31.5.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (27 de Maio de 2007)

Artigo: CAFEÍNA
Autora: Yosy

ASTRONOMÍA: Efemérides de Xuño
Autor: Paulino Gasalla

Etiquetas:

27.5.07

CABALOS CON TRABAS. Unha infame costume – (Maio 2007)



Foi naquel Venres Santo do ano 2005, cando nos sentimos angustiados ante a impoñente figura do garañón, elevándose sobre as patas posteriores, únicas libres de ataduras, nun esforzo por tentar escapar da obrigada inmobilidade que lle ocasionaban as trabas, colocadas nas extremidades dianteiras.

Nunca antes presenciáramos a terrible realidade de tantos cabalos e eguas que andan ceibes polos montes e esta escena se presentou ante nos como unha labazada. Dúas trancas de madeira pendían dos pezuños do animal, facendo case imposible que este progresase entre a matogueira, tropezando un pao con outro, coa vexetación, coas pedras... Os trebellos limitaban de tal xeito ao animal que en toda aquela xornada o seu desprazamento foi mínimo.
Douscentos metros deste cabalo, estaba o resto da manda tamén condenada a levar as trancas, pero nunha soa pata. Só as crías librábanse desta pena imposta polo home e se movían ao redor nas súas impotentes nais, que non poden ensinarlles a máis prezada das habilidades dun equino, correr libre polo monte, con as súas patas longas e áxiles. Estes cabalos, segundo soubemos despois, viven toda a súa vida encadeados a estas trancas de madeira e morren con elas, as máis das veces. Pódese supoñer a cantidade de accidentes causados polo impedimento das trancas que se producen e que teñen como consecuencia a rotura das patas dos cabalos, ou os accidentes de tráfico que se producen a causa da imposibilidade que ten o animal de reaccionar con axilidade ante un vehículo. Destacar tamén a nula posibilidade de defensa ante o ataque de predadores, como os lobos, para quen capturar a un animal nestas condicións é moi doado. E que dicir das femias acabadas de parir, impotentes para defender a súa pequena cría ante un ataque.

Etiquetas:

CABALOS CON TRABAS. Unha infame costume (2)

A tranca de madeira non é o único instrumento de tortura para inmobilizar aos animais, cordas e ata cadeas forman parte tamén do inventario de utensilios habituais, que nos traen á memoria séculos pasados nos que homes encadeaban a outros homes, facéndoos escravos e privándoos de dignidade e vida.

Dende a SGHN iniciamos no ano 2005 unha campaña para concienciar da necesidade de erradicar unha vergoñenta costume, que parece reducirse a nosa Comunidade e que nos enche de pesadume. Se confeccionou un expediente informativo que foi entregado a SEPRONA e á Xunta, no que se alertaba do problema e se facilitaban os textos legais cos que enfrontarse e combater este funesto comportamento. Se daban así mesmo diferentes puntos de Galicia onde se estaba a practicar este maltrato aos cabalos, documentado con fotografías e fechas. Se relacionaban algúns accidentes de circulación por estradas secundarias producidas pola inmobilidades destes animais e, por suposto denunciábamos a utilización cos cazadores facían das mortes destes cabalos para solicitar batidas de lobos en certos puntos da Comunidade, obviando que os cabalos con trabas son presas fáciles e indefensas.


Nestes últimos días e por medio da prensa, puidemos coñecer a feliz iniciativa do fiscal da Audiencia de Pontevedra, Benito Montero, de abrir dilixencias informativas sobre o maltrato que sofren os cabalos na nosa Comunidade. A tal fin, o SEPRONA, a instancia da fiscalía iniciou unha investigación para identificar aos donos dos animais e confirmar todos aqueles puntos onde se rexistra esta cruel costume.

Tralas primeiras publicacións nos diarios, foron moitas as denuncias que se uniron a este informe e que incluían diferentes zonas de Galicia. Aquí e acolá apareceron ollos que tamén se doían da imaxe dos animais maltratados e rexeitaban o feito. Esto fai que a Garda Civil estea a ampliar as indagacións.
Os autores deste maltrato e aldraxe, en canto dan un trato ademais de cruel, inxusto e humillante para uns animais que acompañaron ao home no seu camiño pola evolución e foron fundamentais no seu resultado, se agochan no descoñecemento da súa propiedade, xa que deixan aos cabalos no monte e tan só se preocupan do rendimento económico que poden sacar deles.

Atopar quen é o desaprehensivo propietario é a maior dificultade na labor policial. Mentres tanto, os animais están a seguir sufrindo a agonía que presenciáramos aquel Venres Santo, imaxe que ven aos nosos pensamentos con frecuencia, e que nos fai preguntarnos por que razón non se poden tomar medidas urxentes para liberar aos cabalos das trancas no momento que son atopados, aínda que non se coñeza a quen pertencen e logo continuar coas investigacións que descubran quen está detrás do delicto.
Dous son os cargos directos principais que poden ser imputados a estes seres humanos carentes de escrúpulos, dun delicto de maltrato de animais e outro contra a seguridade do tráfico. A evidencia do maltrato se apercibe nada máis atoparse co desgraciado equino, tanto nos danos físicos como os que ocasiona a permanente prisión que impide ao cabalo vivir como tal.
O fiscal recordou o triste final que moitos destes animais tiveron durante os dramáticos incendios forestais do ano pasado, nos que tralas lapas e entre as cinzas do monte, apareceron os corpos carbonizados de moitos cabalos con trabas, incapaces de escapar do inferno de fogo e medo.

Conforme á Lei 1/1993 de 13 de abril “Protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade” e o regulamento que desenvolve dita lei, Decreto 153/1998 de 2 de abril, a SGHN pon periodicamente a disposición do SEPRONA a información recollida na nosa asociación sobre os puntos da Comunidades onde se detecta a utilización de trabas en cabalos, algúns destes lugares aparecen relacionados a continuación:

Etiquetas:

26.5.07

A Xunta proxecta fumigar os bosques de ANCARES - (Maio 2007)

Os medios de comunicación, nestes últimos días, recollen a noticia de que a Consellería de Medio Rural planea fumigar ata 400 ha de bosque autóctono nos ANCARES, atacado por unha praga de insectos defoliadores.
Este fenómeno xurdiu no 2005 e fíxose notar no pasado ano, afectando a parte dun dos mellores bosques que se conservan nas montañas galegas, refuxio dunha gran variedade de fauna, con especies emblemáticas. Na foto que acompañamos, tomada en xullo de 2006, pódese apreciar tanto a impresionante masa forestal como os danos que causou o insecto. Este ano, repítese o ataque, se ben esta praga, polo de agora, non ameaza á supervivencia e viabilidade das árbores, polo que dende a SGHN creemos que a fumigación cun axente biolóxico de laboratorio de acción inespecífica, ademais de controlar a praga de defoliadores, terá efectos perxudiciais sobre as poboacións das demais especies de insectos, moitos deles beneficiosos ou mesmo protexidos, e que xogan un papel indispensable no ecosistema.

Os efectos na cadea trófica en plena época de reproducción e crianza da meirande parte das especies de fauna, e nun espacio de sobranceiros valores naturais como os Ancares, son impredecibles.
Neste senso, o noso Presidente Serafín González, en representación da Sociedade Galega de Historia Natural, dirixiu escritos aos Conselleiros de Medio Ambiente e Medio Rural, solicitando que adopten as medidas necesarias dentro das súas competencias, para que a Xunta de Galicia desbote o devandito plan de fumigar as fragas de ANCARES, substituíndo esta agresiva solución por outra menos prexudicial.
Confiamos e desexamos que a nosa petición sexa considerada, evitando con elo causar danos maiores á castigada bioloxía dos bosques de ANCARES.

------

Etiquetas:

Exposición Itinerante - ARTEIXO - (21-25 maio 2007)





Etiquetas:

24.5.07

Carballeira de MENÁNCARO - Recurso de Reposición (Maio 2007)

Etiquetas:

23.5.07

A pequena Toniña “POPEYE” – (Maio 2007)



Descoñecemos a triste historia que se agocha trala aparición de dúas Toniñas (Phocoena phocoena) vivas na costa sur de Galicia. Foi o martes, 15 de maio, en Bueu e Bouzas. Ambas moi pequeniñas, con poucos días de vida, loitando por sobrevivir nun medio agresivo, moito máis se cabe para estes animais indefensos sen a protección da súa manda.
A primeira morreu durante o traslado e a segunda, de 90 centímetros de longo e nove quilos de peso, loitou por sobrevivir durante dous días.
Os nosos compañeiros da CEMMA estiveron ao seu carón todo o tempo coidando e tentando alimentar á toniña, vendo impotentes como se lle escapaba a vida. Momentos duros para quen dedica parte da súa vida á atención e coñecemento destes animais, máis dramáticos se cabe tratándose da escasa e difícil de atopar Toniña, unha das especies máis valiosas da nosa costa. Deixamos como recordo de POPEYE, as fotos coa figura tenra do animaliño rodeado do cariño e coidados dos homes e mulleres da CEMMA.
Un destes compañeiros comparte con todos nos os momentos vividos. Os seus sentimentos chéganos dende a páxina do seu blog: http://papirosdehermaco.blogspot.com/

------

Etiquetas:

21.5.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (20 maio 2007)

Artigo: "O SAL DA MAR"
Texto e foto: Yosy

Etiquetas:

16.5.07

MENÁNCARO – Un novo capítulo (Maio 2007)


No DOG nº 91 do venres 11 de maio de 2007 publícase o edicto do Concello de Ferrol, polo que se comunica a aprobación por “silencio administrativo” do Plan de Sectorización de Menáncaro, en Serantes, promovido por Bros Noroeste Empresa Inmobiliaria S.L.
Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir desta publicación.
Este é o presente ameazado da carballeira de Menáncaro, un dos poucos espacios verdes que nos quedan no entorno de Ferrol. ¿Cal será o seguinte paso…?
----

Etiquetas:

14.5.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (13 maio 2007)

Artigo: "CAZA DE FOCAS"
Texto: Yosy

Etiquetas:

Percorrido polas FRAGAS DO EUME (9 de xuño 2007)


Etiquetas:

Próxima exposición itinerante (Arteixo, do 21 ao 25 Maio 2007)


Etiquetas:

13.5.07

REGANOSA – Concentración no Porto de Ferrol – (12 de Maio de 2007)

Etiquetas: ,

12.5.07

Ciclo de Conferencias "SUSTENTABILIDADE" - (Abril e Maio 2007)


A RÍA DE FERROL E A SÚA SITUACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Relatores:

VICTORIANO URGORRI CARRASCO
Catedrático de Zoología Mariña

JOAM LUIS FERREIRO CARAMÉS
Biólogo
---

Etiquetas:

7.5.07

“A LIMPAR O MUNDO” – Limpeza da praia de Esmelle - (6 de Maio de 2007)


Unha vez máis, e dentro da campaña “A limpar o mundo”, a SGHN organizou a limpeza da praia de Esmelle, na que participaron rapaces xunto cós seus pais. Recolléronse uns 700 quilos de lixos, entre plásticos e refugallos procedentes dos retretes e que rematan nas praias. Trala selección do recollido, o lixo foi depositado nos contenedores axeitados, dispostos polo Concello de Ferrol.
----

Etiquetas:

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (6 de maio de 2007)

Etiquetas:

6.5.07

Manifestación contra a DEGRADACIÓN DO TERRITORIO – Santiago 6 de Maio de 2007

Celebrouse en Santiago a manifestación convocada polos colectivos ecoloxistas que figuran a continuación, entre os que se atopa a SGHN.

Ademais de contar co apoio de galegos ilustres como Darío Xohan Cabana, Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Gustavo Luca de Tena, Suso de Toro, Margarita Ledo, Antón Seoane, Marilar Aleixandre, Fon Román, Antón Santamarina Fernández, Francisco Fernández Rei, Francisco Sanpedro, por citar só uns poucos nomes entre os máis de cen firmantes.
Coa consigna “Galiza non se vende. Terra viva e vida digna para tod@s”, quería facer unha chamada de atención pola conservación da paisaxe e os valores naturais de Galicia.
Tras partir da Alameda e percorrer as principais rúas de Compostela, rematou na Praza da Quintana, onde a actriz Mabel Ribera leu un comunicado final no que se pedía:
. A implantación dunha nova cultura do territorio que poña límites á artificialización irreversíbel do territorio, que procure a adecuación dos usos do solo ás súas aptitudes, que non destrúa as nosas mellores paisaxes, que free a especulación inmobiliaria, que facilite o acceso a unha vivenda digna, que mellore a habitabilidade de cidades, vilas e aldeas e reduza a demanda de transporte motorizado, xerando proximidade.
. O cumprimento da lexislación vixente.
. Unha nova Lei de Ordenación do Territorio fundamentada na protección dos valores sociais, ambientais e culturais do territorio galego, cuns modelos de planeamento que teñan un marco de referencia supramunicipal. Unha nova lei que, partindo da protección de todo o solo non urbanizable, estableza a obriga de demostrar a necesidade e racionalidade de modificar esa protección polas necesidades de crecemento dos núcleos de poboación e na que desapareza o axente urbanizador.
. Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral.
.
Protección efectiva dos espacios naturais e ampliación das figuras de protección ambiental. Definindo claramente os lugares protexidos e creando corredores ecolóxicos, pontes de vida que permitan manter ecosistemas dinámicos e interconectados.
. Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio.
. Responsabilidade e concienciación ás persoas que habitamos esta terra.
---

Etiquetas:

5.5.07

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)


Varamentos na costa de A Coruña
GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)

Etiquetas:

4.5.07

Ciclo de Conferencias "SUSTENTABILIDADE" - (Abril e Maio 2007)


URBANISMO E MEDIO AMBIENTE.
UN PROXECTO ALTERNATIVO
PARA A CIDADE DE FERROL


Relator:

MIGUEL REIMUNDEZ GONZÁLEZ
Arquitecto
---

Etiquetas:

2.5.07

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - GOLFIÑO RISCADO (Stenella coeruleoalba)


Varamentos da costa de LUGO
GOLFIÑO RISCADO (Stenella coeruleoalba)
---

Etiquetas:

1.5.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (29 Abril 2007)


Etiquetas: