28.6.06

A “Casa do Coronel” – (28/06/2006)


Paneis de escaiola están a ser colocados no que vai ser o espacio expositivo na “Casa do Coronel”.

Etiquetas:

26.6.06

Un estraño pasaxeiro, a "Quenlla boreal" (Somniosus microcephalus)


O mar non deixa de sorprendernos. De cando en vez aparecen nas nosas augas especies de peixes raros, cunha bioloxía escasamente coñecida e de distribución pouco estudiada. Neste caso foi unha “Quenlla Boreal”, ou “Tollo de Groenlandia” (Somniosus microcephalus) que nunca fora capturada nas nosas augas.
Esta quenlla foi enmallada accidentalmente o día 20 de xuño por un arrastre de parella, preto do noiro continental galego, en augas profundas. O barco “CORAL”, con base en Ribeira, descargou en Corme este estraño pasaxeiro de aspecto primitivo, chamou a atención polo seu gran tamaño, 3.30 metros, se trataba dun macho adulto aínda que esta especie pode rexistrar tamaños moi superiores, ata 6-7 metros.
O seu hábitat está entre os 200 e os 1.200 metros de profundidade. Trátase dun habitante das augas polares do Atlántico norte. Vive a unhas temperaturas entre 2 a 7 graos, é o único tabeirón que habita en augas polares. Esta especie alimentase de preas no leito mariño, con frecuencia se congregan numerosas quenllas o redor dunha balea morta. Tamén se sabe que está quenlla poden cazar toniñas e ata focas no Atlántico norte.
Os compañeiros da CEMMA (Coordinadora para o estudio dos Mamíferos Mariños) deron avisou á Sociedade Galega de Historia Natural para que se fixeran cargo do corpo e o trasladasen ao seu Museo da Natureza. A o espécime se lle practicou a necropsia in situ, e ao tratarse dunha quenlla pouco habitual se optou por facerlle unha dermoplastia, técnica que consiste na realización de moldes corpóreos que permitirán posteriormente unha reproducción a tamaño natural. Tentarase conservar o cranio e as súas características mandíbulas, así como un troco de pel. No Museo da Natureza existen xa expostas outras quenllas atopadas en Galicia, como a Quenlla Fociñuda (Tiburón Duende), Tabeirón Anguía (Tiburón Anguila), Marraxo (Tintorera) ou o Peixe Momo (Tiburón Peregrino).

Etiquetas: ,

25.6.06

Un RORCUAL COMÚN (Balaenoptera physalus) de 18 metros (IV) – (25/06/2006)





Pasados dous anos, o día escollido foi o 15 de xuño para sacar da terra os restos do gran animal. Xuntamos a máis de trinta socios e simpatizantes da SGHN, que se desprazaron non só dende Ferrol. Tamén de Santiago, Vigo, Ames e Lugo chegaron compañeiros para axudar na ardua labor de recuperar unha osamenta de gran peso e tamaño.
Un día gris e chuvioso, que non axudou na tarefa de cavala compacta terra. A procura de cada óso tiña que facerse con coidado, distinguindo cada peza entre os restos de graxa e procurando non perder algún elemento. O transporte o fixemos cós nosos medios, excepto o cranio e as mandíbulas, cun tamaño extraordinario e para o que precisamos dun camión que puidese no só cambialos de sitio, senón tan só movelos.
Todo o esqueleto foi levado á “Casa do Coronel” e deixado con coidado no patio interior. Neste punto da obra, do que esperemos que sexa o novo local da SGHN e a sede do seu “Museo da Natureza”, contábamos xa con auga, indispensable para a limpeza dos ósos, unha labor que nos vai ocupar durante case dous meses, aproveitando o verán.
O seguinte paso será o desengraxado de cada óso e a reparación das roturas que puidera sufrir durante os sucesivos transportes. O remate final dependerá do adiantado que se atopen as obras do edificio novo, xa que a montaxe do esqueleto deberá facerse no sitio definitivo no que se vai a expoñer.

Etiquetas: ,

Un RORCUAL COMÚN (Balaenoptera physalus) de 18 metros (FOTOS) – (25/06/2006)



Etiquetas: ,

Un RORCUAL COMÚN (Balaenoptera physalus) de 18 metros (III) – (25/06/2006






Mentres esperábamos o transporte dos ósos dende Ponteceso ata Ferrol, preparamos o terreo que recollería os restos dun animal extraordinariamente grande. O camión deixounos a súa cheirenta, aínda que preciada carga o día 3 de abril de 2004. Nese enterramento deixamos o esqueleto, nun longo descanso de case dous anos.

Etiquetas: ,

Un RORCUAL COMÚN (Balaenoptera physalus) de 18 metros (II) – (25/06/2006)




Os compañeiros da CEMMA iniciaron o traballo de despiece o día 26 de marzo de 2004 e nós a continuamos o día seguinte. Dous grupos de traballo de máis de dez persoas cada un, que fixeron un traballo a xornada completa, axudados nos dous días polos membros de Protección Civil e coa presencia e participación persoal do Concelleiro de Medio ambiente de Ponteceso.
A inestimable axuda de todos eles permitiu dispoñer de mano de obra e dalgunha maquinaria que foi preciso baixar a área cun helicoptero, dado o inaccesible da cala. Este servicio correu a cargo da Xunta de Galicia, que puxo dous unidades, tanto para movela maquinaria como para a retirada dos ósos e da graxa, que tivo que facerse en todo momento polo aire.

Etiquetas: ,

Un RORCUAL COMÚN (Balaenoptera physalus) de 18 metros (I) - (25/06/2006)




APARECEU SOBRE A AREA.
Este animal, unha femia, varou no mes de marzo de 2004 en Ponteceso, nunha pequena praia cun difícil acceso chamada “Niño do Corvo”. O día 20 dese mes nos desprazamos dende a SGHN, acudindo á chamada da CEMMA para evaluar as condicións do animal e do lugar no que se atopaba.

Etiquetas: ,

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (25 xuño 2006)

Etiquetas:

18.6.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (18 xuño 2006)

Etiquetas:

12.6.06

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Golfiño Común (Delphinus delphis)


GOLFIÑO COMÚN (Delphinus delphis)
Costa da Provincia de A Coruña

Etiquetas:

Mamíferos Mariños (VARAMENTOS) - Caldeirón común (Globicephala melas)


CALDEIRON COMUN (Globicephala melas)
Costa da provincia de A Coruña

Etiquetas:

11.6.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (11 xuño 2006)

Etiquetas:

9.6.06

CHARLA: “Kenia, a viaxe dun naturalista” – (9/06/2006)


O noso compañeiro e delegado da SGHN de Santiago, Agustín Alcalde Lorenzo, ofreceunos unha charla sobre as viaxes realizadas a Kenia e a visión que da terra africana e da súa fauna ten un naturalista.
Celebrouse no “Ateneo Ferrolán” o día 9 de xuño, coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.

Etiquetas:

4.6.06

Colaboración no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (4-Junio-2006)


Etiquetas: