1.6.08

Protección de cetáceos: Chile un exemplo a seguir

Maio de 2008 pasará a historia porque neste mes unha nación, Chile e unha presidenta, Michelle Bachelet, anunciou a creación dun territorio libre da caza de cetáceos, un santuario de baleas en augas chilenas.
A Presidenta asegurou ademais que a súa nación repudiará a captura e morte de baleas con fins científicos na próxima reunión da Convención Baleeira Internacional.
A idea da creación deste Santuario concretouse a finais do pasado ano, por parte de máis de cen grupos ecoloxistas e organizacións de pescadores, contando co voto favorable da Armada de Chile e co 97 por cen da poboación deste pais.
Miramos agora para os nosos políticos, esperando que o exemplo cunda. E falamos especialmente de Galicia, cunha gran riqueza e variedade en especies de mamíferos mariños, ao longo da nosa extensa costa ou preto de augas galegas. Galicia ten moito que dicir e debe facelo, conducindo unha iniciativa similar á do pobo chileno, a quen felicitamos.
------

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio