6.9.07

Un FLAMENCO (Phoenicopterus ruber) en Esmelle - (Setembro 2007)



Nestes primeiros días do mes de setembro un Flamenco (Phoenicopterus ruber) se pasea pola desembocadura do regato de Esmelle, na procura de comida e de descanso. Estes animais, especializados en obter alimento en augas superficiais, se atopan na Península nalgúns puntos de Málaga, Alicante e nas marismas do Guadalquivir, onde existe unha colonía de cría.
A ave que nos visita en Esmelle é polo tanto unha excepción e a súa presencia foi comunicada ao Centro de Recuperación de Fauna de Oleiros, que optou por non intervir, sempre e cando o animal non amose síntomas de enfermidade. Medio Ambiente da Xunta enviou gardas para un seguimento do animal e a SGHN colocou carteis informativos na zona que solicitan a colaboración dos visitantes para que non se aproximen ao animal, mantendo sempre unha distancia prudencial, medida imprescindible que permitirá ao Flamenco alimentarse e descansar, ata que retome a súa ruta.

--------

Etiquetas: