, lugar de importancia comunitaria (Zona Ártabra, LIC) e zona RAMSAR, ademais de estar incluída no inventario de SEO/BirdLife.
No fondo da fotografía pódese apreciar a barreira dunar, mostra do amplo abanico de dunas que se poden atopar neste entorno natural, tanto móbiles embrionarias, móbiles de litoral, costeiras fixas ou grises, como dunas con céspedes.
As frechas vermellas marcan o remate da antiga pista, probablemente aberta no seu día na triste historia de extraccións que sufriu este areal na década dos anos 70 do século pasado, das que é testemuña as diferentes charcas que se poden atopar por todo o entorno. Marcan tamén as frechas vermellas as rodalas deixadas por vehículos que chegan ata o límite da pista e outras que o sobrepasan esta invadindo claramente a zona dunar.
No ano pasado a Dirección Xeral de Costas fixo unha serie de intervencións neste espazo protexido nas que se inclúen pasarelas de madeira para a circulación de persoas, poñendo fin ó acceso de vehículos. No ano pasado e na época estival xusto na entrada desta pista levantouse unha caseta informativa con vixilancia presencial permanente que axudou, sen dúbida, a ensinar ó público as normas de conducta que se deben adoptar nun espazo natural da importancia que ten o da Frouxeira. Desaparecida a presenza oficial de Costas e como se pode apreciar na foto, a prohibición de entrada de vehículos non se respecta.
Pois ben, a frecha azul marca o punto, ó final da pista indicada, onde se está a facer unha extracción de area por un o varios particulares de natureza cutre, que precisa da escuridade para roubar o saquiño de area do patrimonio común. Unha area que podería mercar de xeito fácil, económico e máis axeitada de cara á construcción.
Alí deixou o miserento a súa mexada, un oco na area e unhas rodadas son a marca do ladrón.
Pero aínda son máis os ataques que sofre a Frouxeira e máis os miserentos, cutres morais que deixan as marcas das rodas dos vehículos, motos, todo-terreos e os inútiles quads, deixando sucos destructores nunha vexetación que a natureza tardou anos en crear, espantando ós animais que ano tras ano buscan na zona natural imprescindible refuxio, alimentación, cría e descanso durante as longas viaxes de hibernada. Animais que teñen que fuxir ante a presenza de quen antepón a súa diversión ós dereitos dos demais.
Pedir conciencia a quen non a ten e unha inutilidade, pedir vixilancia permanente e educación á poboación si é efectivo. As leis se crean para corrixir, delimitar, amosar ós humanos un xeito común de compartir con respecto. Non existen por capricho, senón por necesidade, aprender a respectalas por parte de todos e poñer os medios e os axentes para que se cumpran é a aínda unha disciplina pendente.

Etiquetas:

9.3.09

TOURIÑÁN e a COSTA DA MORTE – Chapapote e rochas

Tras seis anos do desastre acontecido co petroleiro “Prestige”, aínda se poden ver os efectos da marea negra na Costa da Morte, quizais a máis castigada de toda a xeografía galega. Entón as rochas parecían flotar nun mar ruín que se cebaba na terra, hoxe ese mesmo océano non foi aínda quen de liberala tintura pegañenta e contaminante do chapapote. Calas como a da fotografía feita onte mesmo, manteñen como un verniz os cantos tapizados en negro e ulíndoos se mestura neles o cheiro do petróleo confundido co do mar.


Ninguén merece un castigo como este por un pecado descoñecido. O cadáver do Prestige, afundido no Atlántico, a uns 200 quilómetros de Fisterra e estas rochas manchadas ten que facernos recordar que non foi un mal sono e ensinarnos o coidado co que temos que tratar o noso patrimonio natural, único tanto porque é o noso, o único que temos , como polo especial valor que ten o contorno costeiro galego.
A Costa da Morte, tan maltratada, tan ferida por todos, está condenada por algún delicto que descoñezo, de aí o acontecido cando o Prestige e a inutilidade humana lle obsequiou coa caricia da ondada densa, lenta e mortal de centos de toneladas de petróleo.
Son varios xa os intentos de rompela inocencia da terra, como si dun neno se tratara, de pervertela para que deixe de sela costa pura e única. Profanala cunha primeira fenda da que sairán outras moitas que a quebranten deixando para sempre aparcada a súa beleza.
Levantámonos estes días da cama cun agre sabor de boca, de chapapote mal dixerido, coa noticia difundida por case tódolos medios de comunicación anunciando que o novo goberno galego pensa retomar o vello, afastado, aínda que nunca eliminado plan acuícola en Touriñán.
Dí o que vai ser o próximo presidente da Xunta, que entre os seus praceres está o de viaxar e que pensa que coñece case que tódolos pobos de Galicia. Visitou entón vostede a Costa da Morte, asomándose ó miradoiro desa paisaxe dura e implacable de cantís que rematan en escasas caliñas protexidas?. Estivo vostede en Touriñán?. Achegouse naquel novembro de 2002, cando o mar se tinguiu de sangue corrupto, negro e fétido?. Coñecerá entón o padecemento da terra por sobrevivir á especulación, que valora máis os fondos que se obteñen dela que a súa supervivencia. Yosy

Etiquetas: ,

23.2.09

GARZÓN e BERMEJO: caza legal … ¿caza moral?

E o peor da cuestión é que nos atopamos en período electoral, o que nos pon a todos os que reprobamos o comportamento destes homes nunha situación máis que incómoda, amén de sentirnos xa dabondo desilusionados cos supostos principios de homes e mulleres onte na oposición e hoxe no poder, antano críticos con vellos políticos que aliviaban o afogo que da a cúspide indo a matar ós máis indefensos, e que agora resulta que non son mellores que aqueles.
Hai que dicir que as lamentables afeccións destes dous personaxes deixounos a todos coa boca aberta e sen argumentos para defendelos ante o aproveitamento político que están a facer os adversarios.
Repúgname todo o que está a suceder a partir da escena noxenta de dous homes cos principios que se supón que defenden, exercendo unha das actividades máis execrables que pode desempeñar o ser humano, tan ó límite da legalidade moral e ética, e utilizo as dúas palabras porque ningunha relixión ten o patrimonio da moral e ningunha crenza social a ten da ética, ambas van xuntas e inseparables.
Certo é que se oíra que certo xuíz, o Xuíz con maiúsculas, era un dos asiduos visitantes de cotos polémicos, como a montaña palentina, territorio vaqueiro de furtivos e delincuentes de medio ambiente, onde vale máis unha escopeta que un oso. As veces unha pecha os ollos porque non remata de crer que alguén que imparte xustiza non a teña cos máis débiles. Que alguén que persigue a quen lle quita a vida a outro, dedique o seu tempo libre a sacarllea a quen non ten tribunal co defenda. ¡Qué circulo moral tan pequeno temos os humanos, no que tan só entran os da propia tribo e os do chalé de a carón!. Tódolos os que quedan fora das murallas non teñen dereito a vivir.
Pero sucede que cando un individuo alcanza un status na sociedade de tal rango, puidera ser que adquirira certa responsabilidade en canto a amosar cara ós demais un coidado exquisito no respecto á vida en xeral en non debera obviar que unha gran parte de poboación rexeita o exercicio da caza, considerándoo do mesmo xeito cun asasinato e a quen o exercita como un asasino. O xuíz que xulga a outras persoas polo seu comportamento debera ser como a muller do Cesar.
¿Que xuízo xusto tiveron os animais que masacrou e tódolos os que puido matar na súa vida?. ¿Cando e por qué decidiu que non podían vivir máis?. ¿É o exercicio da súa profesión o que lle provoca o desexo de saír ó campo a desafogarse matando?. ¿Por qué a cotío reborda xustiza e nos seus momentos de descanso é inxusto e cruel?.
O seu compañeiro de faena, a representación por excelente da xustiza, ten ó seu favor a derradeira noticia da súa renuncia, producida máis polo custo político que polo arrepentimento, porque a escena que todos puidemos ver non se improvisa, é froito dun exercicio cotián e insensible. Aínda así eu xa non poderei esquecer a defensa apaixonada dos seus compañeiros de partido, tentando defender o indefendible. Ata do ministro do interior, que significando que non lle gustaba a caza, a cualificaba de legal. ¿Cantas actitudes, señor Rubalcava, foron legais na historia, antes de deixar de selo?. Vostede coñece moi ben o xogo das palabras. ¿Non si?. E tamén sabe que a caza disfrázase con definicións que tentan disimular, atenuar ou esconder o seu verdadeiro significado, eufemismos como o de chamarlle “deporte”.

Nestes días os políticos decidiron a balanza da desilusión: uns por non repudiar a quen fai o mal e outros por aproveitar o desaguisado, criticando o que eles mesmos consenten e practican a cotío. Os que cremos que a xustiza ten que ser real e non de pacotilla, que tódolos individuos teñen dereito á vida e a un xuízo xusto antes de que se lla arrinquen, vaiamos ou non a votar o próximo día 1 de marzo, temos que reprobar as actitudes por pouca o nula base moral e pedirlle explicacións a quen as consinte, sexa cal sexa a ideoloxía que se atope detrás. Para os que xa estamos moi adiantados na perda de interese pola política e os seus representantes, froito dunha desilusión gañada a forza de enganos, xa é tarde. Yosy

Etiquetas:

20.1.09

A MORTE E A PELETERÍA .... descoñecemento ou amoralidade

Dedicamos esta montaxe fotográfica para felicitarvos as festas pasadas, tan cheas de felicidade aparente. Un pouco tarde, pero nunca é tarde para transmitir a quen non ve ou non quere ver a realidade que esconde a imaxe, pretendidamente elegante, da muller (ou do home) envolta na pel doutro ser.
Fai algúns anos circulaban polo noso entorno unhas camisetas cun debuxo dun raposo pequeno e a lenda “¿Túa nai ten abrigo de pel?. Á miña lla arrincaron”. Unha fermosa chamada de atención que moitos levamos con gusto e dignidade ata que a camisa caeu de vella.
Realmente, ¿que fai que centos de mulleres y homes vexan no conxunto globoso dos corpos cubertos cunha pel, algo fermoso e elegante?. Din os que fan estadística que na época das eleccións as señoras que se achegan a votar e que queren marcar a súa tendencia política culminan a súa vestimenta cun abrigo de peles, algo así como se dixeran: ¡son importante, pertencente a un grupo social destacado!. ¡Coidadiño, apartádevos todos que chego eu!. Un recorrente asalto ó pasado, no que o xefe da manda humana levaba a mellor pel por riba, como símbolo que ser o máis destacado cazador. Canto máis bravo e forte era o animal morto, máis importante o matador, que tivo que enfrontarse co inimigo ata derrotalo e agora luce a súa pel como trofeo.
Todo isto extrapolado ó presente suxire desconexión coa realidade e moita cegueira. Alí onde uns ven a unha muller elegante e chea de beleza, outros ben a figura achaparrada, ensanguentada e deforme que carga coa pesada pel dun animal, que hule á descomposición do cadáver. Porque temos que recoñecer que as peles non lle quedan ben a case ninguén, pero aínda así resta a liberdade de disfrazarse coma unha queira, eso si, sen danar a outros. O mercado está cheo de todas esas imitacións de peles, tan perfectas e lustrosas como as de verdade e sen tanto peso, que abrigan o mesmo e visten igual de ben (ou mal) cas outras.
Se ti es desas que mercaches unha prenda de pel ou cha regalaron nestas festas, fai un pouco de reflexión na túa vida e pensa nese animaliño que sufriu en vida e no momento da morte para que ti levaras o seu cadáver por riba do teu, no senso de que os dous corpos, o del e o teu, xa cheiran.
Será moito que lle prendas fogo para deixar descansar en paz a quen morreu pola túa culpa, pero se tes conciencia non creo que durmas en paz.
(Yosy)

(A continuación transcríbese o artigo de Julio Ortega Fraile “La peletería, un lujo inútil y sangriento”, reflexión coa que nos identificamos).

......

Etiquetas:

4.11.08

Nota de prensa do "FAPAS" sobre A CAZA (3 - Novembro - 2008)

Publicamos a continuación a nota de prensa elaborada polo "Fondo para a Protección dos Animais Salvaxes" (FAPAS) sobre a caza, en relación co incidente dun cazador e unha osa no Pirineo, subscribindo enteiramente o seu texto.

LA CAZA
ES UNA ACTIVIDAD DE ALTO RIESGO

Cada año, mueren en España 24 personas y resultan heridas una media de 2.448 por accidentes de caza.

La polémica desatada en el Valle de Arán tras el incidente surgido entre un cazador y la osa Hvala ha tratado de incriminar a los osos como animales peligrosos para cazadores y ciudadanos en general. Sin embargo, la autentica peligrosidad en las montañas se encuentra en la acción de cazar, según se desprende de las estadísticas de accidentes que se producen en el desarrollo de la actividad cinegética.
Según Mutuasport, la mutua de los cazadores, durante el año 2007 hubo 21 muertos por disparos de caza y 863 heridos, de los cuales 13 quedaron inválidos para siempre por amputaciones o daños oculares. En 2005 se alcanzaron casi los 2000 heridos por accidentes de caza, con 29 inválidos para siempre; en 2002 murieron 23 personas y en 2004, 18. En 5 años hubo 5.263 heridos con casi 200 inválidos para siempre, y decenas de muertos por disparo. La media anual, según la mutua, es la siguiente: 2585 accidentes de caza, con más de 24 muertos por disparo, 2448 heridos con 91 inválidos.
Los accidentes de caza no siempre se producen entre cazadores, también afectan a los ciudadanos en general, como la persona herida por el disparo de un cazador que viajaba en un autobús de línea, o más recientemente, la semana anterior al incidente con Hvala, un cazador mataba a un vecino que trabajaba en sus tierras de cultivo.
Tratar de justificar unos arañazos, como un ataque brutal, tal como ha sido calificado por algunos medios, o de pretender que tras esta acción de la osa Hvala los osos son una amenaza para las personas que utilizan tanto por su trabajo como lúdicamente las montañas pirenaicas, es en comparación con el riesgo que supone la acción de cazar y los resultados de muertos y heridos, una auténtica exageración que oculta la utilización del programa de reintroducción de esta especie en los Pirineos, como arma de lucha política entre sectores enfrentados entre sí.
Lo que realmente es cierto, es que evaluando la situación del oso pardo en Pirineos, la causa clara y contundente de su desaparición, es históricamente la acción directa de la caza y desde que se ha puesto en marcha el programa de recuperación de la especie, el saldo de muertos es claramente favorable al oso
En todos los encuentros entre hombre y osos conocidos en el Pirineo, tanto en la vertiente española como en la francesa, cuando ha habido un muerto, siempre ha sido el oso. El programa de reintroducción comenzó de nuevo en 2006 tras la muerte en 2004 de la osa Canelle por el disparo de un cazador que tras el juicio fue absuelto (era el padre del alcalde del lugar). Pero años atrás también había muerto la osa Melba muerta en otra batida de jabalí. Y posiblemente más osos, hoy desaparecidos, hayan muerto por disparos desde entonces y quizá nunca lo sabremos. Tras la reintroducción de 2006, la osa Franska fue perseguida ilegalmente por los ganaderos franceses; acosada, llegó hasta una carretera donde murió atropellada; entonces se descubrió que también había sido tiroteada días antes. Ya sólo quedan 3 ejemplares de aquella última reintroducción y uno de ellos, Balou, está herido por un disparo en una pata durante una batida al jabalí el pasado 7 de septiembre. Hvala es una de las últimas esperanzas que posibilitan la recuperación del oso en los Pirineos españoles.

Etiquetas: ,

O ABRAZO DO OSO (Artigo publicado en "elpais.com" 4/11/2008)

Un nuevo encontronazo entre un oso y un jubilado en el Pirineo se ha saldado con heridas en un brazo y una pierna para el escopetero y una orden de busca y captura para el plantígrado. Los protagonistas de esta triste historia son Hvala, una osa eslovena de seis años, introducida hace dos en el valle de Arán, y Lluís Turmo, un cazador leridano de 72 años, a quien tras el episodio le tuvieron que dar varios puntos de sutura. Mientras a esa edad otros optan por la filatelia o pasean por el parque, nuestro hombre, al parecer amigo de emociones más fuertes, se hallaba participando en una batida de jabalíes a 1.200 metros de altitud.
Otra escaramuza entre ambas especies tuvo lugar en 2004 en el valle de Aspe, cerca del Pirineo navarro. En aquella ocasión, René Marqueze, de 65 años, también participaba en una batida de jabalíes cuando acabó con la vida de Canelle, de 15, una de las últimas osas autóctonas que quedaban en la cordillera. Meses después, un Tribunal de Pau, absolvía al cazador de un delito de "destrucción de especie protegida", al considerar que disparó "en una situación de necesidad".
La muerte de Canelle causó una gran conmoción entre quienes luchaban por la supervivencia del oso pirenaico y fue uno de los factores que impulsaron el programa para la reintroducción de la especie, partiendo de ejemplares traídos desde Eslovenia. Por lo visto, Hvala debía de venir avisada de cómo se las gastan por estos lares los cazadores veteranos y antes de recibir un tiro decidió actuar.
El atenuante de que la hembra se encontraba con sus cachorros y, seguramente, trataba de protegerlos ante la cercanía de los perros, no ha evitado que el sindic del valle de Arán, Francesc Boya, reclame al Parlamento de Catalunya que se retiren todos los osos de la zona para evitar nuevos ataques. Tan drástica medida puede ser más proteccionista de lo que parece, habida cuenta de la afición de algún ilustre veterano asiduo a la estación de Baqueira por la caza del oso. Tan sangriento hobby puede estar motivado por un deseo de vengar la muerte de un antecesor suyo, el rey visigodo Favila, quien, según la tradición, fue devorado por uno de estos animales.
He de reconocer que siempre he tenido simpatía por estos seres peludos. Quizá, porque la primera película de dibujos animados que recuerdo haber visto en un cine era del oso Yogui. Además, no me perdía un episodio de Mi oso y yo, coprotagonizada por Dennis Weaver (el inolvidable detective McCloud). Años más tarde, llegaron a las pantallas las aventuras del osito Misha, mascota de los Juegos Olímpicos de Moscú. No fueron éstos los únicos juegos que eligieron al oso como mascota. También lo hicieron los invernales de Calgary y Salt Lake City. Jean Jacques Annaud se encargó de mostrarnos un plantígrado con conciencia, capaz de perdonar al cazador que pretendía matarlo. Más recientemente, el osezno Knut se convertía en el símbolo del zoo de Berlín, después de que, tras ser rechazado por su madre, lograse sobrevivir gracias al tesón de sus cuidadores.
El episodio del valle de Arán plantea nuevamente el debate sobre si se debe reintroducir la especie en el Pirineo y sobre si ésta tiene posibilidades de perdurar, ante la hostilidad de ganaderos, cazadores y otros sectores. En esta época en que las consultas están de moda, tal vez debería de preguntarse a los ciudadanos de la eurorregión en la que actúa la Comunidad de Trabajo de los Pirineos -de la que forma parte Euskadi- si, para lo bueno y para lo malo, debemos de volver a convivir con los osos. En caso afirmativo, habrá que acotar muy bien su zona de protección, no vaya a ser que, en el colmo de la mala suerte, alguna osa despistada vaya a cruzarse nuevamente con un jubilado armado con una escopeta.

JOSÉ IGNACIO ARMENTIA - http://www.elpais.com/ (4/Novembro/2008)
-------------------

Etiquetas:

30.10.08

OS OSOS DA DESVENTURA. Oso morto ás portas de Galicia

Atropelado na autopista A-6 á altura de Trabadelo, sentido a Galicia. Non hai indicios de que forzara o valado protector, polo que é posible que entrara por un dos accesos á autovía. É a víctima máis dolorosa da mala xestión das estradas no noso país, nas que non se pon esforzo suficiente para acondicionar pasos para animais salvaxes.
Trázanse liñas que atravesan a paisaxe, feridas abertas que se converten en cárceres para a fauna, por non ampliar o presuposto contemplando máis túneles e máis pasos de fauna.
Foi no quilómetro 417 ou no 418, nos que parece morreu o animal, a súa tumba cando tentaba cruzar dun macizo a outro nesa esperada e desexada expansión do Oso pardo. ¡Tanto tempo e tantos esforzos para conseguir que a terra galega sexa apetecible ó gran mamífero!, o mellor expoñente da nosa fauna que foi esquilmado durante séculos de ignorancia e brutalidade estatal e social.
A impotencia do camioneiro, que veu desolado o resultado do infortunado accidente, o fago meu que tantas veces fago ese camiño despois de xornadas de camiñar polo monte en terras de osos.
Era un macho novo, duns tres anos e 90 quilos de peso. Explorador atrevido de novas e prometedoras terras onde vivir. E case o consegue para a nosa satisfacción por ter finalmente os propios osos, afincados na aterra galega de onde nunca deberon deixar de vivir.
Cruzar León rumbo a Galicia, lles está custando a vida a estes osos viaxeiros. Nesta ocasión foi a mala fortuna que cruzou ó animal co camión na madrugada, pero nun caso anterior aínda moi presente, foron as malas artes dun malnacido, que o esperou agochado no camiño, a pouca distancia da fronteira e lle disparou ata matalo, deixando o corpo abatido na senda. Un cazador, coma sempre, con dereito a matar que nin tan sequera pagou polo que fixo á sociedade, aínda que espero co pague á natureza do xeito que esta lle impoña. Co seu acto, tan asasino como outros castigados coa cárcere, puxo fin ó esforzo da vida por recompoñer as malas artes dos humanos e ó de tantas persoas nobres que están a loitar pola supervivencia dos plantígrados.
Hoxe a tristura invade o bosque galego, porque cada oso que morre é unha parte da nosa identidade a que se perde. Yosy
-----------

Etiquetas: ,