30.9.08

CEMMA na costeira do bonito. Un paso máis na investigación dos mamíferos mariños


Os buques “Irmáns García Nodal” e “Sebastián de Ocampo” do Servizo de Gardacostas dependente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, participaron na Costeira do Bonito co fin de prestar apoio técnico e sanitario aos 122 pesqueiros galegos que participan nesta campaña .
As embarcacións, por segundo ano consecutivo, levaron a bordo a un biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), José Antonio Martínez Cedeira, experto cetólogo, que desenvolveu labores de observador para obter documentación e datos sobre avistamento de cetáceos e mamíferos mariños, que vai permitir obter os primeiros censos de cetáceos nos caladoiros de bonito do Golfo de Biscaia e do Gran Sol.
A TVG dedica unha emisión de “Natureza” para tratar este tema, con imaxes cedidas pola CEMMA.
Neste enlace pódese ver o resultado:

http://www.agalega.info/videos/?emi=4247&corte=2008-09-25&hora=14:15:00&canle=tvg1

Etiquetas:

29.9.08

FOSILES DE CETÁCEOS – Dous exemplares doados para o “Museo da Natureza”


Nun curto intervalo de tempo recibiuse a doazón de dous fósiles de cetáceos recollidos a máis de cuarenta millas da costa, nun caladoiro de pesca, para o “Museo da Natureza”.

Aínda sen identificar, nun futuro procederase ó seu estudio para determinar, se é posible, a especie de que se trata.
------

Etiquetas: ,

15.9.08

DISPOSICIÓNS LEGAIS: Novidades lexislativas de Xullo e Agosto 2008

Real Decreto 1432/2008, de 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2008/14914&txtlen=1000


Lei 7/2008, de 7 de jullo, de protección da paisaxe de Galicia

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2008/14097&txtlen=1000

Etiquetas:

PUBLICADO EN … Castilla y León y la conservación de sus osos (Diariodeleon.es)


Diariodeleon.es
15 de septiembre de 2008


Roberto Hartasánchez é o presidente do Fondo para a Protección dos Animais Salvaxes (FAPAS), asociación que traballa desde 1985 na conservación do Oso Pardo.

"Y DIGO SUS OSOS a tenor de lo que de vez en cuando se declara desde la Consejería de Medio Ambiente de la Junta de Castilla y León, refiriéndose a que ya tenemos más de cien osos gracias al esfuerzo de protección que se hace con esta especie. A nadie se le escapa que la distribución de los osos en la Cordillera Cantábrica se distribuye por varios territorios autónomos, uno de ellos Castilla y León, pero también y fundamentalmente en Asturias donde se encuentra el grueso de la población osera y donde desde hace ya veinticinco años, se desarrollan importantes actuaciones de conservación que han hecho de esta especie un símbolo para la sociedad asturiana.

Pero esto de que desde la consejería se crea que los osos están salvados gracias a sus esfuerzos no es cuestión baladí, ya que como estamos viendo, la presencia de restos de osos, de osos muertos por veneno, de osos muertos a tiros, y ahora, la de otro oso que arrastra un cable de acero entre sus patas heridas, se produce también en los territorios que esta Consejería de Medio Ambiente gestiona. Todo ello debería hacernos reflexionar sobre la verdadera situación de los osos en esta comunidad autónoma.

En Asturias se localiza posiblemente el ochenta por ciento de la población osera del grupo occidental, cohabitando de manera muy intensa con el ser humano con el que comparte el territorio, sin que ello nos esté continuamente sobresaltando con la presencia de osos muertos o en fase de llegar a estarlo de manera inminente. En cambio, en Castilla y León con una menor población osera, existe un continuo avatar por la supervivencia de esta especie, donde la administración reivindica su conservación más bien con la boca pequeña, por no decir que lo hace con ella cerrada, y donde la realidad que es más terca que los políticos, nos sitúa ante la evidencia de los continuos osos que aparecen en caminos y prados, muertos por los disparos de los furtivos o por el bocado envenenado, colocado por una mano criminal.

Es evidente que en Castilla y León el oso no goza de la popularidad que tiene en otros territorios, una popularidad y cariño que se convierte en garantía de conservación. Todos estos osos muertos son víctimas de una acción delictiva, pero todos sabemos que la aceptación social del oso en las montañas radica especialmente en conseguir que desaparezca el secular enfrentamiento que hay entre el animal salvaje y el hombre, por lo que no es de recibo que la Junta de Castilla y León tarde de dos a tres años en pagar las indemnizaciones a las personas afectadas por daños de fauna salvaje, más cuando en otras comunidades con las cuales se presupone existe una estrategia de colaboración, como es el caso e Asturias, este periodo de tiempo se reduce a apenas una treintena de días.

A estas alturas de la historia de la conservación de los osos, con miles de millones de pesetas invertidos durante años en las más variopintas actividades y con millones de euros gastados más recientemente, no es justificable que la Junta de Castilla y León no disponga de unos miles de euros para pagar de manera eficaz y rápida las indemnizaciones que deben de recibir aquellas personas que sufren los daños de los osos. La única justificación posible de entender es que el oso a la Junta de Castilla y León le molesta. Son muchos los que creen que esta especie frena el desarrollo económico de las montañas, implicando con su presencia la anulación de fantasiosos proyectos especuladores. Por ello, qué mejor estrategia que apoyar exclusivamente todo aquello que rodea al oso ofreciendo una imagen pública de gestión eficaz, pero dejando sin solucionar la principal causa que evitaría su muerte; el enfrentamiento con el hombre."
ROBERTO HARTASÁNCHEZ
---------

Etiquetas: ,

11.9.08

A morte sobre a area galega – Un caldeirón, un sono (Setembro 2008)

Chegou vivo coa mínima forza para arribar á praia salvaxe e escondida, rozar a fina pel contra os grans e morrer. Máis de cinco metros dun animal morto sobre a area. Os cetáceos volven á terra da que proceden cando xa non teñen forzas para seguir na mar.
Tivemos que percorrer a pe un longo traxecto ata chegar ata o seu corpo e o atopamos así, como se ve na foto, aparentando durmido baixo o sol nun sono imposible para un mamífero mariño. Sen feridas, sen danos aparentes, canso de vivir soamente.
Deunos magoa abrir co bordo do coitelo o corpo íntegro e perfecto para obter as mostras que se requiren no noso traballo, romper a fina e suave pel que resistiu tantos embates e quizais tantos inimigos. O corpo daquel animal, tan grande, tan forte e maxestoso, non debera corromperse nunca, permanecer deste xeito sobre a area inmaculada, como un monumento á vida.
Houbemos de penetrar nas súas vísceras enchendo coa súa sangue as mans, para que algún día se coñezan os motivos polos que morren os caldeiróns, alí na soidade da praia escondida que o animal ou as correntes elixiron. Desmembrar o seu corpo inmenso que nos fixo sentir máis pequenos se cabe.
Xunto a el, cumprindo un traballo necesario aínda que desagradable, do que a SGHN ten a honra de ser pioneira e que segue a cumprir coa sección de Mamíferos mariños que neste intre colabora coa coordinadora para estes estudios (CEMMA) que desde fai quince anos, leva a dirección actual para toda Galicia.
Houbo bos anos cheos de gloria, con xente entusiasta co proxecto e con ganas de traballar e aprender, dos que da boa conta o moito material con que conta o “Museo da Natureza”. Outras etapas tamén máis negras, que se tentan superar como se pode, nas que a soidade do caldeirón na praia é máis real que nunca.
Houbo un sono de caldeiróns, perdido na area branca, no que a forza e a ilusión duns poucos, as veces illados, fixo pensar que chegaba para crear cos colosos dos nosos mares, un gran museo en Galicia.
Pero o caldeirón non durmía, alí quedou roto a expensas da marea mentres nos camiñabamos, volvendo de cando en vez os ollos para contemplar a súa cada vez máis pequena figura.
------

Etiquetas: ,

10.9.08

“Museo da Natureza” – doazón de restos óseos históricos de cetáceos

A colección de restos óseos de mamíferos mariños con que conta o “Museo da Natureza” viuse incrementada pola doazón da colección histórica que realizaron Xosé Manuel Penas Patiño e Tucho Seaje nos primeiros tempos da SGHN. Estes fondos supoñen o primeiro esforzo polo estudio e coñecemento dos cetáceos na nosa Comunidade, do que se entende a extraordinaria importancia que teñen tanto para a Sociedade Galega de Historia Natural como para a CEMMA, que actualmente coordina os esforzos que se están a facer para o coñecemento destes animais.
Restos actualmente en estudio e clasificación, pero dos que xa se puido comprobar que existen dous especies novas de cifios, aínda sen determinar, que poderían supoñer un dato importante non só para a nosa colección, senón para a estadística científica galega en materia de mamíferos mariños.
Máis adiante aportaranse máis datos sobre esta importante doazón e sobre aqueles primeiros estudiosos, socios fundadores da SGHN, que deixaron para a historia do coñecemento e da defensa dos mamíferos mariños, una traxectoria de traballo fundamental para a súa efectiva continuidade.

------

Etiquetas: ,

2.9.08

Liberación da Tartaruga Mariña (Caretta caretta) VICENTE – (31-08-2008)

O Domingo, 31 de agosto, volveu ó mar a Tartaruga VICENTE, despois de vintedous días de estancia na UCI da SGHN-CEMMA.
O fixo nun día manso de tempo e acolledor de mar, escollido para que o gran animal volvera ó seu medio nas mellores condicións posibles.
A aventura do seu tropezo cunha rede de miños a recolleron no programa de TVG “Criaturas”, que vai relatar na nova tempada a recuperación deste animal nas instalacións da SGHN e a súa relación cos humanos neste período de tempo.





A VICENTE o levou a corrente ata a Ría de Ortigueira e saíu cara a liberdade desde o porto de Ferrol, nun barco chamado “Amarelle”, que o levou alí onde o Golfo Ártabro se divisa como un único accidente na costa.



Deixando atrás o porto exterior, atopámonos co releve de Prioriño Grande, que resalta sobre o mar como se fose outra tartaruga xigante que se mete na auga para despedirnos. Á outra banda, a Punta do Segaño, repleta de gaivotas e de corvos mariños.


A case once millas desde que abandonáramos o porto, volveu a tocar o mar VICENTE, afundíndose rapidamente nas augas.





Etiquetas:

1.9.08

Tríptico sobre o Arroaz GASPAR publicado pola CEMMA



A CEMMA editou un tríptico sobre o arroaz solitario GASPAR, detectado en Galicia por vez primeira en decembro de 2007, no que se informa das pautas de comportamento a seguir si se produce un encontro co animal.
No blog da CEMMA www.blogoteca.com/cemma pódese obter máis información sobre a problemática deste animal solitario e das normas de conducta a seguir, lembrando que “a relación entre os seres humanos e os golfiños solitarios é altamente perigosa para os animais”.
Non debemos esquecer que un arroaz é un animal salvaxe que precisa dos seus conxéneres, como nos necesitamos dos nosos. É un erro traducir o seu comportamento con parámetros humanos, como o é tamén facerlle pagar as nosas limitacións e fracasos. A mínima interacción é a mellor norma de conducta. Coincidindo coa aparición deste animal, existe desde principios de ano una lei que protexe ós cetáceos e que dun xeito claro determina como ten que ser o noso trato cos animais. Respectala, non porque sexa unha norma lexislativa, senón porque queremos evitalo mal para o animal, debera ser o noso propósito cando nos atopemos con GASPAR.
Un arroaz solitario non é un xoguete nin un pallaso alugado para divertirnos, senón un animal na procura do seu camiño. Deixémolo que o atope só sen poñerlle trabas humanas, para non ter que ler nunca máis artigos como o que segue:


"Publicado en: LA VOZ DE GALICIA (31-08-08)
Autor: Eduardo Rolland
La cabeza de Gaspar ya tiene precio. No la ha pedido Salomé en bandeja de plata, pero hay ya quien ha reclamado este trofeo y le ha puesto precio: 6.000 euros. Me lo ha contado Antonio, del bar Antonio, que tiene su zodiac de Antonio y sabe todo lo que se trama por la franja litoral, de Ríos a Bouzas. Un millón de pesetas, de las de antes, es lo que pagan a quien mate al delfín más popular de la ría de Vigo.
Desde La jauría humana , no se recuerda una salvajada como ésta. De alguna forma, mucha gente se ha confabulado para terminar con Gaspar, a quien consideran una amenaza terrible, una suerte de Leviatán que debe ser exterminado antes de que él mismo «asesine» a alguien.
A fuerza de publicar que tiene entrenamiento militar, y que es una especie de agente 007 huido de una base naval estadounidense, entre las gentes del mar de Vigo se ha extendido el bulo de que el bicho lleva hasta un microchip para espiarnos. Se desconoce qué informes pueda reportar Gaspar a la CIA, pero la teoría es más propia de la TIA.
Que yo sepa, en Vigo no guardamos ningún secreto de utilidad militar y, además, si el Pentágono quisiera investigarnos, le bastaría con apuntar a nosotros sus satélites, sin necesidad de mandar al primo de Flipper a espiarnos. A día de hoy, basta mirar al cielo y decir «33» para que salgas en todos los informes de inteligencia del planeta Tierra.
Pero hay quien sostiene teorías más elaboradas. Y la del agente Gaspar es una de ellas. De modo que han puesto precio a su cabeza, no solo porque pueda resultar molesto al individuo que tiene un yate con un motor de tropecientos caballos, sino porque, además, matarlo podría ser patriótico. Gaspar debe ser asesinado.
La ría no es espacio suficiente para un delfín y medio millón de humanos. Es evidente que el mamífero debe ser exterminado. Nos molesta. Salta. Quiere jugar. Es «demasiado cariñoso». Asusta a los niños. Ahuyenta a la pesca. Ya no se puede hacer windsurf en paz? Es evidente que hay que acabar con él. Hay que matarlo. ¡Ese asqueroso delfín! ¡Hasta cuándo seguirá riéndose en nuestras narices! ¡Si esos falsos ecologistas no diesen la matraca, ya tendría un buen arponazo en toda la cabeza! ¡Se lo merece! ¡Se lo ha buscado! ¡Acabemos con él!
Mientras tanto, Gaspar nada por la ría y juega con nosotros. Pero sus días están contados, porque ya tiene precio: 6.000 euros. ¿Lo haría usted? ¡Claro que no! Es mejor pagar a otros. Es mejor que alguien acabe con ese maldito monstruo. Hasta que consigamos lo que llevamos tanto tiempo buscando: Tener la ría para nosotros solos. Felices: Sin bichos asquerosos." Eduardo Rolland

Etiquetas: