27.5.07

CABALOS CON TRABAS. Unha infame costume (2)

A tranca de madeira non é o único instrumento de tortura para inmobilizar aos animais, cordas e ata cadeas forman parte tamén do inventario de utensilios habituais, que nos traen á memoria séculos pasados nos que homes encadeaban a outros homes, facéndoos escravos e privándoos de dignidade e vida.

Dende a SGHN iniciamos no ano 2005 unha campaña para concienciar da necesidade de erradicar unha vergoñenta costume, que parece reducirse a nosa Comunidade e que nos enche de pesadume. Se confeccionou un expediente informativo que foi entregado a SEPRONA e á Xunta, no que se alertaba do problema e se facilitaban os textos legais cos que enfrontarse e combater este funesto comportamento. Se daban así mesmo diferentes puntos de Galicia onde se estaba a practicar este maltrato aos cabalos, documentado con fotografías e fechas. Se relacionaban algúns accidentes de circulación por estradas secundarias producidas pola inmobilidades destes animais e, por suposto denunciábamos a utilización cos cazadores facían das mortes destes cabalos para solicitar batidas de lobos en certos puntos da Comunidade, obviando que os cabalos con trabas son presas fáciles e indefensas.


Nestes últimos días e por medio da prensa, puidemos coñecer a feliz iniciativa do fiscal da Audiencia de Pontevedra, Benito Montero, de abrir dilixencias informativas sobre o maltrato que sofren os cabalos na nosa Comunidade. A tal fin, o SEPRONA, a instancia da fiscalía iniciou unha investigación para identificar aos donos dos animais e confirmar todos aqueles puntos onde se rexistra esta cruel costume.

Tralas primeiras publicacións nos diarios, foron moitas as denuncias que se uniron a este informe e que incluían diferentes zonas de Galicia. Aquí e acolá apareceron ollos que tamén se doían da imaxe dos animais maltratados e rexeitaban o feito. Esto fai que a Garda Civil estea a ampliar as indagacións.
Os autores deste maltrato e aldraxe, en canto dan un trato ademais de cruel, inxusto e humillante para uns animais que acompañaron ao home no seu camiño pola evolución e foron fundamentais no seu resultado, se agochan no descoñecemento da súa propiedade, xa que deixan aos cabalos no monte e tan só se preocupan do rendimento económico que poden sacar deles.

Atopar quen é o desaprehensivo propietario é a maior dificultade na labor policial. Mentres tanto, os animais están a seguir sufrindo a agonía que presenciáramos aquel Venres Santo, imaxe que ven aos nosos pensamentos con frecuencia, e que nos fai preguntarnos por que razón non se poden tomar medidas urxentes para liberar aos cabalos das trancas no momento que son atopados, aínda que non se coñeza a quen pertencen e logo continuar coas investigacións que descubran quen está detrás do delicto.
Dous son os cargos directos principais que poden ser imputados a estes seres humanos carentes de escrúpulos, dun delicto de maltrato de animais e outro contra a seguridade do tráfico. A evidencia do maltrato se apercibe nada máis atoparse co desgraciado equino, tanto nos danos físicos como os que ocasiona a permanente prisión que impide ao cabalo vivir como tal.
O fiscal recordou o triste final que moitos destes animais tiveron durante os dramáticos incendios forestais do ano pasado, nos que tralas lapas e entre as cinzas do monte, apareceron os corpos carbonizados de moitos cabalos con trabas, incapaces de escapar do inferno de fogo e medo.

Conforme á Lei 1/1993 de 13 de abril “Protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade” e o regulamento que desenvolve dita lei, Decreto 153/1998 de 2 de abril, a SGHN pon periodicamente a disposición do SEPRONA a información recollida na nosa asociación sobre os puntos da Comunidades onde se detecta a utilización de trabas en cabalos, algúns destes lugares aparecen relacionados a continuación:

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio