4.6.08

Rastros de fauna na Serra de San Mamede - (24, 25 e 31 de maio - 1 de Xuño)

Os dous últimos fins de semana de Maio e dentro do ciclo “Camiñando ao son das montañas”, organizado por “Amigos da Terra”, celebráronse os derradeiros roteiros de achegamento á natureza que teñen como base o Centro de Educación Ambiental de “As Corcerizas”.
En cada un destes catro fins de semana, a xornada principal do sábado dedicouse á aproximación e coñecemento da Serra de San Mamede e en especial do “Bidueiral de Montederramo”, considerado como o mellor bosque autóctono con que conta Ourense, catalogado como de importancia comunitaria dentro da Red Natura 2000.
Este proxecto, no que participou a SGHN, aportando coñecemento da fauna que habita este ecosistema, estaba encamiñado a achegar a natureza a un maior número de persoas e por riba de todo, ensinarlles a convivir co medio e a respectalo.









Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Página principal