Pasaron xa moitos meses desde que o Concello de Ferrol comprometeuse a realizar as obras de acondicionamento do novo local para sede da nosa Entidade e do
”Museo da Natureza”. Pero o certo é que xa estamos noutro ano, cun novo inverno enriba e a soedade do caserón da
“Casa do Coronel”, o novo emprazamento, é máis que evidente. Ningún movemento de obras, nin siquera de materiais. Ningunha noticia tampouco sobre as intencións do grupo de goberno de inicia-las tan necesarias obras. Nesta rolda de prensa tentamos poñer en coñecemento esta indiferencia pola nosa existencia e o noso traballo, pese a aquel compromiso de
“que non pasaríamos outro inverno no vello local”. O ano non pouido comezar de peor maneira, xa que no 31 de decembro e a causa dun cortocircuito, consecuencia sen dúbida das humidades que acompañan ás chuvias que tanto se fixeron esperar, nos quedamos sen unha das cámaras frigoríficas nas que gardamos parte do material expositivo acumulado en espera dun futuro mellor. Lamentablemente, gran parte do contido da cámara frigorífica perdeuse.
Este ano iniciose moi cedo a presenza de Lobos mariños. Neste intre temos dous animais en coidados intensivos e a ameaza doutro na costa de Coruña, animais que temos que coidar nas pésimas condicións de habitalidade nas que nos atopamos e que evidentemente non melloraron desde o ano pasado.
Esta é unha situación que non ten parangón en ningún outro lugar que non sexa a nosa cidade de Ferrol, que é incapaz de manter con dignidade o seu activo cultural.
-----
Etiquetas: Museo da Natureza
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio