26.5.08

Colaboración no dominical "Nordesía" (Diario de Ferrol) - 25 Maio 2008

Artigo: "O HOME FAGOCITADOR"
Texto: Yosy

Etiquetas:

Entrevista a PAULINO GASALLA (Secretario Xeral da SGHN) - "Nordesía" 25-05-08


Etiquetas:

23.5.08

Publicado en: “Reabertas dilixencias pola morte de dous osos pardos” – (nortedecastilla.es)

O ano pasado saíu á luz pública a noticia da morte de dous osos pardos na Montaña Palentina, asunto xudicial arquivado con posterioridade, decisión que causou perplexidade naquelas persoas que seguimos con especial interese todo o que se relaciona co Oso Pardo.
Agora lemos na prensa (http://www.nortedecastilla.es/) que o Xulgado de Cervera de Pisuerga reabriu estas dilixencias para recadar novos datos de ámbalas dous mortes.
As dúas mortes refírense a animais pertencentes á poboación oriental, que se atopa na súa meirande parte na Montaña Palentina y en menor cantidade na zona Cántabra e Leonesa.
Un dos exemplares atopouse morto en agosto do ano pasado na zona de Polentinos e o asunto se arquivou con excesiva dilixencia, xa que os análises toxicolóxicos posteriores certificaron que o animal foi envelenado. A Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica presentou un recurso polo arquivo do asunto, que motivou que a Audiencia Provincial ordenase a reapertura da investigación para determina-las causas da morte do animal e por riba de todo o autor e autores dos feitos.
O segundo oso foi atopado morto en decembro de 2007, en Resoba. O informe veterinario determinou que o animal morreu por un traumatismo cranial que a xustiza considerou un “accidente”. Foron varias as asociacións ecoloxistas que solicitaron a reapertura do caso para aclarar o golpe que sufriu o oso na fronte.
Xa por aquel entonces, falábamos da estraña circunstancia de atopar un oso morto por causas digamos naturais. Un animal que, cando se sinte enfermo se interna na mestura da vexetación, as máis das veces inaccesible. O corpo morto dun Oso Pardo leva implícito na maiorías das ocasións unha violencia engadida por un depredador. A cuestión é ¿qué depredadores directos ten o Oso Pardo adulto?. Se contestades á pregunta, tedes a resposta.

--------------

Etiquetas: ,

22.5.08

CABALOS CON TRANCAS: Unha vez máis – (Baiñas – Vimianzo)

Seguen a producirse episodios de maltrato a os animais, en concreto a os cabalos, coa colocación de trabas nalgúns desafortunados exemplares.
Esta egua da foto foi atopada nos Montes de Baiñas (Vimianzo) a principios do mes de Maio. Un dos lugares onde máis casos se están a producir. Na secuencia pode apreciarse a dificultade coa que o animal se levanta do chan e as inútiles manobras que fai para desfacerse do trebello que lle resta liberdade.


Esta cita e as súas correspondentes fotos foron entregadas pola SGHN ao SEPRONA, co fin de colaborar na erradicación desta lamentable costume, repetida con demasiada frecuencia nalgúns montes galegos.




O Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil é o seu traballo para perseguir estas prácticas, xunto coas afortunadas iniciativas dalgún fiscal que debera copiar na súa totalidade o Poder Xudicial, son as únicas vías para rematar con esta vil costume.


Quen presenciou nalgunha ocasión a imaxe dun cabalo impedido pola traba de madeira, entende a impotencia que se pode sentir ante a imposibilidade de liberalo da súa atadura e coñece tamén desa mirada temerosa dun animal áxil como o cabalo, limitado na súa liberdade.

Nós propoñeríamos unha campaña de liberación de trabas nos cuadrúpedes e posterior colocación das mesmas nas pernas dos bípedes que as colocaron, pero como eso é inviable, pedímosvos que denunciedes ás autoridades canto cabalo impedido vexades e que o fagades con ganas e sen medo, sabedores que estades contribuíndo a loitar contra un delicto desprezable, como todo aquel que dana a un inocente.
---------

Etiquetas:

19.5.08

Colaboración no dominical "Nordesía" (Diario de Ferrol) - 19 Maio 2008

Artigo: "Navegando cara ao sur"
Texto e fotos: Yosy

Etiquetas:

18.5.08

IBERO 2008 - Travesía Vigo-Rota (VÍDEO)

Etiquetas:

15.5.08

CALDEIRÓN COMUN (Globicephala melas) – A vergonza das Feroe


No “Diario Oficial das Comunidades Europeas” de fecha 4 de decembro de 2001, HILTRUD BREYER (Verts/Alemania), fai unha pregunta escrita á Comisión, que ten como asunto: “Pesca de baleas nas Illas Feroe”:


“Tendo en conta que desde fai tempo a sanguenta tradición de pesca de caldeiróns nas Illas Feroe é obxecto dunha grande indignación pública, rogo á Comisión que responda ás seguintes preguntas:

1 - Como establece o artigo 1 da Lei alemana de protección de animais, non está permitido causar danos a ningún animal sen razón lóxica para facelo. No caso da pesca de baleas nas Illas Feroe sométese a grupos enteiros de golfiños atlánticos-caldeiróns a unha agonía bestial. Mátase incluso a baleas preñadas e crías. ¿En que medida se corresponde isto cos ideais europeos sobre a protección dos animais?.




2 - ¿É lexítimo que Dinamarca remita á propia responsabilidade das Illas Feroe, respecto dos asuntos internos (interese cultural) cando se trata do sacrificio masivo de familias enteiras de caldeiróns, sendo así que apoia ás illas do Atlántico Norte con unha axuda económica de preto de 140 millóns de euros anuais provenientes dos fondos públicos?.



3 - Segundo as enquisas, os daneses están en contra da matanza de baleas nas Illas Feroe. Asociacións internacionais da saúde advirten que non é bo o consumo da carne de caldeiróns por estar contaminada con metais pesados. ¿Cómo pode ser que non se haxan tido en conta todos estes datos?.
4 - ¿É certo que unha parte considerable da carne dos mamíferos mariños que se matan non se destina ao consumo, senón que remata nos vertedoiros de lixo?.


5 - ¿Qué razóns tiña Dinamarca para ser o único país europeo que na derradeira reunión da Comisión Baleeira Internacional opúxose á creación dunha zona protexida para as baleas entre Australia e Nova Zelanda, fortalecendo así ás nacións que apoian a caza de baleas, Noruega e Xapón?.



6 - Outros países de Europa que anteriormente cazaban baleas, como Portugal, España e Gran Bretaña, fai moito tempo que renunciaron as súas tradicións relativas á captura de baleas, sen sufrir por elo ningunha perda cultural. ¿Comparte a Comisión Europea a opinión de que as Illas Feroe terían que actuar do mesmo xeito?.



Resposta da Sra. Wallström en nome da Comisión:

“Os cetáceos están estrictamente protexidos pola directiva sobre hábitats, que obriga a os Estados membros a adoitar medidas para garantirlles un estado de conservación favorable. No obstante, o Tratado CE non é de aplicación nas Illas Feroe e, polo tanto, tampouco son aplicables en ditas illas as disposicións baseadas no Tratado CE, cuxa finalidade é a protección da natureza.
A Comunidade non apoia ningún tipo de pesca de cetáceos nin de comercio dos productos obtidos a través destas actividades. A Comisión non dispón de datos específicos sobre a presencia de substancias contaminantes na carne destes animais nin de datos sobre o destino final de dita carne.
A Comisión avoga desde fai moito tempo pola prohibición definitiva da pesca comercial de baleas, pero a diferencia de opinións entre los Estados membros impediu á Comunidade adoitar unha posición común sobre a súa pertenza á Comisión Baleeira Internacional.
En canto ás demais cuestións, e en particular ás preguntas 2 e 5 da súa Señoría, corresponde ás autoridades danesas e non á Comisión respondelas.”



A Comisión segue ao día de hoxe sen atopar a maneira de poñer fin a este e outros delictos contra a vida nunha suposta Europa moderna e civilizada e esta falla de resolución nos imposibilita para ser mediadores e xulgadores doutros pobos que consideramos “o terceiro mundo”.
----------

Etiquetas: ,

13.5.08

ALEGACIÓNS - Actuacións nas Fragas do Eume



Etiquetas:

12.5.08

Rastros de fauna en “As Corcerizas” – (10 Maio 2008)




Segundo fin de semana ambiental en “As Corcerizas”, dentro do ciclo “Camiñando ao son das montañas”, que ten como enclave a Serra de San Mamede, en Ourense, organizado por “Amigos da Terra” e que inclúe unha serie de actividades, entre as que se atopa un roteiro ambiental interpretativo de rastros e sinais de fauna no que colabora a SGHN.



Etiquetas: ,

Colaboración no dominical "NORDESIA" (Diario de Ferrol) - 11 de Maio de 2008

Artigo: "LAGARTO ARNAL"
Texto: Yosy
Fotos: Andrés Leal

Etiquetas:

6.5.08

Avistamento de cetáceos – Travesía no veleiro “IBERO” – (27 – 29 Abril 2008)







Incluída na campaña cetolóxica “A RUTA DO IBERO 2008” da Obra Social “La Caixa”, coa participación en Galicia da CEMMA (Coordinadora para o estudio dos Mamíferos Mariños), realizouse unha travesía de navegación continua, desde o Porto de Vigo ata o de Rota, na que participaron dos membros do grupo de traballo da CEMMA, socios tamén da SGHN e responsables na mesma da coordinación dos Mamíferos Mariños.
A travesía realizouse en tres días de navegación, na que non se realizou parada algunha e na que se realizaron avistamentos de mamíferos mariños.

Etiquetas:

4.5.08

Colaboración no dominical “Nordesía” (Diario de Ferrol) – (4 de Maio 2008)

Texto: "UNHA GRAN SENTENZA"
Texto, foto e debuxo: Yosy

Etiquetas: