25.5.10

XORNADAS DO MEDIO ACUÁTICO – 31 maio a 5 de xuño 2010

Día 31/05/2010:
MARISQUEO E PESCA, A CONTAMINACIÓN MARIÑA”
CARLOS BREZMES COMESAÑA (Biólogo de zona de Ferrol da Consellaría do Mar)
SANTIAGO TÁBOAS VALLEJO (Biólogo - SGHN)

Día 1/06/2010:
“BIODIVERSIDADE E POTENCIALIDADE MARISQUEIRA DA RÍA DE FERROL”
VICTORIANO URGORRI CARRASCO (Catedrático de Zooloxía Mariña e Director da Estación de Bioloxía María de A graña)
JOÁM LUÍS FERREIRO CARAMÊS (Biólogo da Confraría de Barallobre e Delegado da SGHN de Ferrol)

Día 2/06/2010:
“A CONSERVACIÓN DOS RÍOS: AMEAZAS Á SUA BIODIVERSIDADE”
FERNANDO COBO GRADÍN (Director da Estación de Hidroloxía da USC “Encoro do Con” e Presidente da Asociación Galega de Investigadores da auga)

Día 3/06/2010:
“PRAIAS, SISTEMAS DUNARES E LAGOAS COSTEIRAS”
XABIER PRIETO ESPIÑEIRA (Naturalista da SGHN)
XAN RODRIGUEZ SILVAR (Biólogo – SGHN e Director do IES “Sofía Casanova” )


Día 4/06/2010:
“BIOLOXÍA EVOLUTIVA DOS CETÁCEOS, RECUPERACIÓN DE LOBOS MARIÑOS E TARTARUGAS”
JUAN IGNACIO DIAZ DA SILVA (Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN e Responsable da U.M. do Norte da CEMMA)
ISMAEL MIJÁN VILASÁNCHEZ (SGHN)

Día 5/06/2010:
ROTEIRO POLAS FRAGAS DO EUME (Información na SGHN)

Lugar:
ATENEO FERROLÁN

Organiza:
CONCELLO DE FERROL (Concellería de Medio Ambiente)
SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL

Etiquetas:

19.10.09

Curso e exposición de rastros - Museo da Fundación ORTEGALIA

Durante o pasado fin de semana, 17 e 18 de outubro de 2009, celebrouse o curso de identificación de pegadas, rastros e outros finais de animais terrestres, impartido polo responsable do “Museo da Natureza”, Juan Ignacio Díaz da Silva.
A exposición de rastros permanecerá no Museo da Fundación Ortegalia ata fin de ano.





Etiquetas: ,

7.10.09

Curso "PEGADAS, RASTROS E SINAIS" - Fundación Ortegalia e SGHN

Curso:
Identificación de pegadas, rastro
e outros sinais
de animais terrestres
17 e 18 de Outubro de 2009

Impartido:
Juan Ignacio Díaz da Silva
Responsable do "Museo da Natureza"
da SGHN

Organiza:
Fundación Ortegalia

Colabora:
SGHN
Deputación de A Coruña

Etiquetas:

16.1.09

30 de Xaneiro de 2009 - Presentación da exposición




Etiquetas:

15.1.09

Exposición "AZUL E BRANCO"- Fotografías da Antártida de Carlos Caraglia


O día 30 de Xaneiro ás 12 horas, organizada pola SGHN, inaugurarase a exposición de fotografías sobre la Antártida de Carlos Caraglia no "Ateneo Ferrolán", quen as 18:30 presentará o seu vídeo "Proxecto polar".

Durante todo mes de Febreiro as magníficas fotografías do continente tinguido de branco e azul, realizadas por Carlos, terán a compaña das últimas pezas expositivas incorporadas ós fondos do "Museo da Natureza", que permanece pechado na espera da desexada "Casa do Coronel", a nova sede da nosa entidade, Museo, UCI de lobos mariños e tartarugas, biblioteca de medio ambiente e recuncho para dúas das seccións con máis éxitos de traballo: a de Mamíferos Mariños e a de Astronomía.

O marco, sempre amigo, do Ateneo recibirá a tódolos que querades achegaros a contemplar a obra de Carlos e o esforzo da SGHN.

Etiquetas:

XORNADAS SOBRE O MEDIO MARIÑO


XORNADAS SOBRE O MEDIO MARIÑO
Organizadas:
Pola Sociedade Galega de Historia Natural (Delegación Ferrol),
“Museo da Natureza” e Sección de “Mamíferos Mariños”

Patrocina:
Concello de Ferrol – Concellería de Medio Ambiente

Participa:
Ateneo Ferrolán



Venres 30 de xaneiro
12h. – Apertura da exposición “Azul e Branco” – “A Natureza Galega
Presentación da exposición fotográfica sobre a Antártida de Carlos Caraglia que poderá visitarse ata o día 28 de Febreiro. O “Museo da Natureza” compartirá o espazo expositivo cunha representación dos últimos traballos de conservación e montaxes de esqueletos realizados nos últimos tempos.
18:30h. – Presentación do vídeo “Proxecto polar”
Conferencia e proxección do vídeo, impartido polo autor e director do proxecto, Carlos Caraglia. A través de imaxes de vídeo e fotografías de gran formato contemplamos distintas paisaxes do continente xeado así como dos animais que poboan estas terras. Con esta exposición preténdese sensibilizar á xente da fraxilidade duns ecosistemas únicos que alberga tesouros aínda por descubrir.

Xoves 5 de febreiro
18:30h. - Conferencia “Fósiles de cetáceos modernos en Galicia”
Dende hai uns anos vimos comprobando a existencia de xacementos fósiles de cetáceos modernos nos fondos mariños da plataforma continental. Pescadores locais obteñen en redes de arrastre espécimes destes fósiles que datan do Mioceno e Plioceno, na súa maioría en excelente estado de conservación, de estratos con lodos, fosfatados e cunha escasa concentración de carbonato cálcico. Conferencia impartida por Ismael Miján Vilasánchez Integrante da XDL da SGHN Ferrol.

Venres 6 de Febreiro
18:30h. – Conferencia “Anatomía e fisioloxía dos cetáceos”
Os cetáceos, uns animais complexos adaptados a un medio tan alleo e hostil como é o mar, posúen uns mecanismos fisiolóxicos de adaptacións froito da evolución dende os primeiros antepasados, hai uns 50 millóns de anos, termorregulación, locomoción ou algo tan fundamental como o aleitado das crías baixo a auga. Conferencia impartida pola Doutora Nuria Alemañ do Departamento de Anatomía e Producción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC)

Venres 13 de febreiro
18:30h. – Conferencia “Tartarugas mariñas: situación actual, proxectos de recuperación e voluntariado”
As tartarugas mariñas teñen unha antigüidade de máis de 100 millóns de anos e ao longo da súa historia foron capaces de sobrevivir a cambios no medio, incluso a aqueles que orixinaron a desaparición dos dinosauros. Nembargante, poucas décadas de actividades humanas (saqueo de ovos, captura de exemplares adultos, pesca accidental, contaminación, destrucción de hábitats,...) as puxeron en serio perigo de extinción. Conferencia impartida por Sonia Aguiar Berea integrante da XDL da SGHN Ferrol

Mércores 25 de febreiro
18:30h. – Conferencia “Recuperación de lobos Mariños e tartarugas na UCI da SGHN Ferrol”
As tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) creouse para atender a focas e tartarugas en primeira fase de recuperación, na que polas súas doenzas precisan tratamento veterinario e coidados especiais, xa que polo xeral os animais chegan moi débiles e non saben ou non poden alimentarse por eles mesmos. Conferencia impartida por Juan Ignacio Díaz da Silva Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN.

Venres 27 de Febreiro
18:30h. – Conferencia “Ferrol, unha ría a recuperar”
Estudio da situación actual da ría e das súas capacidades. Cunha superficie, entre flota e a pé de ata catro millóns de metros cadrados, cos principais bancos de marisqueo en A Malata e Caranza, nos que o 90 por cento da extracción corresponde a Ameixa babosa. Unha zona de producción que podería significar ata dez millóns cadrados de territorio aptos para o marisqueo, tralo seu saneamento. Impartida polo Biólogo da Cofradía de Barallobre e membro da SGHN Ferrol, Joan Ferreiro Caramés.

Etiquetas:

7.10.08

Charla sobre a Bolboreta MONARCA – Fene 6 outubro 2008


Con motivo da inauguración da exposición sobre a bolboreta Monarca, organizada polo CEIDA e patrocinada pola Deputación de A Coruña e o Concello de Medio Ambiente de Fene, celebráronse o luns 6 de outubro as seguintes charlas:

ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS
Polo Profesor Titular da Universidade de A Coruña, Juan Freire Botana.

INTRODUCCIÓN Á BOLBORETA MONARCA
A cargo do responsable da colección entomolóxica do “Museo da natureza” da SGHN, Andrés Leal Viñas.

Etiquetas:

16.7.08

Formación para restauración de esqueletos en Doñana – (6 – 12 Xullo 2008)








A principios do mes de xullo, membros da Sección do “Museo da Natureza” da SGHN se desprazaron ata Doñana para recibir un curso de restauración e reproducción de esqueletos e dermoplastias. A formación foi impartida pola Empresa “DNA – Dermoplastias” que participou moi directamente na creación do “Museo del Mundo Marino” de Matalascañas.
As ensinanzas recibidas durante a semana que durou o curso nos axudarán a afrontar, cunha maior base técnica, a realización das próximas obras que incrementarán o noso “Museo da Natureza”.
Neste intre tan só precisamos un lugar onde expoñer o activo presente e os proxectos de futuro, o tan desexado e longamente esperado novo edificio da “Casa do Coronel”, que se presenta como un camiño pechado de silvas, onde é imposible chegar.
--------

Etiquetas:

12.5.08

Rastros de fauna en “As Corcerizas” – (10 Maio 2008)




Segundo fin de semana ambiental en “As Corcerizas”, dentro do ciclo “Camiñando ao son das montañas”, que ten como enclave a Serra de San Mamede, en Ourense, organizado por “Amigos da Terra” e que inclúe unha serie de actividades, entre as que se atopa un roteiro ambiental interpretativo de rastros e sinais de fauna no que colabora a SGHN.



Etiquetas: ,

28.4.08

Rastros e sinais na Serra de San Mamede - (26 abril 2008)



Dentro da primeira fin de semana ambiental: "Camiñando ao son das montañas", celebrouse na Serra de San Mamede (Ourense), organizado por "Amigos da Terra - As corcerizas", unha actividade de rastros e sinais de fauna, guiada polo membro da SGHN de Ferrol, Juan Ignacio Díaz da Silva.
Está prevista outra nova ruta para o próximo día 11 de Maio.

Etiquetas:

26.4.08

Xornadas sobre Agrocombustibeis – 4ª e última Xornada – (25 Abril 2008)



A derradeira xornada sobre “Agrocombustibeis a debate” tivo lugar este venres, 25 de Abril, cun coloquio que tentou aproximar posturas e coñecementos. Unhas conclusións que cerran estas xornadas, que podemos cualificar de moi interesantes, sobre un tema de gran actualidade e cheo de conflitividade e puntos escuros.
Como final, disfrutouse dun ágape con produtos ecolóxicos realizados pola cooperativa “Xoaniña”.

Etiquetas:

20.4.08

Xornadas “Agrocombustibeis a debate” – (18 abril 2008)





Nesta terceira xornada interviñeron tres poñentes: ANTONIO DORADO, Xefe de Área de Renovábeis do Instituto Enerxético de Galicia, coa relación “Posibilidades de utilización das fontes enerxéticas renovábeis no medio rural. Axudas”.

TOM KUCHARZ, Xornalista e investigador social, membro de Ecoloxistas en Acción, que nos falou sobre “Xeopolítica, crise enerxética e agrocombustibeis. Para loitar contra o Cambio Climático necesitamos Decrecemento Económico”.
E por último, ALEJANDRO ARIZKUN CELA, Profesor titular no Departamento de Economía da Universidade Pública de Navarra, co tema “Os límites da substitución de fontes enerxéticas para a sostenibilidade: os agrocombustibeis”.
Tres interesantes relacións, tralas que se iniciou un coloquio.
O próximo día 25 de abril celebrarase a derradeira xornada de “Agrocombustibeis a debate”, que poñerá fin a este ciclo organizado por ADEGA, SGHN, VERDEGAIA e a Cooperativa de consumo responsable XOANIÑA e patrocinado polas Consellerías de Medio Rural e Innovación de Industria da Xunta de Galicia e pola Concellería de Medio Ambiente del Concello de Ferrol.



Etiquetas:

12.4.08

Xordanas “AGROCOMBUSTIBEIS A DEBATE” – 11 abril 2008


Nesta segunda xornada, celebrada no “Ateneo Ferrolán”, interviñeron LIDIA SENRA RODRÍGUEZ, do Sindicato Labrego Galego, Vía Campesiña, labrega, ecoloxista e feminista, coa relación: “Os cultivos agroenerxéticos e a súa relación coa soberanía e a seguridade alimentarias” e LUIS COSTAL ANDRADE, Enxeñeiro agrónomo e Técnico da Dirección Xeral de Investigación agroforestal, que falou sobre “O papel da agricultura galega na producción de biocarburantes”.

A terceira Xornada celebrase o próximo venres, 18 de abril no Vicerreitorado do Campus de Esteiro.


Etiquetas:

5.4.08

Xornadas “AGROCOMBUSTIBEIS A DEBATE” - 4 Abril 2008



Nesta primeira xornada participou o Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Sevilla, Miguel García Guerrero, coa relación “As microalgas como fonte alternativa de biocombustibeis” e o Asesor do Ministerio de Medio Ambiente e director da revista “Wold Watch”, José Santamarta Flórez, coa relación “A insostenibilidade ambiental e social dos biocombustibeis”.
Dúas moi interesantes ponencias que fixeron desta inicial xornada un éxito.


Etiquetas: