14.7.07

A terra de O COUREL – Unha esperanza para a súa preservación – (14 – xullo – 2007)


Na prensa de onte (La Voz de Galicia) recóllese a noticia de que o Consello da Xunta, en reunión de fecha 12 de xullo, tomou o acordo de frear a explotación de vinteseis xacementos mineiros situados en O Courel, terras que foron excluídas da Rede Natura 2000.
Esta decisión materializouse coa mina “La Ilusión”, aberta en Folgoso de Courel e autorizada nos seus inicios pola Delegación Provincial do Ministerio de Industria en 1974. Dita explotación contaba con informes desfavorables da Consellería de Medio Ambiente e da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
A Xunta manifesta a súa intención de revisar outras vintecinco explotacións concedidas neste espacio único, o que sen dúbida supón unha moi boa noticia se realmente se leva a cabo.

Etiquetas: ,