15.9.07

A SGHN de As Mariñas presenta o vídeo “AS BRAÑAS DE SADA” – (14 setembro 2007)


A SGHN de As Mariñas presentou o vídeo sobre “As Brañas de Sada – Un humidal a protexer” o venres 14 de setembro na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” de Sada, coa asistencia de máis de duascentas cincuenta persoas. Na presentación interviñeron Carlos Vales (director do CEIDA), Pablo Ramil (director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural – IBADER) e Juan Ignacio Díaz da Silva (coordinador do Museo da Natureza da SGHN).
Este vídeo, que foi subvencionado pola Deputación de A Coruña, tenta contribuír á defensa dun espacio catalogado no Inventario de Humidais de Galicia e destacar a importancia destes espacios como sustento da vida humana, polas funcións ecolóxicas e hidrolóxicas para a diversidade biolóxica.
As Brañas de Sada sofren unha presión urbanística que fai perigar a súa supervivencia. Nos derradeiros anos o humidal foi cercado e reducido ata convertelo en vertedoiro de lixo. A SGHN-As Mariñas con este vídeo tenta concienciar aos veciños de Sada da necesidade de protexer este ecosistema, dándolle aprecio aos seus valores e fomento das estratexias para a súa conservación.








Etiquetas: