31.1.08

Unha BALEA XIBARTE (Megaptera novaeangliae) enmallada no Golfo Ártabro – (29 xaneiro 2008)


Foi avistada o martes, 29 de xaneiro, polo pesqueiro “RENE II”, que deu o aviso a Salvamento Marítimo. O animal, unha BALEA XIBARTE (Megaptera novaeangliae) de entre 9 e 12 metros de lonxitude, resultara enmallada nunha liña de nasas para polbos, dentro do Golfo Ártabro, a unhas seis millas dende o Faro de Hércules.
Non é frecuente a presencia desta especie de cetáceo nas nosas augas. En Decembro do ano 1979 dérase unha situación similar na costa lucense, concretamente en Foz, cando unha balea duns once metros de lonxitude repetira unha situación similar á presente, con resultado da morte do animal que non puido resistir o lastre do aparello.
Lembrando aquela triste historia vivida na Sociedade Galega de Historia Natural con tristeza e impotencia, recibiuse este novo enmalle con preocupación.


O responsable de Mamíferos Mariños da SGHN, Juan Ignacio Díaz da Silva, do grupo de traballo da CEMMA desprazouse xunto con outro membro da Coordinadora do grupo de A Coruña, José Paradela, no barco da Garda Civil do Mar, que recolleu a ambos nos portos de orixe (Coruña e Ferrol) e os trasladou ata a zona onde se atopaba o animal.

O traballo tiña que facerse coa maior celeridade, coas dificultades que se poden supoñer polo tamaño do animal, a situación de debilidade polo tempo de enmalle e o gran peso da arte de pesca co inmobilizaba, ao que engadíase as poucas horas de luz que quedaban.

Eran as 19:25 horas, cando o mergullador da Garda Civil emerxeu tras cortar o derradeiro cabo das nasas que deixaba liberada por fin ao que pode ser o animal máis acrobático e cantareiro de entre todas as baleas. Que cando salta, saca o corpo case completamente fora da auga, deixando ver las grandes e brancas aletas pectorais, como se danzase.

Temos que significar a inestimable colaboración da Garda Civil do Mar, xa que sen a súa axuda non sería posible ter este final feliz.
Desexamos á nosa rara visitante unha boa viaxe na súa ruta migratoria e que non atope ningún outro atranco.

A Balea Xibarte, que quedou reducida a unha décima parte da súa poboación orixinal pola explotación baleeira, foi unha das primeiras baleas en recibir proteccións para impedir a súa extinción, proteccións que se manteñen na actualidade, sendo o enmalle en aparellos pesqueiros a causa máis frecuencia de morte, tendo como espada de Damocles, os repetidos intentos do goberno xaponés para recuperar as matanzas de esta especie.
Amosámosvos unhas cantas fotos da feliz aventura. Poucas, xa que a premura con que se fixo o rescate impediu obtener máis instantaneas do magnifíco animal e da acción.

Etiquetas:

Lobo Mariño Cincento "BOTES" - UCI da SGHN - (Xaneiro 2008)

Etiquetas:

28.1.08

Bota unha ollada ao que ai detrás de cada home – (Xaneiro 2008)

(Fotografía de www.matarpormatarnon)
Deixámosvos un enlace para que entredes nel e vexades a miseria que se pode agochar na imaxe aparentemente normal e habitual dalgunha xente que se cruza con nos pola rúa. Estes son os restos da pobreza (en máis dun sentido) que se viviu neste país durante moitos anos. ¡E non damos saído dela!. Aquí e acolá xorden como grans infectados os redutos da torpeza e do descoñecemento, que non vamos a falar de maldade, que xa sabemos que non existe. Fai falla moitos anos para educar a unha poboación, inculcarlle respecto e coñecemento non é labor dun día nin de vinte anos, senón de xeneracións, para que non teñamos que sentir vergoña por pertercer ao xénero humano que é capaz de dicir frases como esta sacada das moitas do enlace:


“..La caza es un derecho para todas las personas y casi un deber para los que nos llamamos cazadores. Por encima de si es o no sostenible, porque si todo fuese regido por la sostenibilidad económica como defienden los liberales, a los enfermos crónicos los socarraríamos por insostenibles”.
------

Etiquetas: ,

(UCI da SGHN) - DOUS LOBOS MARIÑOS MAIS no comezo do ano - (28 xaneiro 2008)

Nos últimos días apareceron dous Lobos Mariños Cincentos mortos, cunha diferenza de dous días e ambos na mesma zona. Trátase de animais de similares características que as focas que a CEMMA ten en tratamento, todos eles de poucos meses de vida e cun tamaño parecido. Nesta ocasión a UCI da SGHN tan só puido trasladarse para recoller o cadáver e trasladalo ás dependencias da Sociedade Galega de Historia natural, onde se lles fixo a biopsia e a recollida de mostras.
Descoñecemos se existe algún animal máis pola zona e na previsión de que isto sexa así permaneceremos atentos a calquera aviso.
-----

Etiquetas:

27.1.08

Colaboración no dominical "NORDESÍA" (Diario de Ferrol) - (27 xaneiro 2008)

Artigo: "A CONTEIRA"
Texto e foto: Paulino Gasalla
ASTRONOMIA: Ejemérides mes de Febreiro 2008
Texto: Paulino Gasalla

Etiquetas:

25.1.08

PUBLICADO EN – “VIEIROS: Lago de As Pontes” – (25 xaneiro 2008)

Na Revista VIEIROS, o colectivo ecoloxista ERVA fai unha consideración sobre o proxectado lago de As Pontes co título: “Ven o lago das Pontes como tapadeira dos vertidos da futura celulosa” no que se pregunta se o proxecto non responde á vontade do goberno de levar a papeleira para este concello.
Este é o enlace do artigo:

http://www.vieiros.com/nova/63846

Etiquetas:

¡NON Á MATANZA DE RAPOSOS EN GALICIA! - Nota de prensa (Xaneiro 2008)

Reproducimos a continuación o texto da nota de prensa (en castelán) en protesta contra a matanza de raposos que fan os cazadores, asinada polas seguintes organizacións ecoloxistas, tanto de Galicia como doutros lugares.

ORGANIZACIÓNS ASINANTES:
ADEGA, Amigos da Terra, ANADEL, Asociación Autónoma de Ayuda a los Animales,A.C.(Mexico), Coto do Frade, ECOLOGISTAS EXTREMADURA, EQUANIMAL, "ERES LO QUE HACES", Fundación Altarriba, CES Salnés), GAS (Grupo Axitación Social), Grupo Naturalista "HABITAT", "KOMCHÉN de los Pájaros"(Mexico), Libera, Matar por Matar NON, PACMA, SEO, Sociedade Ecoloxista Outeiro, SGHN, Verdegaia.

TEXTO:
El próximo domingo día 27 de enero en Portomarín (Lugo), varias organizaciones ecologistas, de Galicia y del resto de España, defensoras de los animales y contrarios a su utilización como objetos de diversión, realizarán un acto de protesta. Protesta contra el asesinato indiscriminado de zorros por parte de cientos de cazadores, travestidos en “deportistas”, para justificar subvenciones al deporte.

Ya nadie se cree los censos “inflados” para justificar cupos imposibles de zorros. Tampoco el falso argumento de que “hay que cazarlos”, cuando nunca hubo problema alguno con su número, ni siquiera cuando tenían alimento abundante ni estos “salvadores” se dedicaban a tan infame “deporte”. Menos aún la falsedad de unos supuestos daños que el zorro es incapaz de ocasionar.

Solo vemos el interés económico de los organizadores, la cobardía hipócrita de políticos sordos a la sociedad y las aficiones sangrientas, brutales y anacrónicas de los participantes.

Con la disculpa de la “riqueza” que mueve se celebrará el “V Copa España de caza de Zorro” y nuevamente las escopetas saldrán al campo a sembrarlo de muerte.

Nuevamente en Galicia, donde es gratis y donde la fauna y los ciudadanos son los que pagan y pocos los que se benefician.
Porque nadie tiene el derecho de utilizar lo que es patrimonio de todos para su interés particular.

Porque nadie, excepto ellos, lo condera ni caza, ni deporte, ni una forma "ecológica" de gestión de los bosques. Porque para hacer deporte no es necesario matar seres vivos.

Porque el zorro es de las últimas especies que aún consiguen sobrevivir, a veces comiendo solo basura, de forma silvestre en el monte, ya que las demás especies desaparecieron y solo se cazan animales mansos procedentes de granjas.
Porque nunca se han matado tantos zorros y se está provocando la inestabilidad de las colonias, la extensión de plagas y la proliferación de otros animales más dañinos para la fauna autóctona.

Porque pensamos que no hay excusas para el asesinato de animales inocentes, con argumentos reiteradamente rebatidos y despreciados por la opinión pública.
Porque queremos elevar nuestra voz en favor de quienes no pueden defenderse por si mismos.

Sabemos que no podremos evitar la muerte de muchos, pero de otros sí. Y sobre todo, porque deseamos que la sociedad sea cada vez más consciente y que llegue el momento en que la estos actos se contemplen como lo que realmente son: el asesinato cruel, interesado y sin sentido de inocentes, cuyos cuerpos van parar a la basura.
----

Etiquetas: ,

21.1.08

Axuda coa túa firma para conseguir unha “LEY NACIONAL DE PROTECCIÓN ANIMAL” – (Xaneiro 2008)

Imaxes de AMNISTÍA ANIMAL





Ante estas fotografías, a tristura nos enche o corpo de miseria negra. ¿Qué facemos cos nosos compañeiros de existencia?. ¿Qué facemos con nos mesmos?. Estas son as mesmas imaxes que nos chegan cada día nos medios de comunicación, ¡Qué máis ten que os infelices protagonistas sexan ou non racionais, teñan máis ou menos intelixencia!. A violencia das imaxes debuxa a precariedade da alma humana que precisa destruír para existir. Isto é o que o home fai sobre a terra.
Non podemos deter as guerras, nin as inxustizas que sofren tantas xentes e tantos seres vivos, pero si está na nosa man loitar contra a violencia que se exerce contra os máis humildes, os máis débiles e o podemos facer non pechando os ollos ante imaxes como estas e colaborando con “Amnistía animal” e a Federación de Asociacións Protectoras e de defensa animal que solicitan unha LEY NACIONAL DE PROTECCIÓN ANIMAL. Piden a nosa firma na dirección:


¡Firma, por ti e por eles!
------------------------

Etiquetas: ,

Lobo Mariño Cincento (Halichoerus grypus) "FENICIO" - Segunda fase de recuperación - (Xaneiro 2008)

Etiquetas:

Foca gris “FENICIO” (Halichoerus grypus) – Segunda fase de recuperación – (19 xaneiro 2008)

Este sábado, 19 de xaneiro, o Lobo mariño cincentoFENICIO” abandonou a UCI da Sociedade Galega de Historia Natural, despois de quince días de coidados e tratamento médico. Agora empeza unha nova etapa na súa recuperación, de aproximadamente un mes, no Acuario de O Grove, igualmente baixo a dirección da CEMMA. Neste novo espacio dispoñerá dunha piscina onde exercitar os músculos de cara a súa próxima posta en liberdade.


Etiquetas:

O LAGO DE AS PONTES, un proxecto que xera ilusión e polémica - Artigo publicado no dominical “Nordesía” (Diario de Ferrol) – (20 xaneiro 2008)


Etiquetas:

“O LAGO DE AS PONTES ...” - Páxina 2


Etiquetas:

“O LAGO DE AS PONTES...” - Páxina 3



Etiquetas:

Publicación no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (20 xaneiro 2008)

Etiquetas:

15.1.08

PUBLICACIÓN LEXISLATIVA (B.O.E.) - Novas medidas de protección para os cetáceos – (Xaneiro 2008)

Real Decreto 1727/2007 de 21 de decembro, polo que se establecen medidas de protección dos cetáceos.

http://www.boe.es/boe/dias/2008/01/12/pdfs/A02292-02296.pdf


Publicado no BOE núm. 11, sábado 12 de xaneiro de 2008.
Unha nova norma que regula as normas de conducta ao amparo da competencia estatal en materia de marina mercante e de lexislación básica sobre protección do medio ambiente, conforme ao establecido na Constitución e na Lei 42/2007 de 13 de decembro de Patrimonio Natural e de a Biodiversidade.
------

Etiquetas:

14.1.08

Lobo mariño cincento “BOTES” – En recuperación (13 xaneiro 2008)





A foca “BOTES” leva xa tres días na UCI e a pesar do gran estado de debilidade co que ingresou e a forte infección das súas feridas, nestes momentos comeza a evolucionar, grazas á atención veterinaria e o tratamento aplicado.
----

Etiquetas:

Lobo mariño cincento “FENICIO” – En recuperación (13 xaneiro 2008)


Etiquetas:

Publicación no dominical “NORDESÍA” (Diario de Ferrol) – (13 xaneiro 2008)

Etiquetas:

13.1.08

Outro LOBO MARIÑO CINCENTO (Halichoerus grypus). ¡E XA SON TRES no comezo do ano! – (12 xaneiro 2008)

Recibiuse o aviso da Policía Local de A Coruña, quen avistou á Foca nunha caliña preto da Torre de Hércules. As mesmas difíciles condicións da mar que nos outros dous animais, aínda que nesta ocasión a foca non parece presentar problemas de saúde serios, xa que ante a presencia humana volveu ao mar. De calquera xeito na UCI da SGHN e na CEMMA tomaranse precaucións durante os próximos días por si é preciso atender ao animal que xa recibiu o nome de HÉRCULES.
-----

Etiquetas:

12.1.08

“MUSEO DA NATUREZA” – Rolda de prensa da SGHN – (11 xaneiro 2008)

Pasaron xa moitos meses desde que o Concello de Ferrol comprometeuse a realizar as obras de acondicionamento do novo local para sede da nosa Entidade e do”Museo da Natureza”. Pero o certo é que xa estamos noutro ano, cun novo inverno enriba e a soedade do caserón da “Casa do Coronel”, o novo emprazamento, é máis que evidente. Ningún movemento de obras, nin siquera de materiais. Ningunha noticia tampouco sobre as intencións do grupo de goberno de inicia-las tan necesarias obras. Nesta rolda de prensa tentamos poñer en coñecemento esta indiferencia pola nosa existencia e o noso traballo, pese a aquel compromiso de “que non pasaríamos outro inverno no vello local”. O ano non pouido comezar de peor maneira, xa que no 31 de decembro e a causa dun cortocircuito, consecuencia sen dúbida das humidades que acompañan ás chuvias que tanto se fixeron esperar, nos quedamos sen unha das cámaras frigoríficas nas que gardamos parte do material expositivo acumulado en espera dun futuro mellor. Lamentablemente, gran parte do contido da cámara frigorífica perdeuse.
Este ano iniciose moi cedo a presenza de Lobos mariños. Neste intre temos dous animais en coidados intensivos e a ameaza doutro na costa de Coruña, animais que temos que coidar nas pésimas condicións de habitalidade nas que nos atopamos e que evidentemente non melloraron desde o ano pasado.
Esta é unha situación que non ten parangón en ningún outro lugar que non sexa a nosa cidade de Ferrol, que é incapaz de manter con dignidade o seu activo cultural.
-----

Etiquetas:

DOUS LOBIÑOS NA UCI – Aparece outra Foca gris “BOTES”(Halichoerus grypus) – (11 xaneiro 2008)






Onte recibimos o aviso da CEMMA da aparición dun Lobo Mariño Cincento (Halichoerus grypus) na praia dos Botes en Meirás (Concello de Valdoviño). Novamente contamos coa axuda de Protección Civil e, por suposto, dos comunicantes que deron alerta da presenza do animal.

Cun mar embravecido a cansada foca, un macho, saíu como puido das olas e se refuxiou nunha rampa preto da praia, lugar onde a recollemos. Presentaba diferentes feridas que teremos que valorar co exame veterinario. Polo momento, BOTES, descansa na UCI da SGHN.

-------------

Etiquetas:

6.1.08

Lobo Mariño Cincento (Halichoerus grypus) "FENICIO" - Evolución - (6 xaneiro 2008)


Etiquetas:

5.1.08

Publicación científica na “RBM&O” – Conclusións sobre a aparición de cranios fósiles de Hyperoodon sp. (Ismael Miján – SGHN Ferrol)

O noso compañeiro Ismael Miján, Secretario da Delegación de Ferrol da SGHN publicou o seu traballo de estudio cos cranios de Hyperoodon sp. que forman parte dos fondos do “Museo da Natureza” e con aqueles outros facilitados por particulares para este fin. Todos estes cranios foron sacados á superficie polas actividades pesqueiras de arrastre en caladoiros situados fronte ás costas galegas e foron chegando aos fondos museísticos por doazóns de particulares relacionados coa extracción pesqueira.

O traballo foi publicado na “Revista de Biologia Marina y Oceanografía” (http://www.revbiolmar.cl/), volume 42, número 3 do pasado ano 2007 e o acceso directo ao artigo é o seguinte:

http://www.revbiolmar.cl/resumenes/v423/423-253.pdf

Etiquetas:

4.1.08

O PRIMEIRO LOBIÑO DO ANO: "FENICIO" (Lobo Mariño Cincento) - 3 Xaneiro 2008




Este Lobo Mariño Cincento (Halychoerus grypus) apareceu no porto de Bares o pasado xoves, 3 de xaneiro. É un exemplar de pequeno tamaño, unha cría de poucos meses que chegou esgotado ata nosas costas e a que lle puxemos de nome "FENICIO". Ocupa desde onte a UCI de Lobos Mariños da SGHN, onde permanecerá durante a primeira fase da súa recuperación, que esperamos sexa breve para que poda recuperar a liberdade axiña.
-----

Etiquetas:

2.1.08

A CAZA NOS PARQUES NACIONALES – O LOBO EN MONFRAGÜE – (Xaneiro 2008)


O día 2 de marzo de 2007, Monfragüe foi declarado Parque Nacional, entrando así na rede de Parques nacionais, un sistema integrado para a protección e xestión do patrimonio natural do noso país. Foi na década de los setenta do século pasado, cando Monfragüe tivo as primeiras proteccións, coa declaración de Parque Natural co Real Decreto 1927/1979 de 4 de abril, á que se sumou o recoñecemento da UNESCO en xullo de 2003 como “Reserva da Biosfera” e o nomeamento de “Zona ZEPA” en Maio de 2004, que incluía Monfragüe e as Dehesas do entorno.
A declaración de Parque Nacional leva consigo o mandato executivo ás Administracións Públicas para que no prazo de tres anos, procedan á reordenación e supresión de determinados usos que son incompatibles coa figura de Parque Nacional, para cumprir os obxectivos do artigo 1) punto 2 b): “Asegurar a conservación e, no seu caso, a recuperación dos hábitats e as especies presentes no seu interior, así como a preservación da diversidade xenética”.
No seu réxime xurídico de protección, queda prohibido, entre outros, a caza e a pesca con fines comerciais ou deportivos.
Estamos a falar dunha terra que sufriu múltiples agresións no transcurrir da historia. Está moi recente aínda a explotación madereira que encheu de eucaliptos gran parte do que hoxe é espazo protexido. Con estas relativamente recentes proteccións o espacio natural empeza a recuperarse e non se entende a noticia que nos chega de que no Parque Nacional de Monfragüe e notros espacios naturales protegidos extremeños véñense celebrando Monterías.
Na páxina web http://www.firmasonline.com/ recóllense firmas contra este tipo de actividades tanto no Parque Nacional de Monfragüe como naqueles outros espacios de Extremadura, íntimamente relacionados con este. Nesta páxina podedes atopar ademáis información sobre este tema, que afecta non só á conservación e protección directa do lobo ibérico, senón á de todas as especies deste espacio privilexiado.
Lamentablemente as agresión ao medio natural sempre veñen do mesmo lado e polo mesmo vicio. Sabendoo, a pregunta é, por qué as autoridades ante unha declaración desta embergadura non contemplan como primeira medida a erradicación das actividades cinexéticas, que por outra banda sería o máis doado de facer.



Esta é a dirección para aportar firmas:
http://www.firmasonline.com/1Firmas/camp1.asp?C=971
------

Etiquetas: ,