30.6.08

Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) “SEIRUGA” – (27 de xuño 2008)


Unha pequena Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) foi atopada o xoves 26 de xuño, na praia de Esteiro – Seiruga (Malpica). Mide tan só 21 centímetros e ten moi pouco peso. Lle puxemos o nome de SEIRUGA.
Foi ingresada na UCI de Lobos Mariños e Tartarugas da SGHN-CEMMA en Ferrol, o venres 27 de xuño, a primeira hora da mañá.
Iníciase o proceso de recuperación, unha vez máis, dunha tartaruga mariña, especie moi ameazada en todo o mundo, que pasa un longo tempo da súa vida deambulando polo océano, ata alcanzar unha madurez sexual que lle permita reproducirse.
Nesa viaxe, aínda insuficientemente coñecido para a ciencia, chegan ata as costas de Galicia, rodeadas de medusas que comparten a súa ruta.
Esperamos que a recuperación deste pequeno animal se complete con éxito e chegue a bo fin como aconteceu coas outras tartarugas que pasaron polas nosas instalacións.
Nas primeiras vintecatro horas de estancia, conseguiuse que activase o seu metabolismo e que comera por si soa por vez primeira.
----------

Etiquetas:

A IMAXE AGOCHADA – O fútbol de onte - (29 de xuño de 2008)


Mentres se estaba a celebrar o partido de fútbol de onte, as televisións que non ficharon pola retransmisión dedicábanse a percorrer a península, nunha noite de exaltación patria, onde polo que parece, todos aparcaron as súas crenzas políticas e diferencias ideolóxicas para erixirse en fogosos defensores da bandeira nacional e das súas cores, que non do deporte no seu amplo significado.
Eche moi difícil sobrevivir neste mundo cando non se é afeccionada a o fútbol e case que unha non se decatara do evento se non fora polos medios de comunicación, que dun pantallazo deciden que a noticia do día é o xogo da pelota.
Así que é difícil non decatarse dicía que este é un campionato no que a selección de aquí chegou ata a final. Pois ben, nesa toma de contacto que as televisións fan co desenrolo do partido, amosábanse diferentes concentracións de afeccionados a todo o longo do Estado, agora unidos por unha pelota.
O fervor vai crecendo á par cos ánimos e a algúns periodistas vailles fallando as neuronas ou o xuízo.
E digo isto, porque nunha destas retransmisión (Antena 3 era a cadea e Burgos a capital) aparece unha praza de touros, onde mentres se daba morte a un touro, que no momento da conexión ficaba tremente e cheo de sangue, a xente celebraba a gritos o gol da selección, indiferente a o corpo que se estremecía ata caer. Nenos incluídos.
Unha xa non sabe como fuxir la inmisericordia humana, que ataca ata nos momentos máis inconcibibles. Así que apaguei a televisión xa definitivamente e busquei acomodo na cama, tentando que co peche dos ollos se borraran as duras imaxes da miña cabeza nas que se mesturaban as risas dos nenos no pano de fondo da morte dun animal.
---------

Etiquetas:

26.6.08

Aprobada proposición de lei recoñecendo os dereitos á vida e a liberdade dos grandes simios (25 xuño 2008)

A Comisión de medio Ambiente, Agricultura e pesca do Congreso dos Deputados aprobou o mércores día 25 unha proposición non de lei de IU-ICV que insta a o Goberno a sumarse a o Proxecto Gran Simio nun prazo de catro meses e deste xeito garantir o dereito á vida , á liberdade e a non ser torturados destes animais.
O texto aprobado pide a o goberno que se sume á iniciativa que pretende preservar e protexer do maltrato e da morte a orangutáns, chimpancés, bonobos e gorilas, a os que lle recoñece a capacidade para coñecerse a si mesmos, capacidades cognitivas amplas e complexas.
Nun prazo dun ano a partir da adhesión a o programa, terase que adecuar a lexislación española a os principios do mesmo. Deste xeito, prohibirase de forma expresa a experimentación e investigación que dane a os simios e non redunde no seu beneficio, así como a súa tenencia con fins comerciais ou para espectáculos. Segundo o portavoz, Joan Herrera, o obxectivo é evitar a desaparición destes animais, devolverlles a dignidade, prohibila tortura, morte e escravitude e garantir “unha vida digna” para a especie.
O grupo poñente subliñou que un recente informe das Nacións Unidas alertaba do risco de desaparición de grandes simios pola destrucción dos seus hábitats naturais, a expansión de enfermidades infecciosas e a presión humana.
A petición saíu adiante cos votos da maioría dos grupos.

---------------

Etiquetas:

24.6.08

PUBLICADO EN: "Matrato de animais - unha vez máis" - (La Voz de Galicia - 24 de junio 2008)


Déixanos sen palabras este novo suceso de maltrato ós animais. Trasladamos a noticia a o noso blog, tal e como foi relata na web http://www.lavozdegalicia.org/.


"La Guardia Civil de Baiona, en colaboración con la Policía Local de este ayuntamiento, detuvo el pasado fin de semana a un hombre por haber matado a palos a un perro y haber maltratado a a otros dos canes que tenía en su domicilio en completo estado de abandono y sin alimentarlos.
Los agentes encontraron un tubo de hierro de un metro y medio de largo y cinco centímetros de diámetro que estaba manchado con restos de sangre, así como una cuchilla en forma de tenaza que se encontraba junto al perro muerto.
Los agentes locales tuvieron que pedir ayuda a la Guardia Civil para poder enfrentarse al panorama abominable que se encontraron al entrar en el domicilio del detenido, Enrique J.?L., de 44 años, ubicado en el barrio de Tomada, de la parroquia de Belesar.
Desde la vía pública observaron atado dentro de la finca un mastín adulto con cortes en las orejas y heridas sangrantes.
Lassie, de unos 15 años de edad, se encontraba en una situación de extrema delgadez y viviendo sobre sus propios excrementos.
Encerrado en un establo y también rodeado de estiércol, localizaron otro mastín atigrado, León, de 9 años e hija de la anterior. El animal presentaba una herida en la cabeza, que estaba en carne viva, y también tenía las orejas cortadas.
Junto a las cuadras localizaron el cadáver de otro perro de raza mestiza que presentaba un fuerte golpe en la cabeza y, a su lado, las tenazas que supuestamente habían sido utilizadas para acabar con su vida.
Los hechos debían de haber ocurrido hacía poco tiempo, puesto que los agentes notaron el cuerpo aún caliente y, al moverlo, comenzó a salir sangre por la boca. Los dos perros que sobrevivieron a las palizas se encontraban en una situación de delgadez extrema y mostraron una gran sumisión ante los agentes dentro del habitáculo, que todos los indicios apuntaban a que nunca había sido limpiado.
Una empresa de Ponteareas se llevó a los animales en vista de que el Concello de Baiona carece de un servicio municipal de recogida de animales abandonados. El cuerpo sin vida del perro sin raza también fue trasladado a esta empresa para su posterior incineración.
Declaración
El dueño de los perros tuvo que ir a declarar al cuartel de la Guardia Civil en Vigo después de haber sido citado y fue entonces cuando los agentes procedieron a su detención como presunto autor de la muerte de un perro y el maltrato a los otros dos.
Esta persona fue puesta después en libertad con la obligación de comparecer cuando sea citado por el Juzgado de Primera Instancia e Instrucción número 2 de Vigo.
El suceso ha causado una gran conmoción entre el vecindario de la parroquia de Belesar y también llegó a conmover a los agentes que actuaron en las diligencias debido al panorama espeluznante con el que se encontraron al llegar al lugar. Los animales vivían en unas condiciones higiénicas deplorables y sin recibir ningún tipo de cuidado por parte de la persona que los tenía a su cargo".

Etiquetas:

23.6.08

Colaboración no dominical "Nordesía" (Diario de Ferrol) - 22 xuño 2008

Artigo: "TERRA DE LINCES (I)"
Texto e fotos: Yosy

Etiquetas:

16.6.08

Colaboración no dominical "Nordesía" (Diario de Ferrol) - 15 junio 2008

Artigo: "REPASO A UNHA LEI"
Texto e fotos: Yosy

Etiquetas:

12.6.08

Colaboración no dominical "Nordesía" (Diario de Ferrol) - 8 de Xuño de 2008

Etiquetas:

11.6.08

BEN FEITO: Pan galego de Lugo

Habería que darlle un premio ao mestre panadeiro que fixo esta obra de arte. Aí o tedes fotografado enriba dun cepo de carballo centenario, no máis profundo do bosque de Ancares, formando parte da natureza mesma.
Pan da montaña luguesa, amasado cunha mestura de trigo e centeo, con auga limpa e pura que non veu tratamentos químicos e forneado con leña.
A piques estiven de non partilo e deixalo alí, formando parte do entorno, pero era máis forte o desexo de sentilo na boca, con a súa miga compacta e algo húmida, pola que non pasan os días, mantendo o sabor e a textura durante xornadas.
Non sei moi ben onde se coceu, As Nogais, Doncos, Noceda … pero eu o merquei en Pedrafita, onde foi transportado como un tributo. O levei, envolto e protexido sobre as costas, esperando o momento de sacalo á luz e deixei que fose longo o camiño ata atopar este altar do sacrificio, para ofrecelo a o bosque.
Recordei entón a aquel amigo, que cando chega o momento de facer alto na ruta, abre a súa mochila e deixa brotar dela unha inmensa barra de pan, branca e esfameada, das que se fan terras afora de Galicia. Séntase co premio e antes de calquera outro movemento, parte o cornecho da punta e o bota na espesura para compartir o seu cobizado botín co monte que lle rodea e só entón permítese abrir o prezado corpo para aderezalo con outros engadidos.
Debera eu facelo mesmo co meu tesouro?. E mentres dubidaba en como meterlle o coitelo e facía contas sobre o reparto, un raio de sol filtrado entre as follas acariciou o meu pan, dándolle unha cor dourada. Pareceume nese intre que todo o bosque facíase dono da barra feita arte e o medo apoderouse de mín.
Collín o pan e botei a camiñar, lonxe do dominio das árbores, buscando as alturas máis protectoras, e alí como un animal famento, como o lobo co seu botín, dedíqueme a saborear a xoia de fariña, dunha a outra punta, recordando as miñas derradeiras viaxes cara ao sur e cara ao leste, sen pan de verdade, o auténtico pan galego.
-----------------

Etiquetas:

9.6.08

DISPOSICIÓN LEGAL: Lei de Minaría (DOG de 6 de xuño 2008)

Lei 3/2008, do 23 de maio,
de ordenación da minaría en Galicia.

DOG – 6 de xuño de 2008-06-09


http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/2611E?OpenDocument


A minaría é un sector que presenta unha notoria incidencia sobre o medio ambiente e a ordenación do territorio, o cal fai precisa unha adecuada conciliación do desenvolvemento do sector mineiro coa protección dos bens xurídicos en xogo. Para esta finalidade é necesario dispoñer dun marco normativo coherente e actualizado que teña presente os cambios institucionais, tecnolóxicos e ambientais producidos na sociedade desde a aprobación da Constitución española e do Estatuto de autonomía.

Asemade, a lexislación ambiental aprobada con posterioridade á lexislación estatal de minas, en materia de residuos, control integrado da contaminación, impacto ambiental, avaliación ambiental estratéxica e outras, debe poñerse en relación coa normativa da minaría e conformar unha regulación integrada que permita un desenvolvemento sustentable das actividades extractivas.

Atención especial a o título V que orienta a acción da administración cara á innovación tecnolóxica que permita a mellora no aproveitamento dos recursos mineiros, a minimización dos residuos e das emisións e o pechamento dos ciclos produtivos. Para iso prevense actuacións en materia de investigación e formación, incentivos económicos e a declaración de concellos mineiros.
-----------

Etiquetas:

4.6.08

Rastros de fauna na Serra de San Mamede - (24, 25 e 31 de maio - 1 de Xuño)

Os dous últimos fins de semana de Maio e dentro do ciclo “Camiñando ao son das montañas”, organizado por “Amigos da Terra”, celebráronse os derradeiros roteiros de achegamento á natureza que teñen como base o Centro de Educación Ambiental de “As Corcerizas”.
En cada un destes catro fins de semana, a xornada principal do sábado dedicouse á aproximación e coñecemento da Serra de San Mamede e en especial do “Bidueiral de Montederramo”, considerado como o mellor bosque autóctono con que conta Ourense, catalogado como de importancia comunitaria dentro da Red Natura 2000.
Este proxecto, no que participou a SGHN, aportando coñecemento da fauna que habita este ecosistema, estaba encamiñado a achegar a natureza a un maior número de persoas e por riba de todo, ensinarlles a convivir co medio e a respectalo.









Etiquetas:

3.6.08

ALASKA na campaña contra as corridas de touros de PETA e ANIMANATURALIS


A cantante ALASKA participa nunha campaña das organizacións PETA e ANIMANATURIS contra as corridas de touros, que ten como lema “A verdade espida: a tauromaquia é cruel”.
No cartel da presentación pode verse á artista, fotografada por Juan Gatti, sen a roupa e con tres banderillas cravadas nas costas.
Desexamos desde estas páxinas e de acordo coa nosa sensibilidade cara a este e outros temas de maltrato animal, darlle a noraboa á artista, cremos que primeira no panorama español, que ten a coraxe de sela voz de tantos que pensamos que as corridas de touros son a “vergoña nacional”. De tantos que magoados contemplamos desde nenos esas escenas terroríficas de morte e sufrimento reconvertidas en “arte”, conscientes do mal, pero imposibilitados de rematar con el.
Sabemos que esta campaña é tan só un xesto, que por si só non poderá arrincar a enfermidade e que fan falla moitas máis menciñas para rematar coa peste, pero é un xesto valente que aplaudimos.
Destacamos tamén, dos moitos comunicados sobre este tema que circulan en internet, o de David Cacho de “informativost5.com”, que transcribimos a continuación:

“Alaska contra las corridas de toros... Y yo también

¡Por fin! Un artista español sale del armario y se lanza al ruedo en contra de las corridas de toros... Alaska llevaba años, décadas, como activista de esta causa: elaborando sus propias pegatinas de propaganda, recogiendo autógrafos en el camerino después de sus conciertos -escasos, como reconocía ella esta mañana-... Pero nunca se había implicado hasta el punto de prestar su imagen para una campaña de PETA -la ong estadounidense que lucha por el trato ético a los animales-. Lo hace posando en plan pin up de los años 40 para el gran Juan Gatti, el ilustrador de los títulos de las pelis de Almodóvar. Aparece atravesada por tres banderillas en la espalda, cual San Sebastián de la causa antitaurina. Y lo hace como todo lo que hace Alaska: con dignidad, valentía y buen gusto...
Hace unas semanas yo también decidí salir del armario y confesar que soy fan de OT -lo que, siendo treintañero, viviendo en Malasaña y con varios amigos gafapasta, no deja de ser un acto de heroicidad-. Bueno, pues ahora, y aguijoneado por Alaska, me cargo de nuevo de valentía para gritar -precisamente en esta casa- que ¡¡¡yo también aborrezco las corridas de toros!!!
Repaso brevemente algunos de los argumentos tópicos de los defensores de su fiesta nacional -la mía, desde luego, no-.
-También se matan animales para consumo de carne: ya, y también muchas moscas por puro desquiciamiento. Pero no se critica el hecho de matar un animal -quizá lo hagan los más fundamentalistas- sino el de torturarlo, algo sin duda más deleznable desde el punto de vista ético. Por eso, la propuesta de no matar al pobre toro después de la corrida es un despropósito aún mayor que no hace sino prolongar su agonía.
-El toro no sufre: bien. Y los reclusos de Guantánamo bailan cuando les ponen esa musiquita tan agradable en las celdas durante días. Y a las mujeres maltratadas les gusta ser golpeadas. Y los inmigrantes se lo pasan bomba en los centros de internamiento. Es difícil discutir con estos argumentos...
-El toro es un animal criado exclusivamente para las corridas. Si no hubiera, desaparecería: creemos razas de animales entonces para hacer con ellos lo que nos venga en gana. ¿Alguien piensa que el toro de lidia desaparecería si se le dejara en libertad en un hipotético parque nacional de las dehesas extremeñas?
-El toro vive de puta madre. Ya quisieran las vacas estabuladas tener una existencia tan agradable...: desde luego, también hay que luchar para acabar con la tortura de los animales destinados al matadero, pero... Y enlazamos con el siguiente argumento falaz...
-Hay cosas más importantes por las que luchar: pues nada. Propongo que hasta que no se acabe con el hambre en África no se destine ni un duro a la lucha contra la esclerosis múltiple, un problema que afecta a mucha menos gente; que el gobierno de Zapatero no invierta en carreteras hasta que no dejen de morir españoles de cáncer; o que el gobierno vasco no gestione la sanidad o la educación hasta que no se haya acabado con el terrorismo etarra...
En fin, amigos, que cada día me doy más cuenta de que hay una regla de oro universal e inevitable que dice que el grado de civilización de una sociedad es inversamente proporcional a la crueldad con la que trata a sus animales. Pero, por eso mismo, estad tranquilos, aficionados a los toros: hay fiesta para rato... (David Cacho)”
---------

Etiquetas:

2.6.08

Colaboración no dominical "Nordesía" (Diario de Ferrol) - (1 de xuño 2008)

artigo: "O Río"
Texto e foto: Paulino Gasalla
Astronomía: Efemérides de Xuño 2008
Texto e foto: Paulino Gasalla

Etiquetas:

1.6.08

Protección de cetáceos: Chile un exemplo a seguir

Maio de 2008 pasará a historia porque neste mes unha nación, Chile e unha presidenta, Michelle Bachelet, anunciou a creación dun territorio libre da caza de cetáceos, un santuario de baleas en augas chilenas.
A Presidenta asegurou ademais que a súa nación repudiará a captura e morte de baleas con fins científicos na próxima reunión da Convención Baleeira Internacional.
A idea da creación deste Santuario concretouse a finais do pasado ano, por parte de máis de cen grupos ecoloxistas e organizacións de pescadores, contando co voto favorable da Armada de Chile e co 97 por cen da poboación deste pais.
Miramos agora para os nosos políticos, esperando que o exemplo cunda. E falamos especialmente de Galicia, cunha gran riqueza e variedade en especies de mamíferos mariños, ao longo da nosa extensa costa ou preto de augas galegas. Galicia ten moito que dicir e debe facelo, conducindo unha iniciativa similar á do pobo chileno, a quen felicitamos.
------

Etiquetas: