DISPOSICIÓN LEGAL: Lei de Minaría (DOG de 6 de xuño 2008)
Lei 3/2008, do 23 de maio,
de ordenación da minaría en Galicia.
DOG – 6 de xuño de 2008-06-09
http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/2611E?OpenDocument
A minaría é un sector que presenta unha notoria incidencia sobre o medio ambiente e a ordenación do territorio, o cal fai precisa unha adecuada conciliación do desenvolvemento do sector mineiro coa protección dos bens xurídicos en xogo. Para esta finalidade é necesario dispoñer dun marco normativo coherente e actualizado que teña presente os cambios institucionais, tecnolóxicos e ambientais producidos na sociedade desde a aprobación da Constitución española e do Estatuto de autonomía.
Asemade, a lexislación ambiental aprobada con posterioridade á lexislación estatal de minas, en materia de residuos, control integrado da contaminación, impacto ambiental, avaliación ambiental estratéxica e outras, debe poñerse en relación coa normativa da minaría e conformar unha regulación integrada que permita un desenvolvemento sustentable das actividades extractivas.
Atención especial a o título V que orienta a acción da administración cara á innovación tecnolóxica que permita a mellora no aproveitamento dos recursos mineiros, a minimización dos residuos e das emisións e o pechamento dos ciclos produtivos. Para iso prevense actuacións en materia de investigación e formación, incentivos económicos e a declaración de concellos mineiros.
-----------
Etiquetas: Texto lexislativo
0 comentarios:
Publicar un comentario
Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]
<< Inicio