Dúas socias da SGHN, Sonia Aguiar e Laura Carquijero, participaron este verán no proxecto de protección da Tartaruga Mariña Común (Caretta carretta) nas illas de Cabo Verde, onde se atopa unha das máis importantes colonias de cría desta especie. Un campamento de traballo para o estudio da reproducción das Tartarugas, promovido polo Goberno de Cabo Verde, o das Illas Canarias, Universidade das Palmas e a EU.
SONIA e LAURA relatan as súas experiencias nas illas africanas nas páxinas do dominical do Diario de Ferrol, “NORDESÍA”.
-----
Etiquetas: Medioambiente e ecoloxía, UCI Tartarugas mariñas
<< Inicio