Puntualizacións sobre os GOLFIÑOS SOLITARIOS. ¿Qué facer?
Considerándose como que pode danar, molestar ou inquietar ós cetáceos circunstancias entre outras, como o contacto físico con embarcacións ou persoas, producir ruídos ou sons fortes ou estridentes e bañarse o mergullarse na zona de exclusión.
Pode parece que o animal é amigable e xoguetón e que disfruta do contacto coas persoas e para o noso normal comportamento humano, egocéntrico e simplista que nos fai disfrutar dun delfín tan divertido e especial, pode non entenderse por qué está mal alimentar esta conducta extraviada dun animal salvaxe, que mide máis de catro metros de lonxitude e pesa uns catrocentos quilos, co que esto supón se nos atopamos con el baixo a auga.
No noso deambular pola costa galega, fomos testemuñas dese comportamento inadecuado cos golfiños, as más das veces sen desexo inicial de facerlles mal, pero froito da ignorancia e do descoñecemento, que a fin de contas é a causa da maior parte dos males deste mundo. Recordo neste intre o caso dun pequeno golfiño, unha cría duns seis o sete meses de idade que froito de non se sabe que suceso, rematou perdido e aparentemente confuso nas augas someras da ría de Ares. Un grupo pequeno de individuos da manda á que pertencía acudiu tras el para recuperalo, iniciando un sorprendente baile no que os adultos xiraban ó redor do pequeno, empuxándoo nun intento de reconducilo cara ó mar aberto. Loitaban pola vida da cría e pouco a pouco foron conseguindo que o animal se centrara e seguira os seus movementos, ata que un individuo coa súa embarcación lanzouse contra o grupo dispersando ós animais e facendo co enfermo afundira. Individuo que interpretou a conducta animal como lle veu en gana e meteuse no que creou ver como unha festa, un espectáculo dos divertidos animais que na realidade ocultaba unha desesperada loita entre a vida e a morte.
Son moitos os golfiños solitarios enfermos, cunha conducta desviada, que non puideron adaptarse ó seu grupo de especie, a súa manda, que remataron a súa experiencia humana de mala maneira, mortos por eses simpáticos humanos que parecían divertirse tanto con el, pero que ante as molestias que finalmente o animal poidera causar, decidiron poñer fin a súa vida.
As imaxes, fotos e vídeos que enaltecen e amosan o comportamento de xogos de persoas con golfiños solitarios, alientan e animan a ese tipo de comportamento que a longo prazo prexudica o animal e dende logo é contrario ó texto dunha lei que custou tanto conseguir e que ven a protexer a unha especie con graves problemas de subsistencia. Yosy
Etiquetas: MAMIFEROS MARIÑOS
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio