1.9.07

NAUJA – Outra tartaruga en liberdade – (31 agosto 2007)




Desprazámonos ata O Grove para embarcar cos compañeiros da CEMMA no “Nauja”, nunha das habituais saídas para avistar cetáceos, nun esforzo que ven a realizar a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños para elaborar un mapa de avistamentos na costa galega.
A saída de dous días, incluía tamén a posta en liberdade dunha tartaruga mariña común de 35 centímetros, atopada por un mariñeiro de O Grove a principios do mes de febreiro e recuperada pola CEMMA. O animal, que foi liberado a unhas vinte millas e máis de 300 metros de profundidade, mergullouse en canto sentiu a auga ao seu redor e desapareceu rapidamente da nosa vista.
Na viaxe, cunha excelente visibilidade, avistamos golfiños comúns e arroaces, pero a estrela foi unha Balea Alibranca preto da Illa de Sálvora.

Etiquetas: