CABALOS CON TRABAS. Unha infame costume – (Maio 2007)


Nunca antes presenciáramos a terrible realidade de tantos cabalos e eguas que andan ceibes polos montes e esta escena se presentou ante nos como unha labazada. Dúas trancas de madeira pendían dos pezuños do animal, facendo case imposible que este progresase entre a matogueira, tropezando un pao con outro, coa vexetación, coas pedras... Os trebellos limitaban de tal xeito ao animal que en toda aquela xornada o seu desprazamento foi mínimo.
Douscentos metros deste cabalo, estaba o resto da manda tamén condenada a levar as trancas, pero nunha soa pata. Só as crías librábanse desta pena imposta polo home e se movían ao redor nas súas impotentes nais, que non poden ensinarlles a máis prezada das habilidades dun equino, correr libre polo monte, con as súas patas longas e áxiles. Estes cabalos, segundo soubemos despois, viven toda a súa vida encadeados a estas trancas de madeira e morren con elas, as máis das veces. Pódese supoñer a cantidade de accidentes causados polo impedimento das trancas que se producen e que teñen como consecuencia a rotura das patas dos cabalos, ou os accidentes de tráfico que se producen a causa da imposibilidade que ten o animal de reaccionar con axilidade ante un vehículo. Destacar tamén a nula posibilidade de defensa ante o ataque de predadores, como os lobos, para quen capturar a un animal nestas condicións é moi doado. E que dicir das femias acabadas de parir, impotentes para defender a súa pequena cría ante un ataque. 
Etiquetas: Delitos ecolóxicos e alegacións



<< Inicio