Tartaruga mariña BASTEIRA (Caretta caretta) – navegando cara á liberdade.

O sábado, 15 de maio, a Tartaruga mariña común (Caretta caretta) BASTEIRA embarcou no porto de Celeiro, rumbo a augas preto do Banco de Galicia, onde vai ser liberada polos compañeiros da CEMMA, aproveitando a súa viaxe de investigación

Desexamos boa singradura na súa longa viaxe vital. Que supere tódolos perigos do océano, de predadores humanos e animais e que algún día poda saír do mar para realizar o ciclo natural da reproducción. Nos xa non podemos facer nada máis, agora lle toca a ela e a natureza. ¡Moita sorte!.

Etiquetas: UCI Tartarugas mariñas




0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Página principal