Participación da SGHN no “I Encontro Ecoloxista” - Santiago, 7 de marzo 2009
A SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) participou no "I Encontro ecoloxista" organizado dende a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) que se celebrou o 7 de marzo en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego (San Domingo de Bonaval).O encontro pretendeu servir de punto de encontro entre os grupos para contribuír así á posta en común de experiencias e recursos. Coa intención de facer deste encontro un espazo para o debate no que analizar os puntos fortes e febles do movemento ecoloxista en xeral, e a súa relación coa Educación Ambiental, en particular.
Etiquetas: Medioambiente e ecoloxía



0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio