ASTRONOMÍA – Chuvia de estrelas das Perseidas – Esmelle (12 agosto 2007)
O Domingo 12 de agosto, realizouse a observación das “Bágoas de San Lorenzo”, organizada pola sección de Astronomía da SGHN. A cita foi na praia de Esmelle, ata onde se achegaron máis de duascentas persoas para contemplar sobre a area a chuvia de estrelas das Perseidas, visibles este ano dende o 23 de xullo ata o 22 de agosto. A noite do 12 ao 13 de agosto foi elixida para esta concentración de afeccionados á astronomía, por se-la rexistra unha maior cantidade de meteoros por hora, cun cálculo de 50 a 80.
Nun ceo despexado, puidéronse ver estes pequenos fragmentos, como un grao de arroz, restos de materia do cometo 109P/Swift-Tuttle, que pola atracción gravitatoria da terra entran en contacto coa nosa atmosfera.

Etiquetas: ASTRONOMÍA
<< Inicio