7.9.07

NOVO MUSEO – Convenio entre a Consellería de Industria e a SGHN – (6 setembro 2007)


O xoves 6 de setembro, o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco Alvarez, desprazouse ata a sede da SGHN de Ferrol para firmar un convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Turismo) e a Sociedade Galega de Historia Natural, representada polo noso Presidente Serafín González, para a rehabilitación do edificio da “Casa do Coronel” como sede do novo “Museo da Natureza”. Asistiron ao acto, ademais dos asinantes, o Director Xeral de Turismo, Rubén Lois; o Delegado Provincial de Industria, Luis Barcia; o Delegado da SGHN en Ferrol, Paulino Gasalla; o Vicepresidente da SGHN, Antonio Rodríguez Martínez e o Coordinador do “Museo da Natureza”, Juan I. Díaz da Silva. Tralo acto da firma, realizouse un percorrido polos fondos expositivos e unha visita á actual inquilina da UCI de Lobos Mariños, LUME, a Tartaruga Mariña Común que xa leva nove meses recuperándose das graves feridas coas que foi atopada.
Creemos que con todo o visto quedou en evidencia a necesidade de contar cunha nova e digna sede, que acolla tanto o “Museo da natureza”, as instalacións de recuperación para Focas e Tartarugas e a sede da SGHN. Esperamos que este Convenio nos permita conseguir este fin, longo tempo desexado.





Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio