22.5.08

CABALOS CON TRANCAS: Unha vez máis – (Baiñas – Vimianzo)

Seguen a producirse episodios de maltrato a os animais, en concreto a os cabalos, coa colocación de trabas nalgúns desafortunados exemplares.
Esta egua da foto foi atopada nos Montes de Baiñas (Vimianzo) a principios do mes de Maio. Un dos lugares onde máis casos se están a producir. Na secuencia pode apreciarse a dificultade coa que o animal se levanta do chan e as inútiles manobras que fai para desfacerse do trebello que lle resta liberdade.


Esta cita e as súas correspondentes fotos foron entregadas pola SGHN ao SEPRONA, co fin de colaborar na erradicación desta lamentable costume, repetida con demasiada frecuencia nalgúns montes galegos.




O Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil é o seu traballo para perseguir estas prácticas, xunto coas afortunadas iniciativas dalgún fiscal que debera copiar na súa totalidade o Poder Xudicial, son as únicas vías para rematar con esta vil costume.


Quen presenciou nalgunha ocasión a imaxe dun cabalo impedido pola traba de madeira, entende a impotencia que se pode sentir ante a imposibilidade de liberalo da súa atadura e coñece tamén desa mirada temerosa dun animal áxil como o cabalo, limitado na súa liberdade.

Nós propoñeríamos unha campaña de liberación de trabas nos cuadrúpedes e posterior colocación das mesmas nas pernas dos bípedes que as colocaron, pero como eso é inviable, pedímosvos que denunciedes ás autoridades canto cabalo impedido vexades e que o fagades con ganas e sen medo, sabedores que estades contribuíndo a loitar contra un delicto desprezable, como todo aquel que dana a un inocente.
---------

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio