15.8.07

Carballeira de MENÁNCARO – Un final feliz – (Agosto 2007)


O Concello de Ferrol iniciou o venres, 3 de agosto e nun Pleno Extraordinario, o proceso de anulación do proxecto de urbanización da Carballeira de Menáncaro, aprobado polo anterior executivo e no que se pretendía construír un hotel e unha urbanización con máis de 60 chalés.
A Xunta de Galicia resolvera no mes de xullo requirir ao Concello para que nun prazo dun mes, anulase o acordo de aprobación definitiva do plan e se sometese á avaliación ambiental esixida pola lei.
A actual corporación pretende ademais revisar o Plan Xeral de Ordenación para dotar a Menáncaro de protección que impida calquera outro intento de urbanización.
Con esta anulación ponse fin a anos de mobilización dos veciños de Menáncaro e de grupos ecoloxistas que como a SGHN fixeron fronte ao proxecto de sectorización desta carballeira e ven a demostrar que as loitas contra os delictos e as decisións equivocadas, aínda que duras e minoritarias, as veces rematan felizmente. O noso desexo é que se espalle o exemplo.

-------

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio