30.9.07

SEMINARIO: “O Lobo Ibérico, biología e conservación”


Lamego, 13-14 outubro 2007




Etiquetas:

LUME entre golfiños - (30 setembro 2007)

Esta é a derradeira foto de LUME, un segundo antes de ser liberada. Detrás dela unha etapa de catividade obrigada e necesaria para o seu restablecemento, un contacto con humanos que debera esquecer. Por diante a mar, a súa nova e auténtica vida.
Acompañando o noso viaxe os golfiños, que xogan na proa a guiar o veleiro. Este é un recordo para LUME, aos oito días da súa liberación, pero tamén para os golfiños masacrados en moitos lugares do mundo e para aqueles que morren cada día atrapados nas redes. Velaí as fotos que algúns de nos lles fixemos desde o Nauja..





29.9.07

Contra a caza de paxaros con liga - Solicitude de adhesión

¿ QUEREMOS VER A NUESTROS PÁJAROS ASÍ ?
El gobierno catalán intenta legalizar la caza de pájaros con liga (cola) mediante un decreto. Este método cruel está específicamente prohibido por las leyes europeas porque además es masivo, no es selectivo y es imposible controlar adecuadamente.
En nombre de la “tradición” los cazadores usan reclamos eléctricos y centenares de miles de zorzales en migración desde el norte de Europa, y un 30% de pájaros de especies protegidas, son atraídos a los árboles embadurnados de liga, en “barracas” cerradas, y muertos en las comarcas catalanas del Ebro entre octubre y noviembre.
En el mismo proyecto de decreto el gobierno catalán quiere también legalizar una modalidad de caza con red nombrada “filat”, que consiste en atrapar pájaros sedientos atraídos por recipientes de agua, método también prohibido en España por no ser selectivo e imposible de controlar.
La protección de la naturaleza desarrolla en todas partes nuevas actitudes, pero nuestro gobierno “progresista y ecologista” mira hacia un pasado de caza de supervivencia que destruye especies protegidas.
Solicitamos tu firma para nuestra campaña contra esta legalización .
La biodiversidad es patrimonio de todos.
Para adherirse y firmar:

Etiquetas:

25.9.07

Tartaruga Mariña “LUME” - ¡DE NOVO EN RUTA! – (22 setembro 2007)

O sábado, desde o porto de O Grove, saímos cara ao oeste todo o que puidemos e nos deixou o mar de fondo. O océano recibiunos con fortes ondas que deixaron varias baixas entre uns navegantes novatos, maioritariamente da SGHN de Ferrol.
Todos aqueles que colaboraron na súa recuperación durante estes, exactamente 304 días, desde o 22 de novembro do ano pasado, no que LUME chegou ata a UCI da SGHN, estiveron presentes na solta do animal en mar aberto.
Xunto coa nosa LUME, embarcamos no NAUJA, o emblemático veleiro fretado pola CEMMA para devolverlle a liberade á tartaruga e habitualmente utilizado pola Coordinadora para efectuar estudios de avistamentos en alta mar. Xunto a nós, os compañeiros da CEMMA, a tripulación habituada xa a estas viaxes, diferentes ás que levan turistas polas rías do sur e algún que outro medio de prensa coma a TVG e TELE-5 que recolleron coas súas cámaras o acontecemento.
Saímos cun ceo algo cuberto que a medida que viaxabamos cara a corrente do golfo, íase abrindo para rematar espido de nubes. A presencia de golfiños foi unha constante durante toda a viaxe. Na proa, sucedíanse uns a outros, posando ante as cámaras de fotos e causando emoción en moitos dos compañeiros que non tiveran a ocasión antes de navegar acompañados de golfiños comúns.
Dos voluntarios saltaron ao mar para facerlle máis doada a LUME a volta a casa. Mediadores entre a catividade e o mar libre, nadaron con ela ata que desapareceu baixo as escuras augas. Unha experiencia única nunha profundidade de máis de 300 metros para despedir a un animal que recibiu tantos coidados mentres estivo con nós.
Na viaxe de volta, unha caixa valeira descansaba na cuberta. Ao mirala non podíamos deixar de pensar en tantos días cheos de preocupacións e nunha certa tristura pola súa ausencia. O certo é que lle dimos unha segunda oportunidade que desexamos aproveite, crecendo mentres viaxa polo océano para un día chegar a ser un fermoso exemplar.
¡Boa sorte, Lume!.








Etiquetas:

24.9.07

ARROAZ BOTO (Grampus griseus) – (21 setembro 2007)

Apareceu flotando no mar preto do Cabo Prior. Un exemplar de Arroaz Boto (Grampus griseus) de máis de tres metros de lonxitude. Foi levado ata A Coviña, refuxio natural para unha morea de barcas dos pescadores da zona, pola mesma persoa que nos deu aviso da súa presencia e que nos prestou a súa colaboración en todo momento, en compañía doutros usuarios habituais do Porto da Cova.
Ao tratarse dun animal recentemente morto, cun estado de conservación excelente, procedeuse ao operativo para obter tanto o seu esqueleto completo como os moldes do cadáver e as biometrías.
Membros da CEMMA desprazáronse desde Vigo para a necropsia e toma de mostras e por parte da SGHN, ademais da sección de Mamíferos Mariños, colaboraron compañeiros de Coruña, Sada e Ferrol.
O Museo da Natureza contaba xa cun exemplar subadulto desta especie, que ven a completarse con este animal adulto, do que poderemos amosar unha dermoplastia e o seu esqueleto.





Etiquetas: ,

23.9.07

Colaboración no dominical "NORDESIA" (Diario de Ferrol) - (23 septiembre 2007)

Artigo: “QUENLLAS”
Texto: Juan Ignacio da Silva
Fotos: Andrés Leal y Yosy

Etiquetas:

“A LIMPAR O MUNDO” – Mugardos (23 de setembro 2007)

O domingo, 23 de setembro, e dentro da campaña “Clean up the world”, a SGHN organizou xunto co Concello de Mugardos, unha limpeza dos fondos mariños do porto de Mugardos. Nela participaron vintedous mergulladores dos clubs “Club do Mar de Ferrol”, “Nautilus de Fene” e “Viveiro de Lugo”, ademais de dez participantes desde terra.
Se recolleron 500 quilos de refugallos do fondo do mar, liberándose peixes e cangrexos enmaiados nas redes.


Etiquetas:

19.9.07

Video "LUME, máis de nove meses de recuperación"

Etiquetas:

18.9.07

LUME – Máis de nove meses en recuperación – (setembro 2007)




Chegou á UCI de lobos mariños e tartarugas da SGHN o día 22 de novembro de 2006, cunhas profundas feridas nas aletas anteriores e na cabeza. Dende entón pasaron 298 días, nos que LUME tivo que sufrir curas diarias nos primeiros meses, que afortunadamente fóronse distanciando ata sucederse na recta final, dos veces á semana. O animal foi crecendo mentres tanto, de algo máis de dous quilos que pesaba cando chegou ata nós, pasou aos 6,8 que pesou este mes de setembro. Por elo foi cambiando a súa casa, desde o primeiro recipiente de 800 litros até o de 3.000 no que actualmente nada. Moitos coidados e preocupacións por sacar adiante a un animal que pertence a unha especie en situación delicada no mundo. A Tartaruga Mariña Común (Caretta caretta) sofre como ningún outro habitante do mar a depredación humana en forma de redes de pesca. Millares de tartarugas morren a causa das capturas accidentais ao que se une o delicado momento no que as femias saen as praias para deixar as súas postas de ovos, tanto para estas como para as crías na eclosión.
Son moitos os compañeiros que rodean a LUME para raspar as súas feridas e desinfectalas, cambiarlle a auga e quentala cando os días son fríos, comprar a comida máis axeitada e darlle o alimento cada día, preocuparse de que a luz sexa a adecuada a cada hora do día, pesala para comprobala súa evolución ou visitala sen máis. Nove meses, coa esperanza de que un día recuperara a liberdade e todos eles puidesen presencialo.
Ese día achégase. Temos xa data para que LUME volva ao mar. O próximo día 22 de setembro levaremos a nosa tartaruga ata O Grove, onde embarcará no “Nauja” que a levará ata a corrente do Golfo para que atope con facilidade a ruta das tartarugas e un día recupere as súas augas do Caribe.
Estas fotos son case as derradeiras en catividade, as seguintes van ser a bordo dun veleiro ou nadando no océano.

Etiquetas:

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol)

Artigo: "PARQUE NATURAL DE SOMIEDO (I)"
Texto e fotos: Yosy

Etiquetas:

16.9.07

Percorrido polo "MUSEO DA NATUREZA" - (Setembro 2007)

Etiquetas:

15.9.07

A SGHN de As Mariñas presenta o vídeo “AS BRAÑAS DE SADA” – (14 setembro 2007)


A SGHN de As Mariñas presentou o vídeo sobre “As Brañas de Sada – Un humidal a protexer” o venres 14 de setembro na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” de Sada, coa asistencia de máis de duascentas cincuenta persoas. Na presentación interviñeron Carlos Vales (director do CEIDA), Pablo Ramil (director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural – IBADER) e Juan Ignacio Díaz da Silva (coordinador do Museo da Natureza da SGHN).
Este vídeo, que foi subvencionado pola Deputación de A Coruña, tenta contribuír á defensa dun espacio catalogado no Inventario de Humidais de Galicia e destacar a importancia destes espacios como sustento da vida humana, polas funcións ecolóxicas e hidrolóxicas para a diversidade biolóxica.
As Brañas de Sada sofren unha presión urbanística que fai perigar a súa supervivencia. Nos derradeiros anos o humidal foi cercado e reducido ata convertelo en vertedoiro de lixo. A SGHN-As Mariñas con este vídeo tenta concienciar aos veciños de Sada da necesidade de protexer este ecosistema, dándolle aprecio aos seus valores e fomento das estratexias para a súa conservación.








Etiquetas:

10.9.07

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (10 setembro 2007)

Artigo: "LIMOEIRO"
Texto e fotos: Yosy


Etiquetas:

8.9.07

ALEGACIÓNS - Saneamento Zona Norte da Ría de Ares e Zona Sur da Ría de Ferrol – (7 setembro 2007)

Etiquetas:

7.9.07

NOVO MUSEO – Convenio entre a Consellería de Industria e a SGHN – (6 setembro 2007)


O xoves 6 de setembro, o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco Alvarez, desprazouse ata a sede da SGHN de Ferrol para firmar un convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Turismo) e a Sociedade Galega de Historia Natural, representada polo noso Presidente Serafín González, para a rehabilitación do edificio da “Casa do Coronel” como sede do novo “Museo da Natureza”. Asistiron ao acto, ademais dos asinantes, o Director Xeral de Turismo, Rubén Lois; o Delegado Provincial de Industria, Luis Barcia; o Delegado da SGHN en Ferrol, Paulino Gasalla; o Vicepresidente da SGHN, Antonio Rodríguez Martínez e o Coordinador do “Museo da Natureza”, Juan I. Díaz da Silva. Tralo acto da firma, realizouse un percorrido polos fondos expositivos e unha visita á actual inquilina da UCI de Lobos Mariños, LUME, a Tartaruga Mariña Común que xa leva nove meses recuperándose das graves feridas coas que foi atopada.
Creemos que con todo o visto quedou en evidencia a necesidade de contar cunha nova e digna sede, que acolla tanto o “Museo da natureza”, as instalacións de recuperación para Focas e Tartarugas e a sede da SGHN. Esperamos que este Convenio nos permita conseguir este fin, longo tempo desexado.





Etiquetas:

6.9.07

Un FLAMENCO (Phoenicopterus ruber) en Esmelle - (Setembro 2007)



Nestes primeiros días do mes de setembro un Flamenco (Phoenicopterus ruber) se pasea pola desembocadura do regato de Esmelle, na procura de comida e de descanso. Estes animais, especializados en obter alimento en augas superficiais, se atopan na Península nalgúns puntos de Málaga, Alicante e nas marismas do Guadalquivir, onde existe unha colonía de cría.
A ave que nos visita en Esmelle é polo tanto unha excepción e a súa presencia foi comunicada ao Centro de Recuperación de Fauna de Oleiros, que optou por non intervir, sempre e cando o animal non amose síntomas de enfermidade. Medio Ambiente da Xunta enviou gardas para un seguimento do animal e a SGHN colocou carteis informativos na zona que solicitan a colaboración dos visitantes para que non se aproximen ao animal, mantendo sempre unha distancia prudencial, medida imprescindible que permitirá ao Flamenco alimentarse e descansar, ata que retome a súa ruta.

--------

Etiquetas:

4.9.07

COUREL – (publicado en “Inverviu” (3-septiembre-2007)


Los otros ‘Prestige’ de Galicia
• Canteras que arañan los montes, basureros carentes de infraestructuras adecuadas y vertidos indiscriminados al mar son el pan de cada día en Galicia. Vecinos y asociaciones ecologistas reclaman soluciones a una situación que ellos consideran heredada de los tiempos de Fraga.
En 2002 fue el Prestige; el verano pasado, los incendios. Podría parecer que el cupo de desgracias sobre Galicia ya estaba cubierto. Pero no es así. La comunidad autónoma se consume bajo decenas de atentados medioambientales que no ocupan la portada de los periódicos. Algunos de sus espacios más ricos en biodiversidad, como la sierra del Courel y la ría de Vigo, sufren cada día graves agresiones sin que las autoridades pongan remedio. La sierra del Courel es el territorio de mayor biodiversidad de Galicia, excepción hecha del mar. El hecho de que parte de su extensión sea espacio natural protegido no parece bastar para salvaguardarla. Escombreras y vertederos, así como el bocado diario que le dan al monte decenas de canteras, hacen peligrar este paraje único. En el corazón del Courel y desde hace más de 20 años hay un agujero de un kilómetro de largo y medio de ancho: es la cantera de A Campa, recién legalizada por la Xunta de Galicia y gestionada por la multinacional Cupa Group. La zona está incluida en la Red Natura –parajes protegidos por la Unión Europea– pero en 2004 este trozo de terreno se excluyó de tal consideración. Ahora la empresa quiere abrir dos canteras más. Orlando Álvarez, vicepresidente de SOS Courel y miembro de Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), advierte de los riesgos que implica el yacimiento. Su escombrera de pizarra desemboca en el riachuelo Redomás y sepulta su caudal. “El espesor de los escombros sobrepasa los cien metros. Además, las aguas residuales de la fábrica están alterando la vida en el río” , asegura Álvarez. Desde otro lado, el talud de la cantera hace peligrar la carretera entre Santa Eufemia y O Folgoso. Ramón Rodríguez, vecino de la zona, señala la grieta que lo atraviesa y advierte del riesgo de derrumbamiento de la pista: “La carretera original pasaba por lo que hoy es el vacío” . Por su parte, José López Fontal, alcalde del Concello do Folgoso, alega que están regularizando la situación. “Lo siguiente es darle la licencia de apertura” , afirma. Causa perplejidad, pero insiste: “Sí, la licencia va después de que se esté trabajando” . Sobre el riesgo de desprendimiento sostiene: “No puedo adivinar si una montaña se va a desprender. ¿A qué llaman riesgo evidente? ”. El edil tiene la certeza de que los técnicos no dejarán allí una trampa. Un basurero oficialmente ilegal El vertedero de Castro de Megoxe, perteneciente al Concello de Folgoso do Courel, se asienta sobre unas ruinas prerromanas. En él se hacinan miles de toneladas de residuos de los municipios colindantes y desemboca en el antiguo cauce del río Lor, hoy monumento geológico cuyo caudal abastece a varias fuentes. El basurero carece de aislamiento contra infiltraciones, de sistemas de decantación de aguas y existe riesgo de desprendimientos. Además, emite gases de efecto invernadero y con las temperaturas que alcanza puede prender en cualquier momento. El alcalde asegura que el vertedero “se va a cerrar pronto” . Y después de quince años de pasividad, la Xunta anunció el pasado jueves que va a destinar más de 200.000 euros para la clausura del basurero.

Publicado en: http://www.interviu.es/

Etiquetas:

3.9.07

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (2-setembro-2007)

Artigo: "SOMOS POUCOS?"
Texto e debuxo: Yosy
Astronomía: "Efemérides de SETEMBRO"
Texto: Paulino Gasalla

Etiquetas:

2.9.07

ASTRONOMÍA en Mugardos - (1-septiembre-2007)


O sábado día 1 de setembro realizouse unha observación astronómica en Mugardos dentro do Convenio de colaboración co Concello. O acto congregou a unhas vinte persoas.
--------

Etiquetas:

1.9.07

NAUJA (video) - 31agosto 2007

Etiquetas:

NAUJA – Outra tartaruga en liberdade – (31 agosto 2007)




Desprazámonos ata O Grove para embarcar cos compañeiros da CEMMA no “Nauja”, nunha das habituais saídas para avistar cetáceos, nun esforzo que ven a realizar a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños para elaborar un mapa de avistamentos na costa galega.
A saída de dous días, incluía tamén a posta en liberdade dunha tartaruga mariña común de 35 centímetros, atopada por un mariñeiro de O Grove a principios do mes de febreiro e recuperada pola CEMMA. O animal, que foi liberado a unhas vinte millas e máis de 300 metros de profundidade, mergullouse en canto sentiu a auga ao seu redor e desapareceu rapidamente da nosa vista.
Na viaxe, cunha excelente visibilidade, avistamos golfiños comúns e arroaces, pero a estrela foi unha Balea Alibranca preto da Illa de Sálvora.

Etiquetas: