3.5.10

NOVIDADE LEXISLATIVA - Plan ordeación do litoral - Extensión da suspensión cautelar




DOG – Luns 3 de maio de 2010
Núm. 82



ORDE de 30 de abril de 2010 pola que se acorda a extensión de efectos da suspensión cautelar previa á aprobación inicial do Plan de ordenación do litoral de Galicia.

ENLACE:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaContenido/12E96?OpenDocument

“Artigo único.- Estender os efectos da suspensión de novos desenvolvementos urbanísticos na zona litoral acordada pola Orde do 14 de maio de 2009 ata a data da aprobación inicial do Plan de ordenación do litoral.

Entrada en vigor: 3 de maio de 2010."
-----

Etiquetas:

30.3.09

NOVIDADE LEXISLATIVA: PORN Parque Natural da baixa Limia-Serra do Xurés


Decreto 64/2009 do 19 de febreiro – Plan de Ordenación dos recursos naturais do Parque Natural da baixa Limia-Serra do Xurés (PORN).

ENLACE:



PARQUE NATURAL:
O Decreto 29/1993 de 11 de febreiro declaraba Parque Natural á Baixa Limia-Serra do Xurés. Unha zona natural de 20.920 ha, repartidas entre os concellos de Entrimo, Lobios e Muiños e o seu plan reitor de uso e xestión aprobouse polo Decreto 155/1998 de 28 de maio.
REDE NATURA 2000:
Este espazo entra a formar parte da Rede Galega de Espazos Protexidos mediante Resolución da Dirección Xeral de Conservación da Natureza do 30 de abril de 2004.
O Decreto 72/2004 declara á Baixa Limia como zona de especial protección dos valores naturais cunha superficie de 33.920 hc.
LIC DA REXIÓN BIOXEOGRÁFICA ATLÁNTICA:
O 15 de xaneiro de 2008 publicouse no Diario Oficial de la Unión Europea a Decisión 2008/23/CE da Comisión, do 12 de novembro de 2007, pola que se adopta, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, unha primeira lista actualizada de lugares de importancia comunitaria (LIC) da rexión bioxeográfica atlántica (DOUE L 12, do 15 de xaneiro de 2008), entre os que se inclúe o LIC A Baixa Limia.
REDE MUNDIAL DE RESERVAS DA BIOSFERA:
A UNESCO conta cunha petición para que este espazo sexa incluído na Rede Mundial de Reservas da Biosfera que incluiría o parque portugués de Peneda do Gerês e a Baixa Limia-Serra do Xurés en Galicia, cunha superficie dunhas 260.000 ha.
NOVO PORN:
O ámbito de aplicación deste novo Plan de ordenación se estende ás 20.920 hectáreas e ás novas 8.842 hectáreas coas que nun futuro se pretende ampliar este espazo natural protexido.
O seu obxectivo principal é a conservación da biodiversidade a través do mantenemento dos procesos ecolóxicos esenciais, garantindo o mantemento das paisaxes, os medios ecolóxicos e os hábitats, así como a conexión das poboacións de fauna e flora silvestres.
---

Etiquetas:

5.3.09

TEXTO LEXISLATIVO - Plan Nacional Integrado de Residuos




Plan Nacional
Integrado
de Residuos

Período 2008-2015


BOE: 26 febreiro 2009 – Núm. 49
Resolución de 20 de xaneiro de 2009, da Secretaría de Estado de Cambio Climático, pola que se publica o ACORDO do Consello de Ministros polo que se aproba o PLAN NACIONAL INTEGRADO DE RESIDUOS para o período 2008-2015.

Enlace:
En cumprimento do artigo 5.1 da Lei 10/1998 de RESIDUOS, pon en marcha un novo Plan que identifique os obxectivos e impulse ás diferentes Administracións e axentes económicos involucrados na consolidación dunha xestión integradora dos principios rectores que rexen a política europea de residuos.

O PLAN NACIONAL INTEGRADO DE RESIDUOS (PNIR) inclúe os residuos domésticos e similares, os residuos con lexislación específica, os solos contaminados, ademais dalgúns residuos agrarios e industriais non perigosos que aínda que non dispoñen de regulación específica, son relevantes pola súa cuantía e a incidencia sobre o seu entorno. Este Plan inclúe ademais a Estratexia de Reducción de Verquidos de Residuos Biodegradables, que cumprindo cunha obriga legal, contribúe a alargar a vida dos vertedoiros, a diminuír o seu impacto sobre o entorno e de xeito especial á reducción do GEI.

Etiquetas:

26.1.09

NOVIDADE LEXISLATIVA: Plan de Xestión do Lobo en Galicia


Decreto 297/2008 de 30 de decemebro,

polo que se aproba o Plan de xestión do lobo en Galicia

http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/32BA?OpenDocument


DOG nº 13 – 20 xaneiro 2009
Vixencia indefinida.
As futuras modificacións levaranse a cabo mediante decreto.
Entrada en vigor: Ós 20 días seguintes da súa publicación. (9 de marzo)

No Decreto 284/2001 de 11 de outubro (Regulamento de caza de Galicia), incluíase ó lobo entre as especies que se poden cazar no territorio de Galicia, autorizando a a súa caza despois de constatar a existencia de danos.
Desta actuación di o novo Decreto que “se ben soluciona certos problemas, non acaba de satisfacer tódolos sectores implicados” e cita como carencias “ a necesidade de axustar os controis do lobo a una planificación que garanta a conservación desta especie, a necesidade de aclarar o concepto de danos recorrentes, fomento e posta en valor do interese turístico e económico que pode presentar esta especie contribuíndo ao aumento da tolerancia do mundo rural, implantación e fomento de métodos de prevención, concesión de axudas para paliar os danos producidos polo lobo, recuperación do patrimonio cultural asociado ó lobo, coñecemento da realidade do lobo por parte da poboación e fomento da investigación e o estudo sobre a especie”.

A continuación engade a nova norma que este plan “pretende poñer fin ás carencias sinaladas, dando cumprimento ás recomendacións do Comité Permanente do Consello de Berna respecto á necesidade de xestionar a especie de acordo cun plan de manexo”.

Remata a exposición previa ó texto lexislativo recordando que o Plan de xestión do lobo se encadra no marco normativo da Lei 9/2001 de conservación da natureza que no seu artigo 1 establece normas encamiñadas á protección, conservación, restauración e mellora dos recursos naturais e á adecuada xestión dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres.

Ofrecemos o enlace para acceder a unha norma lexislativa que tan só garantiza a protección do lobo nalgunhas areas de Galicia, pero non en todo o territorio e que aínda que no Capítulo II-punto 4 dí que a súa finalidade é garantir a viabilidade desta especie no noso territorio, no Capítulo IV-punto 10 engade que para a realización dos controis do lobo poderase contar coa colaboración das sociedades de caza.
Unha lei que alimenta e fomenta a caza máis que unha ferramenta de protección para o lobo.

Etiquetas:

NOVIDADE LEXISLATIVA: Protección de animais utilizados para experimentación


Decreto 296/2008 do 30 de decembro,


de protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, e polo que se crea o Rexistro dos centros de cría, de subministradores e usuarios e a Comisión Galega de Benestar dos Animais de Experimentación.

Este real decreto ten por finalidade asegurar a protección dos animais. En concreto, mediante a concesión a estes de coidados adecuados, o refinamento das técnicas para minimizar o seu malestar e dor e a redución do número de animais utilizados, empregando, na medida do posible, métodos alternativos.

Así mesmo, este real decreto no seu artigo 9.1º sinala que as persoas que leven a cabo procedementos ou tomen parte neles e as persoas que estean ao coidado de animais utilizados en procedementos, incluíndo as tarefas de supervisión, deberán ter a preparación e a formación adecuada, acreditada mediante a posesión dun título académico, que sexa considerado adecuado para estes efectos pola autoridade competente. Este persoal estará encadrado nunha das categorías profesionais descritas no anexo II.

Este decreto vén regular, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o funcionamento e requisitos que deberán observar os centros dedicados á cría, subministración e uso de animais de experimentación para lograr unha maior protección deles, reducindo o número de animais utilizados e supervisando que nos procedementos se lles someta a dor ou lesión mínimos e sacrificio indoloro, así como a procura e consecución de métodos alternativos.

Etiquetas:

17.12.08

Nova LEI de PESCA DE GALICIA (Lei 11/2008)

Lei 11/2008, do 3 de decembro
PESCA DE GALICIA
DOG 16 de decembro de 2008


Un texto legal co compromiso da mellora das condicións de vida e de traballo das persoas que practican esta actividade e mais a sustentabilidade da propia pesca, tanto á hora de regular os instrumentos cos que se quere dotar para introducir a cultura do seguro no sector pesqueiro coma cando se regula a inspección e o control que hai que exercer sobre os recursos pesqueiros ou cando se lles presta maior relevancia ás condicións sociolaborais e se fomenta a participación da muller na toma de decisións dentro das organizacións do sector pesqueiro.

Regulación das medidas da conservación e da xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros.

Establecemento como obxectivo a explotación sustentable dos recursos acuáticos vivos e da acuicultura no contexto dun desenvolvemento sustentable que teña en conta de maneira equilibrada os aspectos ambientais, económicos e sociais nun marco que debe recoller esta Lei de pesca.
Conservación dos recursos pesqueiros e ordenación e desenvolvemento da pesca en todas as fases, desde a captura ao procesamento e o comercio do peixe e dos produtos pesqueiros, as operacións pesqueiras, a acuicultura, a investigación pesqueira e a integración da pesca na ordenación das zonas costeiras.

Enlace para vela nova lei:


----

Etiquetas:

29.10.08

Protección dos cetáceos en CHILE – Nova Lei que crea unha zona libre de caza


O luns, 27 de Outubro 2008, publicouse no Diario Oficial dese país a Lei Nº 20. 293, que establece os espacios marítimos de soberanía e xurisdicción nacional como zona libre de caza de cetáceos.A iniciativa prohibe dar morte, cazar, capturar, acosar, ter, posuír, transportar, desembarcar, elaborar o realizar calquera proceso de transformación, así como a comercialización o almacenamento de calquera especie de cetáceo que habite o suque los espacios marítimos de soberanía e xurisdicción nacional.A zona libre de caza terá como obxectivos propender á protección e conservación das poboacións de cetáceos, a biodiversidade relacionada e os ecosistemas dos que dependen; e protexer espacios claves para o desenrolo dos seus ciclos de vida, implementando medidas adicionais de protección nos lugares de cría, apareamento, coidado parental, alimentación e rutas migratorias.Nesta zona tamén se deberá asegurar que as actividades en torno á observación de cetáceos se realice de xeito responsable, regulada e sostible; e a protección efectiva das diversas especies de cetáceos que habitan e circulan nos espacios marítimos de soberanía e xurisdicción nacional. Para elo se fomentará a creación de áreas mariñas costeiras protexidas, parques ou reservas.A iniciativa tamén establece que todas as naves pesqueiras contarán cun plan de continxencia en caso de colisión, dano o extracción accidental dun cetáceo.
Engádese ademais un novo paragrafo á Lei Xeneral de Pesca e Acuicultura, relativo á protección, rescate, rehabilitación, reinserción, observación e monitoreo de mamíferos, réptiles e aves hidrobiolóxicas.Nel se sinala que a Subsecretaría de Pesca establecerá o procedemento e características do rescate dos individuos dunha especie hidrobiolóxica que se atopen en ameaza evidente e inminente de morte ou dano físico, ou que estean incapacitados para sobrevivir no seu medio.Os exemplares que, sendo afectados por actividades causadas polo home, contaminación do seu medio ou factores ambientais adversos, haxan sido rescatados, o que haxan sido retidos, incautados, confiscados o decomisados por algunha autoridade fiscalizadora, deberán ser devoltos en forma inmediata ó medio natural.Se non puideran ser devoltos ó medio natural en condicións que non menoscaben a súa supervivencia natural, ou no caso que exista alta incertidume sobre si a súa incorporación ó medio prexudicara ás poboacións do sector no que van ser devoltos, os exemplares enviaranse en xeito inmediato a un centro de rehabilitación de especies hidrobiolóxicas.De non existir centros destas características na respectiva provincia, ou cos exemplares pertenzan a especies ou poboacións doutros lugares, os individuos poderán ser enviados a establecementos como zoolóxicos, centros de exhibición pública u outros, que teñan a infraestructura axeitada e persoal capacitado. Esta autorización outorgarase caso a caso, e só para que se rehabiliten e sexan devoltos a o seu medio ambiente nacional. Non poderán ser comercializados ou utilizados de xeito algún con fins comerciais.Tamén se regula a observación de mamíferos, réptiles e aves hidrobiolóxicas, consistente no achegamento voluntario a ditos exemplares en forma directa ou desde un medio de transporte aéreo, coa finalidade de propiciar un contacto visual no seu hábitat natural, con fines recreativos, de investigación ou educativos.Prohíbese a realización de calquera acto de acoso ou persecución que altere a conducta do animal ou que implique forzar o contacto físico, ocasionando maltrato, estres ou dano físico.Quen mate, cace ou capture un exemplar de calquera especie de cetáceos, será sancionado coa pena de presidio maior no seu grado mínimo ((5 anos e 1 día a 10 anos) e comiso, sen prexuízo das sancións administrativas.En tanto, quen teña, posúa, transporte, desembarque, elabore o efectúe calquera proceso de transformación, comercialice o almacene estas especies vivas ou mortas ou parte delas, será sancionado coa pena de comiso e presidio menor no seu grado medio (541 días a 3 anos), máis as sancións administrativas.Non obstante, non terá responsabilidade penal quen con fins de investigación e rehabilitación, manteña en cativerio, posúa ou transporte exemplares vivos, sempre que conte con un permiso temporal e específico outorgado pola Subsecretaría ou o Servizo Nacional de Pesca.Dom esmo xeito, non terá responsabilidade penal, o que teña, posúa ou transporte exemplares mortos, partes deles ou os seus derivados, sempre que conte con un permiso otourgado polo Servicio. Dita autorización só poderá otourgarse a institucións de educación recoñecidas polo Estado, museos e centros de investigación e conservación mariña.
------------------

Etiquetas:

23.10.08

NORMA LEXISLATIVA: Uso de perdigóns de chumbo en zonas húmidas


DOG núm. 201 de 16 de Outubro de 2008.


Resolución do 10 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se fai pública a listaxe de zonas húmidas de Galicia en que está prohibida a tenza e o uso de munición que conteña perdigóns de chumbo durante o exercicio da caza.

En aplicación do artigo 62.3º j) da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade que prohibe a tenza e o uso de munición que conteña chumbo durante o exercicio da caza e o tiro deportivo, cando estas actividades se exerzan en zonas húmidas incluídas na Lista de convenio relativo a zonas húmidas de omportancia internacional, na Rede Natura 2000 ou nas incluídas nun espazo natural protexido.
ENLACE:

Etiquetas:

15.9.08

DISPOSICIÓNS LEGAIS: Novidades lexislativas de Xullo e Agosto 2008

Real Decreto 1432/2008, de 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2008/14914&txtlen=1000


Lei 7/2008, de 7 de jullo, de protección da paisaxe de Galicia

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=2008/14097&txtlen=1000

Etiquetas:

6.8.08

LEXISLACIÓN para a protección dos CETÁCEOS – RD 1727/2007

A traducción do texto lexislativo ó galego e
a confección dos debuxos explicativos das zonas de protección foron realizadas
pola SGHN (Sociedade Galega de Historia natural).
O tríptico foi asinado finalmente, para a difusión desta Lei, por SGHN e CEMMA.

Etiquetas: ,

Páxina 2


Etiquetas: ,

Páxina 3


Etiquetas: ,

Páxina 4


Etiquetas: ,

Páxina 5


Etiquetas: ,

Páxina 6


Etiquetas: ,

1.7.08

DISPOSICIÓN LEGAL: Creación do Inventario de humidais de Galicia e réxime xurídico (DOG – 25 xuño 2008)


Publicado do DIARIO OFICIAL DE GALICIA núm. 122, de 25 de xuño de 2008


Decreto 127/2008 de 5 de xuño
Desenvolvemento do réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.

O Decreto no seu artigo 4º-capítulo II define o concepto de “humidal protexido” como:
“As extensións de marismas, pantanos, turbeiras ou superficies cubertas de auga, sexan estas de réxime natural ou artificial, permanentes ou temporais, estancadas ou correntes, doces, salobres ou salgadas, incluídas as extensións de auga mariña en que a profundidade en marea baixa non exceda dos seis metros, que á vez cumpran unha función de importancia internacional, nacional ou autonómica na conservación dos recursos naturais e que sexan declarados como tales.
Poderán comprender zonas ribeiregas, costeiras ou adxacentes, así como as illas ou extensións mariñas de profundidade superior aos seis metros en marea baixa cando estas se encontren dentro do humidal”.

No Capítulo II-Artigo 5º, danse os criterios para o nomeamento de humildal protexido:
a) Que constitúa unha paisaxe singular.
b) Que revista importancia para o mantemento de funcións ecolóxicas.
c) Que se trate dun exemplo raro ou único de humidal.
d) Que sustente poboacións de especies vexetais ou animais importantes para o mantemento da diversidade biolóxica
e) Que sustente nunha etapa crítica do seu ciclo biolóxico especies vexetais ou animais características ou lles ofreza refuxio.
f) Que sustente regularmente unha poboación importante de aves acuáticas invernantes.
g) Que posúa un xustificado interese paleambiental, histórico, cultural ou etnográfico.


Destacamos así mesmo dentro do capítulo II-Artigo 8º, as limitacións e prohibicións tanto para o humidal como para a súa zona periférica de protección:

a) Introducción de especies de flora e fauna non autóctonas.
b) As actividades que directa ou indirectamente poidan producir o desecamento ou a alteración hidrolóxica do humidal.
c) As actividades, verteduras sólidas e líquidas de calquera natureza que afecten de forma negativa á calidade das augas superficiais ou subterráneas que alimentan o humidal.
d) Modificación do réxime hidrolóxico e composición das augas, así como a alteración dos seus límites e medios ecolóxicos.
e) As modificacións da cubeta e das características morfolóxicas do humildal e o recheo do humidal.
f) As explotacións mineiras e extractivas (con excepción de dereitos otourgardos con anterioridade). Unha decisión esta última, errónea, a o noso xuízo.
g) A construcción de edificacións e outros usos residenciais.
h) A utilización de productos praguicidas, funxicidas ou fitocidas que poidan afectar o humidal.
i) As infraestructuras, en particular as viarias, portuarias, enerxéticas ou de telefonía, así como a ampliación das existentes.
j) A utilización de artefactos ou dispositivos que produzan contaminación acústica e incidan negativamente sobre a fauna.
k) As queimas de todo tipo de vexetación que resulten incompatibles coa conservación do humidal.
l) Calquera actividade deportiva ou recreativa non compatible co mantenemento das funcións ou valores polos que se declarou.
m) Calquera outra actividade non recollida anteriormente que poida prexudicar a conservación do humidal. (Punto importante).

No Capítulo III se crea o Inventario de Humidais de Galicia e no anexo I dáse unha lista dos humidais incluídos no inventario:

1) LAGOA E DUNA DE CORRUBEDO – 983,81 ha., Ribeira (A Coruña).

2) COMPLEXO INTERMAREAL “UMIA – OGROVE – A LANZADA – PUNTO CARREIRÓN E LAGOA BODEIRA”. – 2.600,58 ha., Cambados, Illa de Arousa, Meaño, O Grove e Sanxenxo (Pontevedra).

3) LAGOA E AREAL DE VALDOVIÑO – 485,23 ha., Valdoviño (A Coruña)

4) RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDO – 3.025,27 ha., Cariño e Ortigueira (A Coruña).

5) RIA DE RIBADEO – 613,76 ha., Ribadeo e Trabada (Lugo).


No Anexo II, inclúese unha táboa coa tipoloxía dos humidais.

Como comentario final , deixar constancia, de que segundo a nosa opinión, o número de humidais protexidos é insuficiente en relación a os moitos espacios que deberían ter esta protección na nosa Comunidade. Esperamos e desexamos que non sexa unha lista pechada.

Etiquetas:

9.6.08

DISPOSICIÓN LEGAL: Lei de Minaría (DOG de 6 de xuño 2008)

Lei 3/2008, do 23 de maio,
de ordenación da minaría en Galicia.

DOG – 6 de xuño de 2008-06-09


http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/2611E?OpenDocument


A minaría é un sector que presenta unha notoria incidencia sobre o medio ambiente e a ordenación do territorio, o cal fai precisa unha adecuada conciliación do desenvolvemento do sector mineiro coa protección dos bens xurídicos en xogo. Para esta finalidade é necesario dispoñer dun marco normativo coherente e actualizado que teña presente os cambios institucionais, tecnolóxicos e ambientais producidos na sociedade desde a aprobación da Constitución española e do Estatuto de autonomía.

Asemade, a lexislación ambiental aprobada con posterioridade á lexislación estatal de minas, en materia de residuos, control integrado da contaminación, impacto ambiental, avaliación ambiental estratéxica e outras, debe poñerse en relación coa normativa da minaría e conformar unha regulación integrada que permita un desenvolvemento sustentable das actividades extractivas.

Atención especial a o título V que orienta a acción da administración cara á innovación tecnolóxica que permita a mellora no aproveitamento dos recursos mineiros, a minimización dos residuos e das emisións e o pechamento dos ciclos produtivos. Para iso prevense actuacións en materia de investigación e formación, incentivos económicos e a declaración de concellos mineiros.
-----------

Etiquetas:

2.4.08

PLANIFICACION HIDROLÓXICA – Proxecto de Orden Ministerial

Proxecto de Orden Ministerial que aproba a Instrucción da Planificación Hidrolóxica.
Información pública do Borrador da Orden Ministerial.
Pódense enviar os comentarios ata o día 30 de abril de 2008 á seguinte dirección:
participacionplanifhidro@mma.es

Texto:

http://www.mma.es/portal/secciones/participacion_publica/acm/orden_planif_hid.htm

Etiquetas:

1.3.08

Plan de Ordenación de Parques Naturais e outros (ANCARES e CORRUBEDO) - Consultas da Avaliación Ambiental Estratéxica

Plan de Ordenación de Parques Naturais e outros (ANCARES e CORRUBEDO) - Consultas da Avaliación Ambiental Estratéxica

COMPLEXO HÚMIDO DE CORRUBEDO
Ordenación do territorio rural
Código: 0485/2008
Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Dada de inicio do período de consulta: 29/02/2008
Data de remate do período de consulta: 31/03/2008

http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=485


MARXES DO RIO SEIXEDO NO CONCELLO DE ARTEIXO
Planeamento urbanstico
Código: 0484/2008
Concello de Arteixo
Data de inicio do período de consulta: 29/02/2008
Data de remate do período de consulta: 10/03/2008

http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=484


PLAN DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS NATURAIS DO PARQUE NATURAL DOS ANCARES
Ordenación do Territorio rural
Código: 0479/2008
Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Data de Inicio do período de consulta: 29/02/2008
Data de remate do período de consulta: 31/03/2008

http://aae.medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=proxecto_aea.jsp?id=479

http://aae.medioambiente.xunta.es/VerArquivo.do?idd=1420

Etiquetas:

18.2.08

DISPOSICIÓN LEGAL: RD 35/2008 – Regulamento sobre Instlacións Nucleares e Radiactivas (BOE 18 febreiro 2008)

Real Decreto 35/2008 de 18 de xaneiro, polo que se modifica o Regulamento sobre Instalacións Nucleares e Radiactivas, aprobado por Real decreto 1836/1999 de 3 de decembro.
Fundamentado na Lei 25/1964 de enerxía nuclear, que no seu artigo 28 dispón a obriga de ser oídas as comunidades autónomas con competencia en materia de ordenación do territorio e medio ambiente. E na Lei 15/1980 de creación do Consello de Seguridade Nuclear, así como la súa reforma, a Lei 33/2007.

ENLACE:
BOE nº 42
Luns, 18 febreiro 2008

Etiquetas: