A Xunta proxecta fumigar os bosques de ANCARES - (Maio 2007)
Este fenómeno xurdiu no 2005 e fíxose notar no pasado ano, afectando a parte dun dos mellores bosques que se conservan nas montañas galegas, refuxio dunha gran variedade de fauna, con especies emblemáticas. Na foto que acompañamos, tomada en xullo de 2006, pódese apreciar tanto a impresionante masa forestal como os danos que causou o insecto. Este ano, repítese o ataque, se ben esta praga, polo de agora, non ameaza á supervivencia e viabilidade das árbores, polo que dende a SGHN creemos que a fumigación cun axente biolóxico de laboratorio de acción inespecífica, ademais de controlar a praga de defoliadores, terá efectos perxudiciais sobre as poboacións das demais especies de insectos, moitos deles beneficiosos ou mesmo protexidos, e que xogan un papel indispensable no ecosistema.
Neste senso, o noso Presidente Serafín González, en representación da Sociedade Galega de Historia Natural, dirixiu escritos aos Conselleiros de Medio Ambiente e Medio Rural, solicitando que adopten as medidas necesarias dentro das súas competencias, para que a Xunta de Galicia desbote o devandito plan de fumigar as fragas de ANCARES, substituíndo esta agresiva solución por outra menos prexudicial.
Confiamos e desexamos que a nosa petición sexa considerada, evitando con elo causar danos maiores á castigada bioloxía dos bosques de ANCARES.
Etiquetas: Medioambiente e ecoloxía
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio